rizópodo -da

rizópodo -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos rizópodos.

  2. s m [PROTISTA]

    Protozoo da superclase dos rizópodos.

  3. s m pl [PROTISTA]

    Superclase de protozoos sarcomastigóforos integrada por dous tipos de especies, unhas carentes de membrana ríxida, e as outras con esqueleto. Teñen case sempre un só núcleo e presentan vacúolos dixestivos e contráctiles, de nutrición heterotrófica e reprodución xeralmente por escisión, malia que foron observados algúns estadios flaxelados ou sexuais nos seus ciclos biolóxicos. Presentan pedoxénese e, a miúdo, enquistamento, e pseudópodos de tipo filamentoso, sen eixe interno, que ao se entrecruzar forman unha rede. Hai especies mariñas e de auga doce, algunhas son moi importantes nos sedimentos peláxicos (lama de radiolarios) e na identificación de estratos (formacións petrolíferas).

Palabras veciñas

rizomenon | rizomorfo -fa | rizón | rizópodo -da | rizosfera | rizóstomo -ma | rizotomía