Fulvio Nobilior, Quinto

Fulvio Nobilior, Quinto

Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul no 153 a C e enviado a Hispania, onde se enfrontou cunha rebelión de lusitanos e celtiberos na Segunda Guerra Celtibera. Foi derrotado, pero perseguiu os sublevados ata Numancia onde os cercou. No 152 a C foi destituído polo Senado.