"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Edificio no que cumpren as penas de privación de liberdade as persoas que cometeron un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada de vixiar as persoas que están no cárcere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito sincárpico, globuloso, unilocular, indehiscente e polispermo, característico do tileiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos lámnidos ao que pertence a quenlla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nunha zona montañosa drenada polo río Granada (1.564 h [1996]). O cultivo de oliveiras e a fabricación de xabón son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Ecuador, drenada polo río Carchi (3.605 km2; 160.983 h [1997]). A súa capital é Tulcán (37.069 h [1990]). A principal actividade económica é a agricultura, cultivos de millo, trigo, patacas, cebada e azucre. Ten pequenas explotacións mineiras (sal xema) e as manufacturas téxtiles e os produtos lácteos son as principais industrias. A vía de comunicación máis importante é a estrada panamericana que atravesa a provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cangrexo’ e ‘cancro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ou relativo ao cancro.

    2. Tumor constituído por acumulacións densas de células de volume uniforme que, polo xeral, presentan unha reacción arxirófila con conversión dun sal de prata en prata metálica. É de crecemento lento e pode afectar, en primeira instancia, ao intestino, ao estómago, aos bronquios, aos ovarios, aos testículos, ao páncreas, á tiroide, etc; despois pode realizar metástase, sobre todo no fígado. O tumor carcinoide é un apudoma que pode sintetizar substancias bioloxicamente activas como serotonina, bradicinina, histamina e hormona adrenocorticotrópica.

    3. Manifestación clínica do tumor carcinoide caracterizada por crise de rubor cutánea na cara e no pescozo, taquicardia, diarrea, lesións nas válvulas cardíacas, telanxiectase e broncospasmo. O diagnóstico confírmase comprobando un aumento da excreción urinaria de ácido 5-hidroxiindolacético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor epitelial maligno con tendencia a infiltrar os tecidos lindeiros e a producir metástases por vía linfática ou sanguínea. Pode afectar a calquera órgano do corpo. Se as células epiteliais onde se orixina forman glándulas, recibe o nome de adenocarcinoma.

    2. Tumor epitelial relativamente pouco maligno aínda que, segundo as estatísticas, é o cancro de pel máis frecuente (o 75%). Forma un nódulo cutáneo que pode ulcerarse, pero sen producir metástase. É propio das persoas de idade avanzada.

    3. Teratoma maligno.

    4. Tumor maligno da pel que presenta diferenciación escamosa e adoita producir queratina. Deriva con frecuencia de ceratoses actínicas ou solares, forma nódulos cutáneos e pode producir metástases.

    5. Tumor maligno do tecido epitelial que non sobrepasa os límites da membrana basal. A escisión cirúrxica comporta a curación definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao carcinoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor maligno formado por elementos carcinomatosos e sarcomatosos.

    2. Tumor de Wilms.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeneralización dun carcinoma mediante metástase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo xerador de microondas que funciona grazas á interacción prolongada dun feixe electrónico e dunha onda electromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • canceríxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cangrexos braquiúros de cuncha hexagonal de cor verde ou castaña, que acada os 4 cm de lonxitude e presenta cinco dentes nas marxes. Vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías e soporta variacións de salinidade e certo grao de contaminación. Nas costas galegas está presente a especie C. maenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • François Carcopino-Tusoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. couza.

    2. Fungo da orde das ustilaxinais, parasito das poáceas; as hifas poden invadir toda a planta e producir esporas semellantes a po negro nas súas flores ou inflorescencias.

    3. Mancha de humidade provocada pola presenza de fungos acompañada sempre de mal olor, produto da fermentación, que aparece na roupa cando se garda húmida.

    4. Espiga de millo pequena, de mala calidade e con poucos grans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Empregou o pseudónimo de Francis Carco e publicou os poemarios La bohème et mon coeur (A bohemia e o meu corazón, 1912); os libros de memorias De Montmartre au Quartier Latin (De Montmartre ao Barrio Latino, 1927) e Bohème d’artiste (Bohemia de artista, 1946); as novelas Jesús la Caille (1914), L’equipe (A banda, 1919), L’homme traqué (O home acosado, 1922) e Perversité (Perversidade, 1925); e a biografía novelada Le roman de François Villon (A historia de François Villon, 1926), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO