"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Persoa especialista en radioastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido tamén como Ansky, máis que polas súas narracións en lingua jiddisch fíxose famoso co drama Dibbuk (1916), que ofrece unha rica galería de costumes xudaicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se utiliza no curso dunha autopsia para abrir a canle raquídea e extraer a medula sen lesionala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johann Müller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e filólogo francés. Foi profesor na École du Louvre e na École Française d’Athènes e director do Musée des Antiquités Nationales en Saint-Germain-en-Laye (1902-1932). Foi autor de numerosos traballos eruditos e, entre outras obras, de Apollo, histoire générale des arts plastiques (1904) e Orpheus, histoire générale des religions (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo lectoral de Lugo e bispo de Mondoñedo (1753-1761). Promoveu a construción do palacio episcopal e fomentou o estudo de teoloxía moral entre os cóengos da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de raíz.

    2. Cordón de micelio con forma de raíz, que aparece nos fungos ascomicetos e basidiomicetos, e con crecemento apical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rizóstomos.

    2. Cnidario da orde das rizóstomos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos escifozoos, que se caracterizan polo gran número de ostíolos que se abren na superficie dos seus oito apéndices ramificados, que en realidade son brazos bucais moi modificados. O máis coñecido é a medusa azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está truncado ou sen punta.

    2. Que lle custa entender as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e escritor. Membro do colectivo poético Rompente, participou na obra conxunta deste colectivo titulada Galletas Kokoschka non (1979), coa que pretendían experimentar con novas formas. No apartado audiovisual colaborou co grupo musical Siniestro Total e realizou diversos traballos para a TVG. Escribiu Anaí, o conto (1983), en que incluíu unha partitura de Enrique Macías; o poemario Miniaturas (1987), formado por composicións moi breves nas que introduce unha trama amorosa, acompañadas de pequenas prosas con algún monólogo interior e textos de carácter cinematográfico; e Et finira le jour de son commencement (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e sacerdote. Foi avogado da Audiencia da Coruña, membro do Real Consello de Facenda e do Consello de Castela e abade de Alcalá la Real. Escribiu Tractatus de regia protectione vi oppressorum a causis judicibus ecclesiasticis (1627), Larynthus creditorum... concurrentium (1651) e Tractatus de supplicatione ad sanctissimun a literis et bullis apostolicis, in perniciem reipublicae, regni, aut regis, aut juris tertii praejudicium impetratis: et de earum retentione interim in senatu (1664).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do hebreo Shelômôh, a través do latín eclesiástico Salomon, ‘amante da paz, feliz’, de shâlôm, ‘paz, saúde, felicidade’. De aquí procede tamén o nome persoal árabe e turco Sulaymân (Solimán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Israel (970-931 a C), fillo de David e de Betsabé. O seu reinado foi próspero para Israel, fomentou as relacións con Exipto, Arabia, Fenicia, Edom e Damasco e non emprendeu ningunha guerra. Construíu o templo de Xerusalén e a tradición bíblica atribúelle varios libros sapienciais, de época moi posterior á súa, como o Cantar dos cantares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Pioneiro do fotoxornalismo moderno, doutorouse en Dereito (1913) e comezou tomando imaxes nos tribunais (1927) cunha cámara Ermanox, coa que retrataba sen ser advertido. Retratou (1930) a parte menos coñecida do mundo político e cultural en Alemaña, Francia, Inglaterra e EE UU, e traballou para a editorial Ullstein (1918-1925) e as publicacións Berliner Illustrierte Zeitung, Fortune ou New York Times. Emigrado en Holanda (1934) pola persecución nazi, foi detido en Amsterdam e executado en Auschwitz (1944). Publicou Berühmte Zeitgenossen in Unbewachten Augenblicken (1931) e a Deutsche Geselischaft für Photographie creou uns premios co seu nome (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Melanesia, no Pacífico suroccidental, formado por unha dobre aliñación montañosa con dirección NO-SL (39.061 km2). As principais illas son Bougainville, Choiseul, Santa Isabel, Malaita, Guadalcanal, San Cristobal, Buka e New Georgia. Todas pertencen ao estado das Illas Salomón, agás Buka e Bougainville que forman parte de Papua Nova Guinea. De clima ecuatorial, están cubertas de bosques espesos e sabana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Estado insular do SO de Oceanía, ao L de Papua Nova Guinea (28.370 km2; 460.000 h [estim 2001]. A súa capital é Honiara (43.643 h [1996]).
    Xeografía
    A maioría das illas que compoñen este estado son de orixe volcánica e montañosas. A máxima altitude é Guadalcanal con 2.440 m. O clima é ecuatorial e a pluviosidade é abundante. As chuvias, moi frecuentes, provocan a erosión do solo. Os arrecifes de coral están sendo fortemente danados. A pesca de atún e a agricultura de subsistencia constitúen as actividades tradicionais. Os principais cultivos son a palma de aceite, a copra, os cocos, o cacao, o arroz e a batata. A gandaría está composta por gando porcino e ovino. Existen xacementos de ouro. As manufacturas limítanse á elaboración de aceite de palma, copra, tabaco e peixe. Honiara é o primeiro porto e aeroporto do estado. A moeda é o dólar das illas Salomón. País pouco poboado (16,2 h/km2), presenta un alto crecemento natural (31,8‰).
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Salomón ou á súa dinastía.

    2. Membro dunha dinastía dos negus de Etiopia inaugurada por Yekuno Amlad (1270-1285), que defendía a súa descendencia do Rei Salomón e da raíña de Saba.

    3. Xuízo sabio e imparcial, incluso ríxido na súa imparcialidade, como o que lle fixo Salomón a dúas prostitutas que reclamaban como fillo propio un mesmo neno acabado de nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e poeta. Traballou en El Diario Español, El Español, La Época, El Siglo Futuro e El Correo Español. Entre a súa obra poética destaca “El destino español” e os catro poemas galegos que figuran no Álbum de la Caridad, “O vello churrusqueiro”, “O chorar de Sabela”, “O amor de Minga” e “Á memoria do inspirado autor do Desconsolo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor do poema en prosa rimada Neum Ašer ben Yehudà.

    VER O DETALLE DO TERMO