"endo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a estrutura, normal e patolóxica, e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen. A súa orixe é tan antiga coma a humanidade, pero non se aceptou como ciencia ata finais do s XIX. Anatomicamente, a maioría das glándulas endócrinas xa eran coñecidas polos gregos e os romanos. As últimas en ser descubertas foron as glándulas suprarrenais (1563) e as paratiroides (1879), pero a función de todas era aínda descoñecida. No s XVIII, Albrecht von Haller describiu a tiroide, o bazo e o timo como glándulas que non tiñan condutos excretores, senón que vertían as súas substancias ao sangue. O impulso da endocrinoloxía moderna débese a Claude Bernard que, en 1855, formulou claramente o concepto de secrecións internas, definíndoas como uns produtos específicos de certos órganos que se difunden por todo o corpo e son indispensables para o mantemento das funcións vitais. Schafer sinalou que as secrecións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endocrinoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral para designar os transtornos das glándulas de secreción interna.
-
-
endoblasto.
-
Tecido vexetal formado por unha capa dun só estracto de células, situado por enriba do periciclo e por debaixo do parénquima cortical. Regula o paso de materiais que entran e saen do sistema vascular. É característico das raíces, aínda que tamén se pode ver no talo dalgunhas plantas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao endoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
endodinamóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a aquel solo no que na súa xénese preponderaron os factores internos, especialmente na natureza da rocha nai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da odontoloxía, e técnica, que trata da diagnose, a etiopatoxenia, a profilaxe e o tratamento das enfermidades da polpa dentaria e das súas complicacións, coa finalidade de conservar os dentes afectados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da polpa dentaria, acompañada de dor, que se debe a unha invasión bacteriana a través dunha carie penetrante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura interna que presentan numerosos seres vivos que serve, principalmente, de sostén e para conformar a súa estrutura básica. Nos vexetais, constitúeno os tecidos, de células engrosadas e endurecidas, como son o colénquima e o esclerénquima. Nos vertebrados confórmao o conxunto de ósos e cartilaxes, e nos artrópodos son proliferacións internas do exoesqueleto nos que se insiren os músculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ser vivo que se alimenta dende o interior da fonte alimenticia, como é o caso das larvas dos gurgullos, que se desenvolven dentro de moitas sementes, ou as larvas de avespas parasitas de eirugas de lepidópteros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Linguaxe que un falante formula na súa mente fronte á linguaxe vogal e audible (exofásica). Por exemplo, hai endofasia cando se constrúen mentalmente as frases dun discurso ou as que se van formular nunha lingua estranxeira. OBS: Oponse a exofasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endofasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser vivo que se desenvolve, nalgún momento do seu ciclo, dentro dun vexetal. Emprégase comunmente para especies patóxenas de fungos e bacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da túnica interna das veas.
-
-
Norma que establece unha obriga ou preferencia segundo a cal os individuos só se emparellan dentro dun grupo específico, que pode estar limitado polo parentesco, polo grupo social ou por calquera outra categoría definida (clase social, localidade ou relixión). Localízase nas sociedades cunha marcada estratificación social e practicouse sobre todo entre os grupos dominantes (sobre todo na aristocracia), co obxectivo de manter os seus privilexios. Tamén aparece nas minorías étnicas cun forte sentimento de identidade sociocultural.
-
Fusión de gametos que proveñen dun tronco común, de individuos emparentados ou dun mesmo individuo.
-
Cruzamento entre individuos emparentados. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación e, nas máis das especies, unha redución do crecemento e da fertilidade, e, en xeral, unha perda de viabilidade da poboación.
-
Comportamento social que consiste en rexeitar a incorporación a unha institución, ou outro colectivo, de membros que non pertencen a ela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á endogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao interior do estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da mucosa gástrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido claro contido no labirinto membranoso do oído interno dos vertebrados, situado entre a membrana basilar e a membrana vestibular da cóclea. A endolinfa intervén no mantemento do equilibrio.