Cubelles
Cubelles
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.715 h [1996]). Cultívanse principalmente cereais. As industrias máis destacadas son do ramo da construción e da produción de enerxía (centrais térmicas de Besós). O municipio comprende gran cantidade de urbanizacións, construídas a raíz do proceso de periurbanización barcelonés, polo que o seu incremento demográfico foi espectacular nas dúas últimas décadas do s XX, durante as que duplicou a súa poboación. No seu patrimonio cultural destaca o castelo de Cubelles e a igrexa parroquial de Santa Maria.