"sido" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
-
Relativo ou pertencente á raza melanésida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza melanésida.
-
Raza do grupo melanodermo, dolicocéfala, de talle mediano, cos cabelos crechos e o nariz ancho, que habita na meirande parte das illas de Melanesia. OBS: Tamén se denomina raza melanesia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo mes do calendario republicano francés (1792-1806), que corresponde ao intervalo do 19 ou 20 de xuño ao 19 ou 20 de xullo.
-
GALICIA
(Pontevedra 11.6. 1922 - Santiago de Compostela 16.12. 2002) Filólogo, conde de Quirós. Catedrático de Grego, foi profesor axudante de filoloxía latina e lingüística indoeuropea na Universidad de Madrid e profesor da facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos membros fundadores do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e membro do Instituto Padre Sarmiento e do Centro de Estudios Xacobeos. Presidiu a Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto e, durante o goberno de Fernández-Albor, foi subdirector xeral da Consellería de Educación. Colaborou nas Comisións de Lingüística e Toponimia e escribiu numerosos artigos sobre aspectos relacionados coa filoloxía, a lingüística e a toponimia e coa epigrafía e a arqueoloxía. É autor de A la sombra del apóstol: once siglos de vida compostelana (1938), Ara con nuevo teónimo indígena en San Vicente de O Grove (1976), en colaboración con José Carro Otero, Sobre las aras del santuario de Donón (Hío, Pontevedra) (1978), Raíces...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos molósidos.
-
Morcego da familia dos molósidos.
-
Familia de morcegos, da orde dos quirópteros, que presenta o nariz sen lóbulos, a cola sobresaíndo entre un medio e un terzo do uropataxio e coas orellas practicamente unidas no centro. Cando non están en voo pregan as ás facendo case invisibles as membranas. Aliméntanse principalmente de insectos e viven en covas, e algunhas especies en teitos de casas de madeira.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos násidos.
-
Gasterópodo da familia dos násidos.
-
Familia de gasterópodos, da subclase dos prosobranquios, que presentan un pé ancho e ben desenvolvido, un longo sifón e unha rádula en que o dente central está finamente denticulado.
-
-
PERSOEIRO
Veterinario e microbiólogo francés. Descubriu numerosos microorganismos axentes de doenzas animais e xeneralizou o emprego da tuberculina como medio de diagnose precoz da tuberculose dos bóvidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos naturais formados pola combinación dun azucre, ribosa ou 2-desoxirribosa, e unha base purínica ou pirimídica. O enlace C-N entre a base e o azucre formado é N-glicosídico. Os nucleósidos da ribosa son parte integrante dos ácidos ribonucleicos (ARN), e os da desoxirribosa forman parte dos ácidos desoxirribonucleicos (ADN). Obtéñense a partir dos nucleótidos por eliminación do grupo fosfato e son facilmente separables e identificables por cromatografía.
-
-
Relativo ou pertencente aos osteoglósidos.
-
Peixe da familia dos osteoglósidos.
-
Familia de peixes octeíctios, da subclase dos actinopterixios, que teñen o corpo macizo, forte, comprimido lateralmente cara á metade e cónico no extremo anterior, coa cola pequena e semellante a unha paleta arredondada. Son de auga doce e habitan nas zonas tropicais de América do Sur, Asia e Australia.
-
-
PERSOEIRO
Político e militar. Ministro de Finanzas (1911) e embaixador en Berlín (1913), cando chegou ao poder instaurou a República Nova (1917). Foi presidente da República de Portugal (1918) e desenvolveu un notable saneamento político e económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á raza paleomelanésida ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza paleomelanésida.
-
Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son dolicocéfalos, de pequeno tamaño, cabelos crechos, cara maciza, arcos superciliares prominentes e nariz longo e convexo, que ocupa basicamente Nova Guinea e as illas veciñas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos parápsidos.
-
Réptil da subclase dos parápsidos.
-
Subclase de réptiles que teñen o óso temporal do cranio cunha soa fosa, situada en posición dorsal. Só inclúe a orde dos itiosauros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coniferópsido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que ten unha estrutura da que deriva o pirano. Un dos máis coñecidos é a sacarosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega, identificada polos romanos con Neptuno. Rei dos mares e das augas, vivía nas profundidades mariñas e sucaba as ondas sobre un carro de ouro. Figura principal do panteón helénico -só inferior a Zeus-, a súa potencia manifestábase nos movementos telúricos e mariños. Tiña como símbolo o tridente. A arte represéntao barbado e co tridente e o raio, substituído despois polo delfín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das posidoniáceas, formado por plantas perennes acuáticas, mariñas, mergulladas, hidrógamas, de rizoma groso e fibroso, de follas dísticas e cintiformes, de flores aclamídeas e polígamas, reunidas en espigas bracteadas, e de froitos carnosos. A especie máis coñecida P. oceanica, é endémica do Mediterráneo e está en perigo de extinción; vive no fondo do mar, preto da costa, ata os 40 m de profundidade.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Estableceuse en Rodas (101 a C) e abriu alí unha escola en que se cultivou a xeografía, a física, as matemáticas e a antropoloxía. Representante do denominado estoicismo medio, xunto co seu mestre Panecio (185-110 a C), concibiu o real como oposición harmónica de contrarios en evolución. Influíu sobre Cicerón, discípulo del en Rodas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou petencente aos protoceratópsidos.
-
Dinosauro da familia dos protoceratópsidos.
-
Familia de dinosauros ornitisquios, da suborde dos ceratopsios, que viviron en Asia e America do Norte durante o Cretáceo superior. Eran dinosauros cuadrúpedes, co cranio de gran tamaño e boca en forma de bico. Comprende, entre outros, os xéneros Microceratops, Leptoceratops, Protoceratops e Montanoceratops.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás proximnospermópsidas.
-
Planta da clase das proximnospermópsidas.
-
Clase de vexetais fósiles que talvez constitúan a transición entre as pteridófitas inferiores e as ximnospermas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de decretais apócrifos, aparecidos no s IX no contexto da reforma gregoriana. É obra dun taller de falsificadores francos feita entre 847 e 862 e dividida en tres partes.