Pipino I de Aquitania

Pipino I de Aquitania

Rei de Aquitania (817-838), fillo de Ludovico Pío e de Ermengarda. En 817 recibiu o goberno, a título de rei, de Aquitania, a marca de Tolosa e algúns condados en Borgoña. A nova distribución que en 820 realizou o emperador sobre os seus estados atopouse coa oposición dos seus fillos. Morreu dous anos antes ca o seu pai e os seus dereitos foron asumidos polo seu fillo Pipino.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Poitiers