"cino" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 113.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á solución que nun litro contén a décima parte dun equivalente gramo dun soluto determinado. Indícase coa anotación 0,1 N.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico de Liguria. Tentou, xunto co seu irmán Alebión, roubar os rabaños de Heracles.
-
-
Relativo ou pertencente aos dicinodontos.
-
Réptil da suborde dos dicinidontos.
-
Suborde de réptiles terápsidos herbívoros que apareceron a finais do Pérmico e sobreviviron ata o final do Triásico. A clave da súa pervivencia está no modelo avanzado de cranio no que as aberturas sinápsidas que o caracterizan, apuntando o futuro esquema dos mamíferos, se alongaron para facer sitio a uns músculos mandibulares máis longos e fortes. A esta suborde pertencen os xéneros Cistecephalus, Dicynodon, Kannemeyeria, Lystrosaurus e Robertia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘ceo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anciño.
-
PERSOEIRO
Condottiere italiano. De familia xibelina, distinguiuse na toma de Boloña (1397) ao servizo do duque de Milán, que lle otorgou os señoríos de Castagnole, Monferrato e San Martino. Á morte do duque (1402), rebelouse contra a súa familia, os Visconti, tomou Alexandría (1403), Piacenza (1406) e Pavia (1410) e obtivo o título de conde.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen comete crimes.
-
Que ou quen comete actos delitivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fecí.
-
PERSOEIRO
Humanista e filósofo italiano. Fundou e dirixiu en Florencia (1462) unha academia dedicada á restauración do pensamento platónico, ao que considerou compatible coas doutrinas cristiás. Desenvolveu unha teoría do amor platónico na que o amor é unha atracción que, desde un plano físico, ascende cara a un plano espiritual, que no seu fin leva o amante ata Deus. Traduciu do latín, entre outros, todos os Diálogos de Platón e as Eneades de Plotino. Das súas obras destacan o Symposium (1469) e a Theologia platonica (1473).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sector do concello de Roma, Italia no que se localiza o aeroporto internacional da capital italiana.
-
-
Parte sobresaínte da cara de certos animais onde están situados a boca e o nariz. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Non se fixo o mel para o fociño do porco”.
-
Parte da cara das persoas onde está o nariz e mais a boca, ou só o nariz.
-
Beizos dunha persoa, sobre todo cando son prominentes.
-
Rostro dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Melide. As súas armas traen, en campo de azul, un fouciño, de prata, con mango de ouro, mirando o flanco sinistro. Outra variante leva, en campo de sinople, dous fouciños, de prata, dereitos e postos en faixa.
-
GALICIA
Pintor e escultor. Entre as súas esculturas destaca un crucifixo de madeira de buxo que expuso en San Martiño Pinario (1875) e en San Clemente (1909). No eido da pintura destacan Autorretrato e Mesa revolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ferramenta semellante á fouciña, pero xeralmente de menor tamaño. OBS: A definición de fouciño e fouciña non é a mesma en todos os lugares de Galicia.
-
Ferramenta de labranza formada por unha folla de metal afiada, curvada e grosa, que ten o mango longo.
-
-
-
Parte sobresaínte da cara de certos animais onde están situados a boca e o nariz. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Non se fixo o mel para o fociño do porco”.
-
Parte da cara das persoas onde está o nariz e mais a boca, ou só o nariz.
-
Beizos dunha persoa, sobre todo cando son prominentes.
-
Rostro dunha persoa.
-
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello de Vilanova de Arousa, na beira meridional da ría de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conca do Abruzzo, Italia, ocupada antigamente por un lago, situada a 669 m de altitude sobre o nivel do mar, entre os montes Simbruini ao O, o monte Sirente ao L e o Velino ao N. O primeiro proxecto de desecamento do lago levado a cabo foi o do Emperador Claudio. En 1852 construíuse un estanque de retención e un sistema de canles de desaugamento. Obtivéronse 16.500 ha de terra moi fértil que se dedicou á agricultura.
-
PERSOEIRO
Editor e xornalista. Editor adxunto do Diario 2 de Canal Sur. Colaborador dos semanarios Signo, El Euorpeo, Actualidad Económica e Triunfo, do Diario SP, de El Ideal Gallego (1972-1982), de La Voz de Galicia (1982-1987), de A Nosa Terra e da Axencia Galega de Noticias (AGN), foi director da revista Mancomún (1980-1981) e do Diario de Galicia (1988). Participou na edición do libro Galicia: realidad económica y conflito social (1978), e escribiu, xunto con Manuel Rivas, Informe dunha frustración (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Licenciouse en Belas Artes na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1962). Traballou con Pablo Serrano e Enrique Pérez Comendador. Instalouse en Ourense en 1963, onde se vinculou aos Artistiñas de Vicente Risco, e realizou a súa primeira exposición en Madrid en 1966. A súa obra, expresionista e neorrealista, está enraizada na tradición galega. Nos seus comezos traballou na madeira, para acadar a súa máxima expresión nas obras en bronce, ás que chegou a través do coñecemento da fundición e dos procesos da soldadura autóxena, en obras nas que acadou unha maior expresión ao prescindir do accesorio e traballar o oco como materia. Traballou tamén a pedra. A súa obra é dinámica e espontánea e nela están presentes a muller e a maternidade. Realizou, entre outras esculturas públicas, os monumentos a Castelao e Otero Pedrayo en Ourense, a Castelao en Pontevedra, ao afiador en Luintra (Nogueira de Ramuín) e moitas das esculturas do Centro Cultural Caixanova de Vigo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Giovanni Francesco Barbieri, foi discípulo de L. Carraci e influído polos pintores venecianos, utilizou fortes contrastes lumínicos. Traballou en Roma (1621) para o Papa Gregorio XV e realizou La Aurora che scaccia la notte no teito do casino Ludovisi (1621). Posteriormente, decantouse cara a un certo clasicismo e pasou por unha etapa próxima á obra de Guido Reni.
VER O DETALLE DO TERMO