"ful" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fulmina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as propiedades do raio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido do ácido cianhídrico. É un ácido pouco estable que posúe, como os seus sales (fulminatos), un forte carácter explosivo.
-
PERSOEIRO
Abade de Saint-Denis. Reconstruíu a basílica da abadía. Participou no derrocamento dos merovinxios e no acceso ao trono de Pipino o Breve. Colaborou no restablecemento do poder temporal do papado en Italia. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor norteamericano. En 1786 trasladouse a Inglaterra, onde se deu a coñecer polos seus traballos no campo da mecánica. En 1797 trasladouse a Francia e propúxolle ao goberno o proxecto dun submarino con torpedos autopropulsados. En 1798 construíu un somerxible de hélice e, en 1803, un pequeno barco movido por vapor que navegou polo Sena. En 1806 volveu aos EE UU e en 1807 inaugurou a liña regular de barcos entre Nova York e Albany.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Hidrocarburo cíclico insaturado, isómero do benceno, que se presenta en forma de aceite de cor amarela.
-
Hidrocarburo derivado do fulveno por substitución dos hidróxenos do radical metileno por radicais R e R’. Os fulvenos constitúen un grupo de hidrocarburos cunha certa aromaticidade. Poden funcionar na reacción de Diels-Alder como dienos ou como dienófilos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana de orixe plebea que contou entre os seus membros con numerosos cónsules e maxistrados da República. Quinto Fulvio Flaco (s III a C) defendeu Roma contra Aníbal, ocupou Capua e defendeu a concesión do dereito civil aos itálicos. Marco Fulvio Nobilior (s II a C) foi pretor (193 a C) e procónsul (190 a C) na Hispania Ulterior. O seu irmán Quinto Fulvio Nobilior foi cónsul en Hispania (153 a C) e enfrontouse cunha rebelión de lusitanos e celtíberos na Segunda Guerra Celtibérica. A esta mesma familia pertenceu Fulvia (s I a C), muller de Marco Antonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción do humus soluble en solucións alcalinas e que non precipita coa adición de ácido clorhídrico ou de ácido sulfúrico. Prodúceno os vexetais acidificantes e pode empobrecer o solo de Ca e Fe.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Foi pretor (193 a C) e procónsul na Hispania Ulterior (190 a C), onde venceu os celtiberos e capturou o seu xefe Hermo, preto de Toletum. Cónsul no 189 a C, conquistou Etolia e máis tarde foi censor xunto a E. Lépido (179 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul no 153 a C e enviado a Hispania, onde se enfrontou cunha rebelión de lusitanos e celtiberos na Segunda Guerra Celtibera. Foi derrotado, pero perseguiu os sublevados ata Numancia onde os cercou. No 152 a C foi destituído polo Senado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no adxectivo latino fulgentius ‘relucente, refulxente’. Presenta o hipocorístico Xencio.
-
PERSOEIRO
Teólogo. Bispo de Ruspe (507) foi desterrado por Trasimundo, rei dos vándalos, pero volveu do exilio no 523. Escribiu numerosas obras, entre as que destacan, Contra Arianos e Ad Thrasamundum regem, contra os arrianos. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo hispano, irmán dos bispos de Sevilla, san Leandro e san Isidoro. Bispo de Écija e logo de Cartagena, interveu no II Concilio de Sevilla (619). Na iconografía leva vestiduras de pontífice, sen o palio sagrado e, como atributo, un báculo. A súa festividade celébrase o 1 ou 16 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que brilla intensamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fulxente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brillar intensamente.
-
CONDADOS
Condado metropolitano do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido (156.718 h [1996]). Basicamente residencial, xurdiu en 1965 da fusión dos distritos metropolitanos de Fulham e Hammersmith.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Banda de la de cor branca que se adapta ao redor da testa con dúas fitas aos costados como emblema de inviolabilidade ou signo da dignidade sacerdotal.
-
Cada unha das fitas que penduran da mitra.
-
-
Alto concepto que ten unha persoa de si mesma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que se asentou en Masma (Mondoñedo).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Copperbelt, Zambia, situada na fronteira coa República Democrática do Congo (152.944 h [1990]). A súa economía baséase na explotación de minas de cobre.
VER O DETALLE DO TERMO