"Vedra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 94.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto deportivo situado no fondo da ría de Pontevedra, á beira da cidade, na beiramar do río Lérez. Utilizado por embarcacións menores de tipo pesqueiro e deportivo, para acceder a este peirao de pouco calado é preciso ter en conta o estado das mar e das correntes e a presenza da ponte da Barca que bloquea o paso de barcos de máis de 12 metros de altura.
-
GALICIA
Circunscrición administrativa de España, unha das catro en que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante SO. Integrada por 62 concellos (2001) agrupados en 10 comarcas (Deza, O Salnés, Caldas, Tabeirós-Terra de Montes, Pontevedra, O Morrazo, Vigo, O Condado, A Paradanta e O Baixo Miño), abrangue unha superficie de 4.494,6 km2, en que acolle unha poboación de 903.729 h (2001). A súa capital é Pontevedra. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e delimitación da demarcación
Na xénese da provincia de Pontevedra o principal acontecemento é a constante pugna entre as cidades de Pontevedra e Vigo pola capitalidade dunha provincia que naceu como resultado da unión de territorios antes pertenecentes ás provincias de Santiago e Tui, vila esta última que perdeu a relevancia que tivo na época medieval como sé de diocese. O seu primeiro precedente é a prefectura proxectada... -
VER O DETALLE DO TERMO
Ría situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Baña os concellos de Marín, Bueu, Pontevedra, Poio e Sanxenxo. Cunha superficie duns 145 km2 é a terceira ría máis grande despois das de Arousa e Vigo. Limitada pola punta Miranda ao NO, punta de Couso ao SO, e a desembocadura do río Lérez na súa parte máis interna. Ten unha ancho duns 23 km que vai diminuíndo a medida que se achega á desembocadura do río. Consecuencia dunha fractura con dirección SO-NL, a súa morfoloxía é suave. As praias son menos numerosas ca no resto das Rías Baixas pero están sempre presentes. Na boca da ría sitúanse as illas de Ons e Onza, que polo seu valor ecolóxico foron nomeadas Parque Nacional das Illas Atlánticas, xunto coas Illas Cíes e a illa de Sálvora.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento situado en Pontevedra. Foi construído polos dominicanos entre os ss XIII e XV en estilo gótico. En estado ruinoso, só se conserva a cabeceira da igrexa con cinco ábsidas poligonais e un muro lateral cunha pequena portada e rosetón. Destacan os motivos decorativos xeométricos, vexetais ou animais situados en vans, capiteis e canzorros. No s XVIII produciuse un intento fracasado de reconstruír o edificio en estilo neoclásico. No seu interior alberga a sección de arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra, con restos destacados como pezas romanas e medievais, escudos, e os sepulcros como os de Pedro Madruga, Paio Gomez, Sueiro Gomez e Tristán de Montenegro. As ruínas foron declaradas BIC en 1895.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Pontevedra. Pertenceu ao antigo mosteiro franciscano do s XIII. Sen base documental, atribúese a súa fundación a san Francisco (1214), pero a primeira doazón que recibiu data de 1274, e desta época tan só conserva a fachada e o corpo do templo. O seu estilo é gótico tardío, con planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro e cabeceira con tripla ábsida. No interior destaca o sepulcro de Pai Gomez Charinho. Na fachada destaca o rosetón. A escalinata de acceso construíuse en 1853. Foi declarada BIC en 1896.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Pontevedra. Localízase no barrio de San Roque, que se corresponde coa Moureira de Abaixo, relacionado co barrio da Moureira, onde residía o Gremio de Mareantes. O primitivo templo erixiuse nas Corbaceiras, preto do porto, para protexer a cidade dos efectos mortais dos barcos infectados de peste, pois san Roque está considerado como o avogado contra a peste. En 1861 a capela trasladouse á súa actual localización. Ten planta cadrada con nave única. Destaca a torre campanario situada na portada principal e unha imaxe de san Roque situada nun lateral exterior.
-
IGREXAS
Igrexa conventual situada en Pontevedra. Construíuse no s XIV en estilo oxival no recinto extramuros xunto ao Camiño de Castela. Ten unha soa nave rematada nunha ábsida poligonal, que se reformou durante o Barroco. A capela maior ten arco de ingreso apuntado que descansa sobre tres semicolumnas, e nela destacan os retablos. O seu exterior amosa contrafortes nas esquinas. A portada gótica ten arquivoltas apuntadas sobre dous pares de columnas acobadelas, sen tímpano. Na arquivolta interior aparece o busto de Xesús Cristo Xuíz mostrando as chagas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontevedra. Foi edificada co patrocinio do Gremio de Mareantes. A primeira etapa de construción corresponde aos anos 1520-1540, período en que foi o seu responsable Diego Gil, que fixo a obra en estilo gótico renacentista. Continuaron a obra Cornielles de Holanda e Juan Noble, sobre todo na fachada. Posteriormente tomaron as obras Domingo Fernández, baixo dirección de Juan Pérez, e a partir de 1571 o arquitecto portugués Mateo López, que a finalizou. Ten planta basilical con tres naves de diferente altura e estilo, xa que as laterais son tardogóticas e a central ten predominio da linguaxe renacentista. Cóbrese con bóvedas de cruzaría. O retablo maior, realizado en madeira de castiñeiro e nogueira, é obra de Maximino Magariños. Destacan as capelas do Bon Xesús, da Concepción e do Corpo Santo. A fachada occidental é obra de Cornielles de Holanda e Juan Noble (1541), de estilo plateresco e con tres rúas, rosetón central e abundante decoración escultórica, da que destaca o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no núcleo urbano de Redondela. O seu trazado, concibido para unir a liña ferroviaria entre Vigo e Ourense, foi redactado por Mariano Corredera en 1818. Os tramos de acceso construíronse en cantaría, cun lado dun só van, mentres que no outro extremo se formaron nove. O tramo principal formouse con vigas metálicas de ferro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de goles e ouro, cargada cada unha dun cinguideiro, tamén de ouro.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse no Santa Monica College Art Department de Los Angeles (1984-1988) e, pensionado pola Deputación da Coruña, ampliou estudos de escultura monumental en exteriores na Syracuse University (1992-1993). Das súas obras destacan Blizardo diablo no Stone Quarry Hill Art Park de Cazenovic (New York, 1993) e Deifo, no Paseo Marítimo de Ézaro (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Secretario do cardeal Gaspar de Borja e de Velasco, foi ministro en Baviera. Como historiador publicou a inacabada Corona gótica, castellana y austríaca (1648). Das súas obras destacan Empresas políticas o Idea de un príncipe político-cristiano representada en cien empresas (1640) e La República literaria (1655), tratado de crítica en forma de soño alegórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista arxentino, bisneto de Cornelio Saavedra. Foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza (1915) e de Asuntos Exteriores (1932-1938) no goberno radical de Agustín Justo. Mellorou as relacións con Brasil e substituíu a influencia británica pola estadounidense. Presidiu a Asemblea da Sociedade de Nacións (1936). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Das súas obras destacan El poema lustral (1923), El Astete en verso (1925), Más lirismos y original letanía lanfreana (1946), Opúsculo raro (1946) e Atando cabos, largando cables... y desplegando velas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Pertenceu á Unión Liberal, foi deputado polo distrito de Pontedeume (1858-1865) e pola sección da Coruña (1865-1966), e director xeral de Obras Públicas (1864). Alcanzou o grao de coronel de infantaría e dedicouse aos estudos sobre fabricación de armas e aparatos xeodésicos. Escribiu Descripción de algunos instrumentos de Geodesia y Topografía (1853), Progresos de la Geodesia (1862) e Estudio de fortificación: atrincheramiento de campaña (1864). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1862) e foi elixido académico da Real Academia Española (1867), aínda que non chegou a ingresar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico. Licenciado en Filoloxía Románica, iniciou o seu labor profesional creando logotipos, carteis e folletos para diversas empresas. Ademais, colaborou con diversos medios de comunicación, como os xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, e na televisión con TVE e TVG. Por outra banda, ilustrou diversos libros para editoriais como Galaxia e Edicións Xerais de Galicia. Parte do seu traballo está exposto no Museo do Humor de Fene.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.
VER O DETALLE DO TERMO