"Fernán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 808.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Licenciado en Belas Artes, foi profesor de debuxo no instituto Salvador de Madariaga e na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Cursou estudios de arquitectura. Realizou as reconstrucións artísticas de San Cosme de Maianca e San Xulián de Serantes. Ilustrou Escudos reales, municipales y nobiliarios de La Coruña (1967), de Carlos Martínez-Barbeito, e La Coruña en seis rutas (1975), de Teodoro Santodomingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Participou nos diversos movementos artísticos da década de 1970 e en 1980 integrouse en Atlántica participando nas súas exposicións. Desde os seus comezos artísticos, nos que realizou paisaxes, mostrou unha inclinación cara á abstracción. Cara   1983 comezou unha etapa artística na que realizou series de pinturas ao redor dun motivo concreto, como Río (1984), Toledo (1986), Figuras (1989) e Sombras (1991), caracterizadas polo expresionismo. O cumio desta etapa sitúase na súa participación na sección Áreas de Silencio da Bienal de Arte de Pontevedra de 1994. A partir de entón, experimentou con novas técnicas e recursos pitóricos. A súa paleta caracterízase pola sobriedade, en ocasións cunhas tonalidades fortes e con contrastes violentos. No eido dos encargos públicos, realizou, entre outras obras, as columnas do Berbés, a cúpula do Centro Comercial Plaza Elíptica e os xardíns de acceso á Estación Marítima de Vigo. Participou, entre outras mostras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Profesor na Escola de Capacitación Agraria de Ribadeo, foi alcalde desta localidade entre 1987-1995. Foi elixido deputado por Lugo no Parlamento de Galicia polo BNG na V e VI lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi presidente do Tribunal de Revisión de Penas en Oviedo durante a Guerra Civil Española e, posteriormente, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial da Coruña (1961). Colaborou en diversas publicacións, como El Universal, La Esfera, El Mundo, El Noroeste, La Voz de Galicia e Vida Gallega. Publicou La vieja y memorable Marineda (1951) e Semblanzas del banquillo. Crónicas de Audiencia Pública (1957). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. En 1856 foi ordenado sacerdote e en 1881 foi promovido á diocese de Tui. Fundador da Asociación de Salvamento de Náufragos para socorrer os mariñeiros, foi un activo carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e musicólogo. Colaborador de El Progreso no tema do ferrocarril, asinaba os seus artigos como Xan da Fouce. Autor de diversas pezas teatrais, como Viaxe perdido (1949), Chacuecadas (1961) e Andrómenas (1961), publicou un Dicionario galego da rima e galego-castelán (1950), que constituíu o primeiro dicionario específico galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Tacholas, desenvolveu a súa traxectoria en Arxentina, país ao que emigrou cando tiña vinte anos. Alí participou en diversos espectáculos realizados por agrupacións escénicas afeccionadas. En 1935 uniuse á compañía de Maruxa Villanueva, e participou en diversos espectáculos creados e dirixidos por Manuel Daniel Varela Buxán e na estrea de Os vellos non deben de namorarse (1941), baixo a supervisión do propio Castelao. Posteriormente, creou as compañías Boga-Tacholas, coa súa muller Maruxa Boga, e a Compañía de Arte Folclórico Galego, coas que presentou diversos espectáculos de tipo enxebre e costumista. En 1975 visitou Galicia e participou en diversos traballos, entre eles na versión que de Os vellos non deben de namorarse realizara o grupo Teatro Circo. Participou en máis de cincuenta películas, algunhas cos mellores directores de cine arxentinos, entre as que destacan Mariñeiros (1938), Chiruca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics. Coñecido como Kohell, nos seus inicios colaborou co grupo ourensán Frente Comixario. Realizou, entre outros, os debuxos de Impresiones de la Isla e Gorka e colaborou na antoloxía Comix 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico xeriatra. Foi presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella Española na Coruña, director da Revista Española de Geriatría y Gerontología e profesor de xeriatría nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. É autor de diversos traballos e libros sobre a súa especialidade e publicou Iniciación a la Geriatría (1981) e Salud Pública y envejecimiento (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro, probablemente de orixe galega. Desenvolveu a súa actividade en Portugal entre 1325 e 1350. Segundo a rúbrica da súa cantiga de escarnio tivo bens en Pavia, no distrito de Évora. Relacionouse con Johan de Gaia, Estevan da Guarda e o xograr Johan de León na corte do conde de Barcelos. Atribúenselle só dúas composicións recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor fragmentaria, que mantén os motivos tradicionais, e un escarnio político, que emprega o artificio das rimas macho-femia, un dos trazos característicos da escola galego-castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa carreira na compañía de María Guerrero, onde destacou como intérprete de diversas obras de Jacinto Benavente e onde iniciou unha longa traxectoria profesional. Foi unha das primeiras actrices españolas en ser convidadas a traballar en Hollywood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Lector xeral en Sagrada Teoloxía, foi catedrático en Santiago de Compostela. Foi custodio, ministro provincial e visitador da provincia de San Gregorio de Filipinas. En 1952 ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio, con categoría de encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Doutor en Filosofía e catedrático de escultura, foi o primeiro decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra ten matices surrealistas, entendida cunha vangarda con reminiscencias barrocas. Escribiu ensaios de arte cunha concepción filosófica, entre outros, Teoría bruta de la forma frágil: escritos adverbiales de arte, estética y enseñanza (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), iniciou a súa formación na Escola de Artes Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e co pintor Fernando Artal. Ampliou a súa formación no ámbito do deseño. Realizou unha obra de carácter conceptual e informalista que mostra o seu interese pola xeometría. Realizou as ilustracións de A casa da madriña (1993), de L. Bojunga. Participou, entre outras, na Bienal Caricatura Galega (Ourense, 1991) e na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra e no Salón de Outono da Coruña (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e crítico literario. Foi catedrático de Lingua Castelá na Universidad Autónoma de Madrid. Publicou numerosos estudios lingüísticos e literarios, entre os que cómpre destacar Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII (1949), Lope de Vega. Introdución a su vida y a su obra (1966), Lazarillo de Tormes en la picaresca (1972), Estudios de poética (1976), Estudios de lingüística (1980) e Dicionario de términos filológicos (1963). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1972 e director (1991-1998). Foi o coordinador de La cultura del libro (1983 e 1988) e durante a década de 1990 publicou De poética y poéticas (1990) e El dardo en la palabra (1997, Premio don Juan de Borbón). En 2003 publicou El nuevo dardo en la palabra. Foi distinguido como Comandeur dans l´Ordre des Arts et de Lettres de Francia e recibiu, ademais, a Creu de Sant Jordi e o Premio Aragón de las Letras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Estudiou en París cos mestres Jules Massenet, Camille Saint-Saëns e F. M.A. Gobinet de Villecholes. Compuxo música de cámara, sinfónica e óperas. Da súa produción destaca a ópera La catalane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Amigo de Picasso e de G. Braque, participou nas manifestacións cubistas. Representou personaxes e elementos mecánicos, mediante formas curvas e tubulares de cores inicialmente frías e posteriormente cálidas, entre os que sobresae a serie Contrastes de formes (1913). Durante a Segunda Guerra Mundial realizou cadros de acróbatas e ciclistas. Interesouse tamén polo cine, Ballet mécanique (1923-1924), a cerámica e o gravado. Ten un museo monográfico en Le Biot (Alta Savoia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora. Foi profesora de filosofía na Escola Normal de Ourense desde 1928 a 1945. Das súas publicacións destacan Compendio de Geografía General (1934), El padre Feijoo: sus ideas crítico-filosóficas (1935), El existencialismo en la educación (1959), El padre Feijoo: su magisterio (1967) e Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO