Fulton, Robert

Fulton, Robert

Enxeñeiro e inventor norteamericano. En 1786 trasladouse a Inglaterra, onde se deu a coñecer polos seus traballos no campo da mecánica. En 1797 trasladouse a Francia e propúxolle ao goberno o proxecto dun submarino con torpedos autopropulsados. En 1798 construíu un somerxible de hélice e, en 1803, un pequeno barco movido por vapor que navegou polo Sena. En 1806 volveu aos EE UU e en 1807 inaugurou a liña regular de barcos entre Nova York e Albany.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Little Britain, Pennsylvania

  • Deceso

    Lugar : Nova York