"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido galego Cova. Documéntase xa no s XI: “Ouorico de Covas” (doc ano 1060 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Martinus de Couas” (doc ano 1190 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, 1976, vol I, p 216). Este apelido adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Neira, en Santiago de Covas (Baralla). Trátase dunha ponte con tres arcos de medio punto de perpiaño e xisto. Pertenceu a un antigo camiño local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Covas, en Entrimo. Trátase dunha ponte do s XVIII dun van apuntado de perpiaño e cachotería. Pertenceu ao antigo camiño que unía as parroquias da Illa e Entrimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia de Santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecha areosa da foz do río Landro, situada no fondo da ría de Viveiro pola súa beira occidental, no litoral da parroquia de Covas (concello de Viveiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Viveiro. Construída no ano 1829, posúe planta de cruz latina. Destaca o retablo de estilo barroco do altar maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. De estilo barroco, construírona os mestres de obras Pedro de Rivas de Rebordelo (1768-1770) e Pedro Vidal (1773-1787). Consta dunha nave rematada en pináculos cara ao exterior. No seu interior destaca o retablo de estilo rococó, cun Cristo e cun relevo da coroación da Virxe. Na fachada principal cómpre salientar as imaxes da Asunción e do Apóstolo Santiago peregrino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baralla. De estilo románico, consta dunha nave de planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. A ábsida é semicircular, cunha cuberta abovedada; divídese en tres tramos por medio de semicolumnas con plintos decorados con cabezas antropomorfas. No seu exterior destaca o conxunto de canzorros con motivos xeométricos, zoomorfos e antropomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nos Blancos. De estilo barroco, construíuse en 1712. No seu interior destacan as imaxes de Santiago Apóstolo e da Virxe do Carme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jude ṭ de Romanía, situado na rexión de Transilvania e drenado polo río Olt (3.710 km2; 230.840 h [estim 1999]). A súa capital é Sfântu Gheorghe (66.896 h [1999]). Trátase dunha importante estación balnearia. As súas augas ferruxinosas utilízanse para as afeccións das vías respiratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda na rocha, estreita e fonda, causada por un glaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, no límite con Córdoba, drenado polo río Genil (1.516 h [1996]). A actividade económica máis destacable é a agricultura, sobre todo os cultivos de oliveiras, cereais e legumes. A principal actividade industrial é a elaboración de cerámica. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa parroquial de San Juan (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Genil, no límite con Córdoba (4.079 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de cereais e hortalizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado nos contrafortes setentrionais da Serranía de Ronda (2.038 h [1996]). A economía é principalmente agrícola e destacan, sobre todo, os cultivos de legumes e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de Baza, provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (2.314 h [1996]). Sitúase ao N da serra de Baza e ao S de serra de Cazorla. A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan as oliveiras, que proporcionan materia prima para unha pequena industria do aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. En 1964 entrou a formar parte da Unión de Artes Gráficas da Central Nacional Sindicalista (CNS). En 1976 foi o artífice da creación da Organización de Fabricantes de Pastas de Papel y Cartón. En 1977 participou na comisión xestora que fundou a Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), da que foi presidente en 1984, cargo no que foi confirmado en 1990, 1994 e 1998. En representación da patronal asinou o Acuerdo Económico y Social (AES) co primeiro goberno socialista. Foi vicepresidente de Sarrió Papelera de Leiza (1987) e presidente de Celulosa e Papel de Ferrol (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Bilbao (1982) e graduada en talla en madeira pola Escuela La Palma de Artes Plásticas de Madrid (1977). Foi profesora de debuxo e directora da Escola de Artes Plásticas e Deseño Ramón Falcón de Lugo (1983). A súa obra caracterízase polo emprego dunha variada gama cromática; cultivou as paisaxes e o retrato, e acusou a influencia de David Hockney. Entre as súas obras destacan Nenúfares (1999), Pedrito en 1998 (1998) ou Manu en 1996 (1996). Realizou traballos de restauración no Museo Nacional de Iconos de Torrejón de Ardoz (1976). Realizou exposicións nas principais cidades galegas e españolas, entre as que destaca Narracións da paisaxe (2000). No ano 1999 realizou o cartel para o XII Congreso ordinario da Asociación de Fiscais. Recibiu, entre outros, o primeiro premio de pintura Erausketa (Bizkaia, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO