"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Acción librada simultaneamente á batalla de Jena (14 de outubro de 1806) na vila de Auerstedt, Turinxia, na que os prusianos comandados polo duque Carlos de Brunsvic foron derrotados polas forzas napoleónicas comandadas por Davout.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada cerca de Slavkov (en alemán Austerlitz), Moravia (actual República Checa), onde os exércitos de Francisco II e os de Alexandre I de Rusia foron vencidos (2 de decembro de 1805) por Napoleón Bonaparte, que acababa de ocupar Viena. Con esta derrota finalizou a Terceira Coalición e Austria asinou o Tratado de Pressburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de armas da Segunda Guerra carlista acontecida preto de Avinyó (16.11.1848). Nela o xeneral carlista Rafael Tristany derrotou o brigadier isabelino Manzano, que foi feito prisioneiro xunto con 700 homes das súas forzas. O xeneral Tristany foi recompensado co condado de Avinyó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar librada ao pé do cumio de Condorcanquí, o 9 de decembro de 1824, entre as forzas do vicerrei do Perú José de la Serna -que foron completamente derrotadas-, e as tropas colombianas e peruanas, mandadas polo xeneral Antonio José de Sucre. Esta batalla significou, na práctica, a fin do dominio colonial na América continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado o 25 de outubro de 1415, entre Enrique V de Inglaterra e o exército francés dirixido por Carlos D’Albert, condestable de Francia, en Azincourt (Artois, Francia) durante a Guerra dos Cen Anos. A vitoria foi para os ingleses e veu seguida da ocupación do N de Francia e da capitulación de Carlos VI ante o Rei inglés (Tratado de Troyes, 1420).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado o 19 de xullo de 1808 preto de Bailén (Andalucía) entre o exército imperial francés mandado polo xeneral Dupont e as tropas reunidas polas xuntas de defensa de Granada e Sevilla baixo o mando do xeneral Castaños. Foi a primeira derrota en campo aberto sufrida polos exércitos napoleónicos, a consecuencia dela o Rei Xosé I Bonaparte saíu de Madrid e deixou todo o sur da Península Ibérica en mans das xuntas de defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar (do 22 ao 28 de maio de 1938) de contraataque das forzas republicanas para reducir a cabeza de ponte establecida na beira esquerda do Segre polas forzas do xeneral Franco, que ocuparan Balaguer o 8 de maio, e situar a fronte na liña do Segre. A acción non tivo éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate acontecido durante a Guerra de Crimea na cidade de Balaklava, porto ucraíno situado a 9 km ao SL de Sebastopol. As tropas rusas, que foron vencidas, atacaron aos ingleses, que ocupaban a cidade (25 de outubro de 1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Seguiu a liña de Galileo, co que mantivo correspondencia. Foi un dos primeiros en diferenciar claramente a masa e o peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo industrial paleolítico, tamén denominado Stillbay, da Middle Stone Age (Idade da Pedra Media) procedente da África oriental e meridional. Detéctase pola presenza de raspadeiras e puntas subtriangulares con retoque unifacial e bifacial. Sucede, logo do intervalo de Howieson’s-Port, á industria de Pietersburg, asociada ás formas máis antigas de Homo sapiens, coñecidas polas covas de Border Cave e Klasies River. Esta sucesión púidose establecer grazas á secuencia estratigráfica da cova de Bambata (Zimbabwe).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na desembocadura do río Barbate, ao L do cabo Trafalgar (21.888 h [1996]). A cidade, situada a medio camiño entre Cádiz e Algeciras pero fóra da estrada principal, medrou aproveitando a súa condición de centro de mercado agrícola dunha comarca especializada sobre todo nos cultivos de cereais e oliveiras, e grazas tamén ao seu porto pesqueiro. A actividade portuaria favoreceu o desenvolvemento industrial, fundamentalmente as conservas de peixe en salgadura e os estaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés, de orixe italiana. Estudiou no Royal College of Music e na Royal Academy of Music de Londres e debutou en 1917. Dirixiu a British National Opera Company (1926), a New York Philarmonic Symphony (substituíndo a Toscanini, 1937-1942), a Hallé Orchestra (director titular dende 1943 ata a súa morte) e a Houston Symphony Orchestra de Texas (1962-1967). No seu repertorio predominou a música inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano, coñecido tamén co pseudónimo de Gian Alesio Abbattutis. Cultivou a poesía na súa obra Muse napoletane (1635) e a narración curta, á maneira de Boccaccio, en Lo cunto de li cunti ovvero lo Trattenimiento de peccerille (1634-1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e organista italiano. Foi príncipe da Accademia dei Filarmonici, de Boloña (1863), e mestre de capela en Módena, Ferrara e Bérgamo. Impulsou a técnica violinística e o desenvolvemento da sonata. A súa obra instrumental sitúase entre os anos 1677 e 1700, e compuxo arredor de cen cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura que sinala a extensión dos programas denominados batch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento prehistórico de Novo México, onde foron achadas algunhas panochas dun millo primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Israel, no maoz de Tel Aviv, que constitúe un núcleo satélite do S da aglomeración de Tel Aviv-Jaffa (140.800 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘profundidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir, orixinariamente longa case ata os pés e con mangas, que adoita ser cómoda e estar aberta por diante, usada xeralmente para estar por casa. OBS: Comunmente chámase bata de casa.

    2. Peza de vestir, máis ou menos longa e lixeira, aberta por detrás ou por diante que se utiliza para o traballo profesional de clínica, laboratorio, taller, etc.

    3. estido que non ten moita calidade.

    4. estido feminino con cola e volantes típico de Andalucía que empregan as bailaoras de flamenco.

    VER O DETALLE DO TERMO