fúcsia

fúcsia

(< antropónimo L. Fuchs)

  1. s f [PLANTA]

    Arbusto de follas ovais, lanceoladas, enteiras e pecioladas, dispostas de xeito oposto ou, ás veces, en verticilos de tres; as flores aparecen solitarias nas axilas das follas ou en acios terminais, co cálice en forma de tubo longo dividido en catro segmentos e a corola pentámera cos pétalos insertos na parte superior do tubo do cálice.

  2. adx e s m

    Aplícase á cor entre rosa e vermella violácea, semellante á da flor da planta, e ás cousas que presentan esa cor.

    Ex: Comprou unha saia de cor fucsia.

Palabras veciñas

Fuciño do Porco | Fucino, conca do | fucoide | fúcsia | fucsina | Fucus | FUE