"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
REINOS
Estado cristián formado a partir do s XI na costa sur-leste de Asia Menor, na antiga Cilicia, por migración dos armenios dos vales altos do Éufrates. Inimigo de Bizancio, os seus intereses achegárono aos estados latinos de Grecia fundados polos croatas. O príncipe bagrátida León II obtivo do Emperador romano-xermánico Enrique VI o título de Rei (1198); introduciu as institucións feudais e uniu a igrexa nacional á sé romana, declarándose vasalo dela. Final da ruta comercial que dende a India chegaba ao Mediterráneo a través de Persia e Armenia, durante o s XII acadou unha gran prosperidade económica. A presión islámica fixo que o Rei de Armenia Haitó I buscase axuda en Occidente, entre outros, no Rei Xaime de I de Aragón o Conquistador (1265). A caída de Antioquía (1268) acentuou o papel de Armenia como vía de penetración da Europa latina cara á Asia central. Entre os numerosos viaxeiros europeos que pasaron polo importante porto de Aleás, cómpre salientar a diversos embaixadores...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo xurdido como depósito da documentación xerada pola Real Audiencia de Galicia. Exerce como Arquivo Xeral de Galicia e Arquivo Histórico Provincial da Coruña desde 1945, e desde 1989 tamén como Arquivo Histórico da Administración Territorial Autonómica. Os seus antecedentes históricos parten das disposicións de Carlos V, que no ano 1543 ordenou gardar e conservar todos os procesos da Real Audiencia de Galicia, creada en 1480 polos Reis Católicos. No ano 1775, por unha Real Cédula de Carlos III creouse o Arquivo e foille asignado o persoal e o regulamento de funcionamento. Nun principio estivo instalado no Pazo da Real Audiencia (hoxe Capitanía Xeral), trasladado no 1936 ata o Pazo de Xustiza e, en 1956, á actual localización, na Casa da Cultura. Os fondos proceden de institucións públicas do ámbito galego e provincial da Coruña, destacando o fondo da Real Audiencia de Galicia, órgano de xustiza, administración e goberno durante o Antigo Réxime, con documentación desde o século XVI....
-
-
Barco utilizado na pesca de arrastre.
-
Tipo de embarcación que faena en augas sudafricanas e no Océano Índico, que ten unha media de 550 toneladas de rexistro bruto e unha tripulación de 26 homes. Está dedicado fundamentalmente á captura e conxelación de pescada, polbo e marisco, para o seu posterior procesamento nas industrias de terra. O porto con maior número de arrastreiros é Vigo, o principal porto pesqueiro de Europa, xunto coa Coruña, Cangas e Marín. OBS: Tamén se denomina arrastreiro conxelador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da rexión que carece dunha rede hidrográfica permanente a causa da inexistencia ou da grave escaseza de precipitacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘herba’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pradeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións que non posúen rede hidrográfica organizada debido á práctica inexistencia de precipitacións.
-
-
Provocar ou sufrir unha excitación sexual.
-
Derramar un líquido en pequena cantidade.
-
Ouriñar con forza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual ou perenne que pertence ao xénero Linaria, da familia das escrofulariáceas. Caracterízase por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula. Das quince especies presentes en Galicia cómpre salientar: L. triornithophora, de ata 130 cm de altura, flores púrpuras de ata 55 mm, propias das carballeiras; L. elegans, de ata 70 cm de altura, flores violáceas, propias de ambientes secos de certa altura; L. saxatilis, de ata 50 cm de altura, flores amarelas ou avermelladas, propias de ambientes secos; L. polygalifolia, de ata 40 cm de altura, flores amarelas, propias de areais costeiros. A subespecie L. polygalifolia aguillonensis constitúe un endemismo galego localizado en cantís e areais costeiros dende o cabo Vilán ata Estaca de Bares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei mítico dos celtas bretóns que deu orixe ao chamado ciclo artúrico, ciclo bretón ou materia de Bretaña. Os datos arredor de Artur son sumamente vagos, de tal xeito que non se pode nin afirmar nin negar a súa existencia con seguridade. A primeira mención que se conserva del aparece nun poema galés titulado “Goddodin”, do s VII. Non obstante , a historiografía aínda tardaría outros douscentos anos en recoller novas deste personaxe. A Historia Brittonum, atribuída a Nennius e datada no s IX, fala de Artur como un guerreiro vitorioso que loitaba ao servizo dos reis celtas contra os invasores saxóns; venceu en doce batallas, sendo a máis importante a do monte Badon. Un pouco despois, nun capítulo dedicado ás marabillas da illa de Bretaña, recolle varias tradicións sobre Arturo, como a tumba do seu fillo Anr ou a pegada do seu can Cabal mentres cazaba o porco Troit. Xa no século X, este personaxe volveu aparecer no poema galés “O botín de Annwfn” e nos Annales Cambriae. Esta...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei Artur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte de 1.395 m de altitude que fai de límite entre a parroquia de Noceda (concello de Folgoso do Courel) e a de Gundriz (concello de Samos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de atreitar.
-
-
Poñer lisa e plana unha superficie ou terreo que non o estaba, especialmente a terra.
-
Dividir un terreo en sucos ou partes para realizar o labor da sementeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Engadir unha ou dúas xugadas a un carro cando está atascado ou non pode coa carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
autoodio.