Cuevas Bajas
Cuevas Bajas
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, no límite con Córdoba, drenado polo río Genil (1.516 h [1996]). A actividade económica máis destacable é a agricultura, sobre todo os cultivos de oliveiras, cereais e legumes. A principal actividade industrial é a elaboración de cerámica. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa parroquial de San Juan (s XVII).