"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • ILLAS

    Illote da ría de Arousa situado ao S da Illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia que proporciona nome á serra do Galiñeiro e serve de límite ás parroquias (e concellos) de Zamáns (Vigo) e Vincios (Gondomar). O seu cumio acada os 701 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa que se estende en dirección N-S entre as parroquias de Zamáns (no concello de Vigo), Vincios e Morgadáns (Gondomar), Chenlo (O Porriño) e Ribadelouro (Tui). Constitúe o extremo setentrional dunha unidade tectónica que se prolonga cara ao S pola serra de Prado e o Monte Aloia, relacionada coa Depresión Meridiana: erguida con respecto a esta, conforma o rebordo occidental dun graben que na parte oriental pecha o Faro de Budiño. Culmina nos 709 m do Galiñeiro Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Chamoso en Arxemil (O Corgo). Trátase dunha ponte dun van con arco de medio punto e rasante alombada. Pertenceu ao antigo camiño real de Lugo a Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Pasarín, cos que aprendeu as técnicas do debuxo, a pintura ao óleo, a xilografía, a linografía, a augada e a sanguina, entre outras. As súas pinturas, bodegóns e paisaxes, evolucionaron dende os valores impresionistas da primacía da luz e da cor ata os expresionistas, onde a pincelada se fai máis longa e na que a pasta de cor é máis grosa. Realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e prehistoriador. Director do Museo do Pobo Galego. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1968). En 1967 ingresou na sección de Arqueoloxía e Prehistoria e en 1970 na de Etnografía e Folklore do Seminario de Estudios Gallegos, do que tamén foi bibliotecario (1974-1979). Foi bolseiro do CSIC, membro fundador do Museo do Pobo Galego, membro da comisión xestora do novo Seminario de Estudios Gallegos, patrón fundador da Fundación Castelao, do Padroado da Fundación Pedrón de Ouro e presidente do Consello Galego de Museos. Realizou traballos de campo e escavacións arqueolóxicas e participou en numerosos congresos. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial, Compostellanum e Boletín do COAG. Colaborou en Galicia Eterna (1980-1981) e Fermín Bouza-Brey: unha fotobiografía (1999) e escribiu De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). É académico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Miguel de Lira, estivo vinculado á compañía Chévere e á Sala Nasa, onde realiza labores de dirección e produción; entre eles, destacan Río Bravo, Máquina Total ou A rutina é o deber de todas as criaturas. Co Centro Dramático Galego participou en espectáculos como O mozo que chegou de lonxe (1988) e Salomé (1989). Tamén actuou na serie Mareas vivas da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo e teórico da lingua británico. Aprendeu exipcio antigo na Sorbonne con G. Maspéro e revolucionou a transcrición e elucidación dos textos literarios do antigo exipcio. Editou o The Journal of Egyptian Archaeology (1916-1921, 1934 e 1941-1946). Escribiu, entre outras obras, Egyptian Grammar (1927), un traballo que trata o exipcio medio e unha nova e particular mirada sobre as fontes dos xeroglíficos, The Theory of Speech and Language (1932), The Theory of Proper Names (1940) e Ancient Egyptian Onomastica (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés. En 1964 fundou o Monteverdi Choir e, dedicado á música dos ss XVII e XVIII, levou a cabo numerosas edicións e interpretacións de J. Ph. Rameau e Ch. W. Gluck. Así mesmo, dirixiu a Orquestra da Radio de Vancouver e a Ópera de Lyon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e político inglés. Iniciou a súa carreira política como secretario de T. Wolsey, a quen acompañou na súa viaxe a Roma (1528) para obter a anulación papal do matrimonio entre Enrique VIII e Catarina de Aragón. Nomeado secretario de Estado e bispo de Winchester en 1531, xustificou a supremacía do poder real sobre os asuntos eclesiásticos, aínda que permaneceu fiel á Igrexa Católica e foi abandeirado da oposición ao protestantismo. Durante o reinado de Eduardo VI, prendérono (1548) e depuxérono da dignidade episcopal (1551), pero trala chegada ao poder de María I de Inglaterra, foi restablecido na sede de Winchester e nomeado gran chanceler do Reino (1553). Das súas obras destacan De vera obedientia (1535) e Palinodia (1554).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar dedicado á venda de gasolina e doutros combustibles, especialmente para vehículos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santa Comba de Carnota (Carnota) e Serres (Muros). O seu cumio acada os 432 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabreira (Salvaterra do Miño). Ten planta en forma de U. Unha das ás laterais constitúe a torre de planta cadrada, que ten pegada unha escaleira que leva ao corpo central, mentres que a outra á é de construción recente e ten unha galería con arcos nunha das súas fachadas. Na porta conserva unha inscrición cunha data do s XIX non lexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e escritor. Identificouse coas ideas krausistas de Julián Sanz del Río, Fernando de Castro e Nicolás Salmerón. Obtivo a cátedra de Dereito Internacional (1866), pero en 1867 renunciou a ela por solidariedade con Sanz del río, Fernando de Castro e Salmerón, depostos por terse negado a seguir as directrices do ministro Orovio (facer profesión de fe relixiosa, política e dinástica). Volveu ocupar a súa cátedra (1868) e participou na reforma do ensino. Fundou o Boletín-revista de la Universidad de Madrid (1873), principal órgano do pensamento krausista. Coa Restauración foi arrestado (1875) por non acatar as normas do ministro Orovio. De regreso a Madrid, foi un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza (ILE, 1876). O seu ideario educativo pasa polo humanismo liberal e a súa defensa da coeducación e da autonomía e extensión universitaria. O galego Xoán Vicente Viqueira, sobriño de Manuel Bartolomé Cossío, foi alumno seu na ILE; a través da amizade entre Bartolomé Cossío...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e político, irmán de Francisco Giner de los Ríos. Baixo a influencia krausista, colaborou coa Institución Libre de Enseñanza, onde deu clases de retórica. Militou no partido republicano e no radical, e en máis dunha ocasión foi elixido deputado a Cortes e tenente de alcalde de Barcelona. A súa actuación na comisión de cultura de Barcelona caracterizouse polo impulso da infraestrutura escolar, das colonias escolares, das bibliotecas e das campañas para impulsar o laicismo, onde sempre defendeu o criterio de neutralidade relixiosa. Escribiu sobre arte e pedagoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Os seus intereses científicos estiveron dirixidos á teoría social e ao estudo macrosociolóxico das sociedades avanzadas. Publicou, entre outros títulos, Historia del pensamiento social (1967) e Sociología (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado a poñente da capital provincial (8.634 h [1996]). Destaca a agricultura (oliveiras, viña, cereais e legumes) e as industrias derivadas. Coñecida en época romana co nome de Vergelium Lulii Genitoris, foi señorío dos Zúñiga ata o s XVI, época na que pasou aos Guzmán. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Rosalía (1723), a facenda do Santo Ángel (s XVIII) e o palacio do conde de Gines (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora e escritora. Especializouse na ilustración de libros infantís e xuvenís. Dirixe a revista Tretzevents e é autora de obras como L’oca d’or (1984), dos irmáns Grimm, Valentina (1988), En Patufet (1988), Txa-txa-txà (1994), Blanc o negre (1997), La bruixa dels panellets (1996) e a serie sobre Pau i Pepa. Recibiu, entre outros, o Premio Lazarillo (1987) e o Premio Nacional de Ilustración (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO