carcinoide
(< carcin(o)
-
adx
Semellante ou relativo ao cancro.
-
s
m
[PAT]
Tumor constituído por acumulacións densas de células de volume uniforme que, polo xeral, presentan unha reacción arxirófila con conversión dun sal de prata en prata metálica. É de crecemento lento e pode afectar, en primeira instancia, ao intestino, ao estómago, aos bronquios, aos ovarios, aos testículos, ao páncreas, á tiroide, etc; despois pode realizar metástase, sobre todo no fígado. O tumor carcinoide é un apudoma que pode sintetizar substancias bioloxicamente activas como serotonina, bradicinina, histamina e hormona adrenocorticotrópica.
-
síndrome carcinoide
[PAT]
Manifestación clínica do tumor carcinoide caracterizada por crise de rubor cutánea na cara e no pescozo, taquicardia, diarrea, lesións nas válvulas cardíacas, telanxiectase e broncospasmo. O diagnóstico confírmase comprobando un aumento da excreción urinaria de ácido 5-hidroxiindolacético.