Fucino, conca do
Fucino, conca do
Conca do Abruzzo, Italia, ocupada antigamente por un lago, situada a 669 m de altitude sobre o nivel do mar, entre os montes Simbruini ao O, o monte Sirente ao L e o Velino ao N. O primeiro proxecto de desecamento do lago levado a cabo foi o do Emperador Claudio. En 1852 construíuse un estanque de retención e un sistema de canles de desaugamento. Obtivéronse 16.500 ha de terra moi fértil que se dedicou á agricultura.