"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos bóvidos, ao que pertence o steenbok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punción que permite introducir un trocar entre dous arcos vertebrais da columna vertebral coa intención de evacuar o líquido cefalorraquídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Discípulo de G. Fauré, integrou a linguaxe musical de Mozart, Chopin, Borodin e Stravinskij, e incorporou elementos de música exótica en Schéhérazade (1903). Nas súas obras pianísticas evolucionou da complexidade de Jeux d’eaux (1901) á simplicidade de Sonatine (1905) e da suite Ma mère l’oye (1905). Escribiu dúas obras para escena, a ópera L’heure espagnole (1907) e a lírica fantástica L’enfant et les sortilèges (1925). En música de concerto amosou a súa vinculación ao neoclasicismo, en especial no Concerto en sol majeur (1931), para piano e orquestra. O seu talento de orquestrador púxose de manifesto na Rhapsodie espagnole (1907), no ballet Daphnis et Chloé (1909), nos célebres La Valse (1920) e Bolero (1927), e na transcrición orquestral dos Cadros dunha exposición, de Mussorgskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Profesor en París, experimentou sobre as transfusións de sangue, estudou a circulación das extremidades e describiu a enfermidade que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manufactura real creada en 1746 e que se instalou na porta de Santa Bárbara en Madrid. Nos ss XVI e XVII acudíase aos talleres flamengos. Co establecemento da real fábrica por Filipe V comezou a realización de cartóns en que traballaron os mellores pintores da corte, como A. R. Mengs, os irmáns Bayeu ou F. de Goya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número que indica os milímetros de álcali 0,1 normal que neutralizan os ácidos graxos volátiles e solubles en auga (butírico, caproico) de 5 g de graxa. É importante na análise da manteiga e dos seus sucedáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. Foi o primeiro autor en lingua vernácula e está considerado o pai da literatura polaca. Satírico, con finalidade moralizadora, da súa obra destacan Postylla (1577), Zwierzyniec (O bestiario, 1568) e Zwiercialdlo (O espello, 1568), ademais dun tratado filosófico-moral en prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Omisión dunha cousa que se podería dicir e non se di, ou non se di claramente.

      2. Figura retórica que consiste en deixar incompleta unha frase para dar a entender máis do que parece que se quere silenciar.

    1. Actitude prudente ou reservada que se adopta con respecto a algo.

      1. Delito, equivalente ao falso testemuño, que consiste en testemuñar parcialmente ou con reserva sobre feitos fundamentais dun caso ou para evitar prexuízos.

      2. Delito que consiste en omitir nun contrato cousas que determinarían condicións diferentes do mesmo contrato. No caso dun contrato de seguros, a reticencia do asegurado sobre o alcance e a natureza do risco comporta a súa anulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten reticencia.

    2. Que implica reticencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde en 1754 no convento da Coruña. Foi profesor de filosofía no convento de Gasteiz, mestre de estudantes en Lugo, e profesor de teoloxía en Tábara, Lugo e Ávila. Graduado en Teoloxía en 1781, foi durante tres trienios prior do convento da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política estadounidense. En 2001 converteuse en conselleira de seguridade nacional do presidente G.W. Bush, que a nomeou secretaria de estado en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elmer Reizenstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical renacentista, vinculada ao preludio, ao tiento, á fantasía e ás cancións. A súa orixe está na arte da variación cultivada polos instrumentistas do laúde e da viola de man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal e, unha vez rematados os seus estudos, sucedeu ao seu irmán como deputado no distrito da Estrada entre 1916 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Martínez-Risco Agüero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Cultivador de múltiples xéneros literarios, destacou como autor de novelas de folletín, e considérase, xunto con Roa Bárcena, o creador do conto mexicano. Os seus relatos foron reunidos postumamente en Los cuentos del general (1896). Escribiu tamén Tradiciones y leyendas mexicanas, en colaboración con Juan de Dios Peza, e a novela histórica e de costumes Calvario y Tabor (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Ingresou na Unión Liberal en 1858 foi deputado polo distrito de Ortigueira (1858-1863), pola sección da Coruña (1865-1871) e senador pola Coruña (1871-1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Tiñosa e Candieira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

    2. Alga da clase das rodofíceas.

    3. Clase de rodófitas integrada por algas pluricelulares de talo filamentoso ou laminar, moitas veces de estrutura complexa e xeralmente avermelladas. Teñen plastidios vermellos (rodoplastos) que conteñen, ademais de clorofila e carotenos, ficoeritrina e ficocianina. As súas paredes celulares están recubertas de mucilaxes a base de galactosa (ágar-ágar), algunhas delas con aplicacións industriais. Algunhas especies teñen incrustacións de carbonato cálcico e teñen importancia na formación de arrecifes coralinos. As súas células reprodutoras nunca son móbiles. Esta clase comprende unhas 4.000 especies de algas bentónicas, a maioría delas mariñas e especialmente abundantes nos mares cálidos e consta das subclases das banxiofícidas e das florideofícidas. Dalgúns dos seus xéneros obtéñense aditivos alimentarios texturizantes, como o ágar-ágar (a partir de especies dos xéneros Gracilaria e Gelidium) ou o carragheen (a partir de especies dos xéneros Chondrus,...

    VER O DETALLE DO TERMO