"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s X a C) Rei de Asiria (967- 935 a C). O seu reinado pechou un período de case un século e medio de decadencia asiria, entre 1076 e 934 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s VIII a C) Rei de Asiria (745-727 a C). En 738 a C puxo fin ao poder do Reino de Urartu en Siria e Cilicia. No NL bateu unha coalición de catro reis vasalos de Wassurme, gran xefe de Tabal (Cilicia), a quen depuxo en 730 a C. No S impúxose aos arameos de Babilonia e, en 729 a C, conquistou o reino.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1234-1253) e conde palatino de Champagne (Teobaldo IV; 1021-1253) e de Brie, fillo póstumo do conde Teobaldo III de Champagne e de Branca de Navarra. Á morte de Sancho VII de Navarra foi nomeado rei de Navarra pola nobreza navarra. Iniciouse así a dinastía francesa de Champagne. Ordenou a elaboración dun Cartulario Magno e, probablemente, iniciou o Foro Xeral de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1235-1270) e conde de Champagne (Teobaldo IV) e de Brie, fillo de Teobaldo I e de Margarida de Borbón. Accedeu ao trono navarro baixo a rexencia da súa nai, quen, en 1253, asinou o Tratado de Tudela co infante Afonso de Aragón, ratificado por Xaime I de Aragón en Monteagudo en 1254. Esta alianza permitiu a intervención de Xaime I para evitar a invasión castelá en Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha (7.607 h [2001]). Drenado polo río Mullidar e o regato de Tobarra, a súa economía baséase na agricultura e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra grande e plana que se coloca sobre os pés do hórreo para que os ratos non entren.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (11.187 h [2001]). Ten industria téxtil, auxiliar da construción, do metal e química, ademais de turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario, en galego e castelán, instituído pola Deputación Provincial da Coruña en 1989 para homenaxear o escritor ferrolán. Algúns dos gañadores foron Pedro Crespo con La muerte en la boca (1989), Víctor Freixanes con A cidade dos Césares (1992), Manuel Rivas con Que me queres, amor? (1995), Luisa Castro con Una patada en el culo (2004) e Andrés Barba con Versiones de Teresa (2005).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi rápido.
-
PERSOEIRO
Lexicógrafo. Licenciado en dereito, creou e dirixiu a Revista Internacional de Estudios Vascos (RIEV) (1907). Cofundador e membro da Euskaltzaindia (1919), tamén foi membro da Real Academia Española (1927). Das súas obras destacan El refranero vasco I: los refranes de Garibay (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Fundou a compañía de monicreques Teatro Buratini (1996), coa que representou os espectáculos para nenos Pazo de papel (2002), Palabras de caramelo (2003) ou Contos para todo o ano (2000). Destacan tamén as representacións de Xoguetes ou Pinocho, co Teatro Cachirulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político ecuatoriano. Foi presidente da república en cinco ocasións (1934, 1944, 1953, 1960 e 1968), pero non puido cumprir o seu mandato máis ca entre 1952 e 1956, pois nos outros catro mandatos foi derrocado polos militares.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no val do río Tinto (2.085 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Título peñorable representativo da propiedade dunha mercancía, xeralmente agrícola, depositada nun almacén ou nos peiraos.
-
Certificado de opción para subscribir, nun título de valor, durante un período ou a data fixa, e a un prezo fixo, determinados instrumentos financeiros, como accións ou obrigas da sociedade emisora ou do seu grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
xerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán II de Aragón.
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, condesa de Champaña e de Brie (1273-1304) e raíña de Francia, filla de Enrique I de Navarra e Branca de Artois. A súa nai foi a súa rexente ata 1284, ano en que casou co futuro rei de Francia Filipe IV (Filipe I de Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO