"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

    1. Relativo ou pertencente á dinastía pipina.

    2. Membro da dinastía do Reino de Austrasia que descendía de Pipino de Landen, e que deu orixe á dinastía carolinxia. O seu fillo Grimoaldo destronou o merovinxio Dagoberto II para concederlle o trono ao seu fillo Khildeberto, pero foron asasinados (656?). Do matrimonio de Begga, irmá de Grimoaldo, con Ansexiselo, fillo de Arnulfo, bispo de Metz, naceu Pipino de Heristal, quen unificou os reinos francos (687). Á morte do seu sucesor Teodobaldo (714), Carlos Martel destronou a viúva rexente Plectruda (719). A partir de 741 as terras quedaron divididas entre Carlomán e Pipino I, quen tiveron que consentir a restauración do Reino Merovinxio (743). Os fillos de Pipino, Carlomán e Carlomagno, repartíronse ao reino (768) e formouse o Imperio Carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mordomo de palacio de Austrasia, duque de Austrasia, neto de Pipino de Landen. Á morte de Dagoberto II (678), dominou todo o reino. Vencido polo neustriano Ebroín (680), posteriormente apoderouse de Neustria coa vitoria de Testry (687) sobre Teodorico III e converteuse en mordomo, único e verdadeiro señor de Austrasia e Neustria. Retirou os frisóns ao N do Rin e evanxelizounos coa axuda de Willibrord (695).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mordomo de palacio de Austrasia. Durante os reinados de Clotario II (613-629) e de Dagoberto I (623-639), repartiu o poder­ con Arnulfo, bispo de Metz (615-640). Exiliado temporalmente a Neustria, asumiu de novo o cargo, á morte de Dagoberto I (639).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Breve (? 714 - Saint-Denis, Île-de-France 768) Rei dos francos (752-768), fillo de Carlos Martel, de quen herdou (741) o cargo de mordomo de palacio e os territorios de Borgoña, Neustria e Provenza, mentres que o seu irmán Carlomán recibía igualmente o cargo de mordomo e Austrasia, Alemaña e Turinxia, e con quen compartiu o poder ata 747, e en 752, despois do desterro de Khilderico III de Neustria-Austrasia-Borgoña, derradeiro rei merovinxio, foi proclamado rei en Soissons, e iniciou así a dinastía carolinxia. Ao ano seguinte foi consagrado de novo polo Papa Estevo II en Saint-Denis, consagración que se estendeu á súa muller Berta e aos seus fillos Carlos e Carlomán. En 759, os godos de Narbona entregáronlle a cidade, feito que reflectiu o seu dominio sobre a Septimania e o Rosellón ata a serra de Albera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aquitania (817-838), fillo de Ludovico Pío e de Ermengarda. En 817 recibiu o goberno, a título de rei, de Aquitania, a marca de Tolosa e algúns condados en Borgoña. A nova distribución que en 820 realizou o emperador sobre os seus estados atopouse coa oposición dos seus fillos. Morreu dous anos antes ca o seu pai e os seus dereitos foron asumidos polo seu fillo Pipino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (781-810), fillo de Carlomagno. Foi coroado en Roma polo Papa Adrián I (781). Loitou contra os ávaros (796) e tomou parte na campaña de Baviera (797). Despois da súa morte, o Reino de Italia volveuse unir ao Imperio Carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aquitania, fillo e herdeiro de Pipino I de Aquitania. Foi proclamado rei por algúns señores de Aquitania en oposición a Carlos II o Calvo. Estivo ao lado do seu tío Lotario I, contra Luís II de Alemaña e Carlos II o Calvo, na Batalla de Fontenoy-en-Puisaye (841), pero Lotario I abandonou cando os tres irmáns se puxeron de acordo en Verdun (843). En 845, polo Tratado de Saint-Benoit-sur-Loire, Carlos cedeulle toda Aquitania agás Poitou, Santogne e Angoumois. O mal goberno dos ministros e a súa neglixencia deron lugar a unha revolta que permitiu a intervención de Carlos II o Calvo (848), que desposuíu a aqueles dos seus estados, que recobraron en 850. Aliouse cos normandos e sarracenos para facerlle fronte ao seu tío e isto descontentou aos seus súbditos, que o abandonaron (852) e aceptaron novamente a señoría de Carlos. Caeu en mans deste, quen o fixo ingresar como monxe en Saint-Médard. Fuxiu do mosteiro e volveu reinar do 853 ao 855, e aínda noutras ocasións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá e de Alasca (840 km) que nace preto das montañas Mackenzie e desemboca pola dereita do Yukon, en Alasca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castrelo de Abaixo (Riós). O seu cumio acada os 792 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que camiña con moito tino coidando onde pousa os pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Morillas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 766 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao que precede ás cadeas montañosas dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Le petit prince.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena gratificación voluntaria que se dá para recompensar un servizo.

    2. Cantidade que, sobre o prezo establecido, se dá por algún servizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar ou inflixir algo desagradable ou doloroso, especialmente golpes ou castigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está próximo no espazo ou no tempo.

    2. Que ten un parentesco próximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade dos infernos na mitoloxía romana, que se corresponde coa grega Perséfone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide secundario do opio, do grupo da criptopina. É unha substancia branca, cristalina, sen apenas interese farmacéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarta parte do Liber Sancti Iacobi (s XII), de temática xacobea, tamén coñecido como Crónica de Turpin, pois está atribuído ao arcebispo de Reims, Turpin. Constitúe un texto épico que narra a liberación do Camiño de Santiago polo Emperador Carlomagno e que está moi vinculado aos cantares de xesta franceses, como a Chanson de Roland. Circulou de forma independente por toda Europa e deu pé a diversas crónicas francesas e islandesas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia (1.031 km2; 1.313.449 h [2000]). A súa capital é Pinang.

    VER O DETALLE DO TERMO