rizóstomo -ma

rizóstomo -ma

(< lat científico Rhizostoma)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rizóstomos.

  2. s m [ANIMAL]

    Cnidario da orde das rizóstomos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de cnidarios, da clase dos escifozoos, que se caracterizan polo gran número de ostíolos que se abren na superficie dos seus oito apéndices ramificados, que en realidade son brazos bucais moi modificados. O máis coñecido é a medusa azul.

Palabras veciñas

rizón | rizópodo -da | rizosfera | rizóstomo -ma | rizotomía | rizotónico -ca | Rizzo, Antonio