"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Político e historiador. Afiliado ao PSOE, creou a Escola Nova, e en 1921 foi un dos fundadores do Partido Comunista Obrero Español. Da súa produción destaca Notas sobre el movimiento obrero español (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na Compañía de Xesús, da que posteriormente saíu por problemas de saúde. Como poeta afastouse do costumismo e do modernismo imperante, e as súas características artísticas foron as dun romanticismo tardío pero posuidor dunha gran propensión lírica. Asumiu unha gran variedade de formas métricas e cultivou versos de diferentes medidas, como heptasílabos, hendecasílabos ou alexandrinos. Publicou algúns traballos líricos baixo o pseudónimo de Ma-Nu-Gon en O Tío Marcos da Portela, dos que destacan “Alborada”, “Os amores da terriña” e “Aurora dun puro amor”. Tamén tirou do prelo Salaios. Versos gallegos (1895), cunha clara influencia de Follas Novas de Rosalía de Castro; Efusivas (1908), escrita en castelán; e a monografía La poesía popular gallega (1894), premiada en Pontevedra en 1892. Foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Catedrático de Historia da Arte e membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, publicou Arquitectura prerrománica (1978), co que obtivo o Premio da Crítica Galega en 1979. Ademais é autor de La idea de inmortalidad en la escultura gallega: la imaginería funeraria del caballero, s. XIV-XV (1985), Las Claves del arte bizantino y prerrománico (1991), O Refectorio do pazo de Xelmírez (1996), Casa, calle, convento: iconografía de la mujer bajomedieval (1997) e Santiago, la catedral y la memoria en el arte (2000). Recibiu o Premio Martín Códax no apartado de investigación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1998 e membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), coordina o Comité Técnico de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Foi coautor de Vocabulario do medio físico (1988), O galego e a información (1996) e O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (1998). Escribiu tamén a obra de teatro O achado do castro (1991) e a novela Mar de fondo (1997). Recibiu o Pemio Xiria de creación teatral (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Pico, foi presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Galicia. Traballou en obras de numerosas compañías, como DITEA, O Moucho Clerc ou o Centro Dramático Galego, de onde destacan A noite vai coma un río (1986), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991), Hostia (1995), Si o vello Simbad volvese as illas (1999) ou O ano do cometa (2004). Participou en diversas producións cinematográficas, como Esperanza (1986), Divinas palabras (1987), Sempre Xonxa (1989), A lingua das bolboretas (1999), Unha luz encendida (2000) e A vida que che espera (2004), e en series de televisión como Pratos combinados, O veciño do xoves, Os outros feirantes e Mareas Vivas. Recibiu o Premio María Casares ao mellor actor secundario (2000) e ao mellor actor protagonista (1999 e 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Utilizou grandes campos cromáticos nas súas obras, que se moven entre o abstracto e o xeométrico. Destaca a serie Fragmentos de un diario gráfico (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Formado no Club Tennis La Salut, gañou a Orange Bowl en 1967, ano en que debutou no equipo español de Copa Davis e foi campión júnior de Wimbledon. Campión de España en seis ocasións (1967, 1970, 1971, 1974, 1975 e 1979), e do trofeo Conde de Godó en tres (1969, 1970 e 1976), en 1974 foi finalista en Roland Garros. Conseguiu ao longo da súa carreira 33 títulos individuais e 24 en dobres. Despois de gañar o Open de EE UU (1975) en Forest Hill e o Masters (1976), en 1980 abandonou a alta competición e dedicouse ao ensino de tenis. Foi capitán do equipo español de Copa Davis (1988-1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Lingua Inglesa na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (2002). Colaborador habitual de revistas especializadas como Resla, Stvdium e Anglo-american Studies, publicou diversos libros, dos que destacan Glosario técnico-naval (1973), Construciones con nexos relativos en el inglés contemporáneo (1989), On translation historical aspects, interpretability and linguistic trifles (2001), Current trends in linguistics. An english morphology based study (2002) e Debate lingüístico. Otto Jespersen (1860-1943) (2003). En 1992 recibiu unha Mención da Universidad de Extremadura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Orovio. Foi ministro de Fomento (1865-1868 e 1874-1875) e de Facenda (1868 e 1877-1880). Realizou un cambio no ensino universitario que afectou aos planos de estudo e á eliminación de determinadas facultades. Estableceu o decreto de 26 de febreiro de 1875 polo que todos os profesores debían suxeitarse aos textos oficialmente autorizados e someter os programas das súas disciplinas á aprobación do goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Realizou estudos de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Director do programa cultural Galicia Enteira, emitido na TVG desde xullo de 1995, foi xefe do gabinete de prensa da CRTVG, onde promoveu e dirixiu a revista da compañía, CRTVG. Tamén ocupou os cargos de xefe de prensa do Mundobasket 86 e da Cámara de Comercio de Ferrol. Recibiu o 3º Premio de Xornalismo Gastronómico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Manolo Caracol, iniciouse no canto flamenco desde moi novo, xa que o seu pai tamén era cantante. Despois de gañar un concurso de canto marchou a Madrid, onde traballou en diversas compañías de variedades. En 1943 formou parella artística con Lola Flores, coa que realizou os filmes Embrujo (1946) e La niña de la venta (1951). Gravou varios discos, entre os que destaca Una historia del cante (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Dirixiu as colonias escolares do Sanatorio Marítimo Nacional de Oza dos Ríos e participou no Congreso Pedagóxico da Coruña (1926). Ademais das obras literarias Prosas aladas del jardín interior (1916), De mi breviario lírico (1921), Salterio Triunfal (1922) e Quiso robar una estrella (1923), escribiu tamén Colonias Escolares. La experiencia de Oza de los Ríos (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e xornalista arxentino. Doutorouse na Universidad de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891), e especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910) e foi redactor e fundador do xornal compostelán Pero-Grullo (1888). Escribiu La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual (1900) e Resección total y bilateral del simpático del cuello (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación na Universidade de Santiago de Compostela desde 1995, entre 1994 e 2003 dirixiu a Escola de Formación de Profesorado de Lugo. Especializouse no estudo da Institución Libre de Enseñanza e desenvolveu ademais liñas de investigación relacionadas coa historia do excursionismo escolar e as conexións entre infancia e educación militarista. Das súas publicacións destacan Las Misiones Pedagógicas: una experiencia de educación popular (1982), Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador (1994), Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa (1994), Francisco Giner de los Ríos Religius’ Conception of Religius Education: Insights Afforded by an unpubliched Text (1999), La formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico (2000), Francisco Giner, a escola primaria e a universidade (2001) e Giner y Cossío en el verano de 1883. Memoria de una excursión...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo mexicano. Influído polos poetas clásicos, como Horacio ou Virxilio, consolidouse como autor nunha liña paralela ao modernismo mexicano. Da súa obra destacan El himno de los bosques (1891), La noche rústica de Walpurguis (1897), Poemas rústicos (1902) e Idilio salvaxe (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario e escritor. Foi xefe da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu, ademais de diversas biografías, Manual de biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX (1859), Al Batallón de Literarios: Romance histórico (1875) e Hijos ilustres de la Universidad de Santiago (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.