"sec" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 230.
-
VER O DETALLE DO TERMO
incoherente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode secar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode cortar ou dividir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contaminación dun alimento por parte de insectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar con instalacións para recoller, criar e conservar insectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás substancias químicas empregadas para producir a morte dos insectos nocivos dos cultivos, dos lugares habitados e dos bosques. Os insecticidas de síntese, os máis empregados, poden repartirse en cinco grupos: os organohaloxenados, os organofosforados, os carbamatos, as sulfonas e os sulfonatos. Diferéncianse catro tipos de accións dos insecticidas: por contacto, por inxesta, por deshidratación e por inhalación. Un dos problemas que implica o uso dos insecticidas é a persistencia dos produtos na superficie ou no interior das plantas e nas augas contaminadas, e a súa acumulación sobre os tecidos adiposos dos animais e no leite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao produto usado para repeler os insectos.
-
-
Aplícase aos animais zoófagos e plantas carnívoras que se alimentan principalmente de insectos.
-
-
Relativo ou pertencente aos insectívoros.
-
Mamífero da orde dos insectívoros.
-
Orde de mamíferos placentarios. Son animais pequenos, na súa maioría nocturnos, e pasan gran parte da sua vida baixo terra; teñen ollos e orellas pouco desenvolvidos, cinco dedos provistos de unllas, dentes moi numerosos pouco diferenciados e aguzados, con crecemento limitado, e un fociño apuntado rematado nunha trompa móbil rica en órganos sensitivos (teñen moi desenvolvido o olfacto). A locomoción é plantígrada. O seu réxime alimentario componse preferentemente de invertebrados (insectos, vermes, arañas), pero tamén de plantas e pequenos roedores. Son os placentarios máis primitivos, e están amplamente distribuídos por todo o mundo, excepto Australia e Nova Zelanda. Deles destacan a toupa, a musaraña ou o ourizo.
-
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos insectos.
-
Artrópodo da clase dos insectos.
-
Clase de artrópodos que se caracterizan por ter o corpo segmentado dividido en tres rexións (cabeza, tórax e abdome), tres pares de patas, dous pares de ás e metamorfose durante o seu desenvolvemento. A cabeza está formada por seis segmentos soldados cubertos pola cápsula cefálica (constituída por escleritos, como o clípeo), un par de antenas e o aparato bucal (dúas mandíbulas, dous maxilares e un labio), variable segundo a alimentación; tamén posúen un par de ollos compostos (debaixo das antenas), e certas ordes poden ter ademais un par de ocelos. O tórax está dividido en tres segmentos (protórax, mesotórax e metatórax), e en cada un deles está inserido un par de patas (cada unha con coxa, trocánter, fémur, tibia e tarso); ademais, nos dous últimos segmentos insírense unha parella de ás nerviadas, que poden ser membranosas ou non (élitros, hemiélitros). Algúns insectos carecen de ás debido ao parasitismo (pulgas), ao seu primitivismo (colémbolos e demais apterigotos), ou por vivir en hábitats...
-
-
Nome que se dá a insectos fásmidos do xénero Phyllium caracterizados polo feito de teren o corpo achaiado, de cor verde, forma de folla e con expansións laminares. Viven nas fragas da rexión indomalaia e nas illas de Sri Lanka e as Seychelles.
-
Nome que se dá a insectos da orde dos fásmidos, co corpo áptero, delgado, alongado e cilíndrico, e que presenta homocromía. Esencialmente nocturnos, quedan completamente inmóbiles durante o día. Hai numerosas especies que habitan as rexións tropicais e subtropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
entomoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entomolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter dous ou máis conxuntos matemáticos un elemento en común.
-
-
Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas de estrutura lineal, especialmente vías ou camiños.
-
-
Acción e efecto de intersecarse.
-
Conxunto formado por elementos que pertencen ao tempo a dous conxuntos ou máis. A intersección de dous conxuntos, A e B, é denotada por A 3 B, que se le A intersección B. En xeometría fálase de intersección entre curvas e superficies.
-
Operación de atopar o conxunto intersección.
-
-
Sistema para determinar as coordenadas dun punto inaccesible no terreo que consiste en dirixir cara ao punto un certo número de visuais desde puntos de coordenadas coñecidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que participan dous ou máis sectores.
-
-
Relativo ou pertencente á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.
-
Aplícase ao semicondutor puro e con propiedades eléctricas que se corresponden coas dun cristal ideal.
-
Aplícase ao teorema, á propiedade, ou á ecuación que non depende do sistema de coordenadas escollido.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia e concello das Nogais. O seu cumio acada os 1.046 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Secta creada por Anthony Collins (1676-1729) a partir da obra A ; Discourse on Freethinking, Occasion’d by the Rise and Growth of a Set Call’d Free-Thinkers (1713). Nela, defendeu a razón humana como medio para interpretar a relixión cristiá e intentou mostrar a falta de certeza da profecía e do rexistrado no Novo Testamento. Tamén escribiu A ; Discourse of the Grounds and Reasons of the Christian Religion (1724) e The Scheme of Literal Prophecy Considered (1727), onde tentou probar a falsidade da relixión cristiá.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en La Tierra de Campos e bañado polo río Sequilla (4.962 h [2001]). É o núcleo dunha fértil comarca agrícola e un centro comercial de produtos da terra. Do seu patrimonio cultural destacan a custodia de Antonio de Arfe (1552), na igrexa de Santa María (s XV), e o retablo da Concepción da capela dos Benavente, de Juan de Juni.
VER O DETALLE DO TERMO