Carchi

Carchi

Provincia do Ecuador, drenada polo río Carchi (3.605 km2; 160.983 h [1997]). A súa capital é Tulcán (37.069 h [1990]). A principal actividade económica é a agricultura, cultivos de millo, trigo, patacas, cebada e azucre. Ten pequenas explotacións mineiras (sal xema) e as manufacturas téxtiles e os produtos lácteos son as principais industrias. A vía de comunicación máis importante é a estrada panamericana que atravesa a provincia.

Palabras veciñas

carcérula | Carcharodon | Cárcheles | Carchi | carcino- | carcinoide | carcinoloxía