"RCA" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 608.

  • GALICIA

    Comarca rural situada na parte occidental do interior da provincia da Coruña (42° 56’ 57’’ N - 8° 04’ 59’’ O. Limita ao N coa comarca de Bergantiños (Coristanco), ao L coas de Ordes (Tordoia), Santiago (Val do Dubra), A Barcala (A Baña e Negreira), ao S coas comarcas de Noia (Outes) e Muros (Muros e Carnota) e ao O coas da Terra de Soneira (Zas) e Fisterra (Dumbría). Abrangue 391 km2cunha poboación de 16.563 h [2001] distribuída nos concellos de Mazaricos (187,3 km2; 5.769 h [2001]) e Santa Comba (203,7 km2; 5.769 h [2001]). A vila de Santa Comba é a reitora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
    Xeografía física
    Xallas constitúe un territorio intermedio dentro da provincia da Coruña entre as terras que descenden cara á costa atlántica, ao N, e as que forman as comarcas que rodean o río Tambre. Trátase dunha extensa chaira pola que discorre o curso do río Xallas. Unha meseta perfectamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundador dunha familia, liñaxe ou especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ocupa un lugar de autoridade na xerarquía dunha organización, especialmente referido á Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeiro dos antigos catro patriarcados orientais, creado no Concilio de Calcedonia (451) que subtraeu a Palestina na xurisdición de Antioquía. Quedou baixo a órbita de Constantinopla e sempre tivo patriarcas ortodoxos. Coa unión dos melquitas a Roma (s XVIII), instituíuse un patriarcado católico de rito bizantino. En 1847 Roma creou un patriarcado latino que aínda perdura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote e príncipe dos xudeus, fillo de Simón Macabeo. Recoñeceu a soberanía de Antíoco VII pero, tras a súa morte conquistou Siquem e impúxose aos idumeos, que se xudaizaron. Conseguiu independizarse de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1481-1513), de Noruega (Xoán I; 1481-1513) e de Suecia (Xoán II; 1497-1501), fillo e sucesor de Cristián I. Apoderouse do ducado de Holstein, que compartiu co seu irmán Federico. En 1497 sucedeu a Sten I no trono de Suecia, pero unha revolta expulsouno do país en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe clupeiforme, duns 50 cm de lonxitude, co corpo comprimido lateralmente e unha quilla ventral de escamas fortemente carenadas. É azul verdosa no dorso, prateada nos flancos e na zona ventral e amosa unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo. Aliméntase de zooplancto e é unha especie anádroma que penetra nos grandes ríos durante a primavera para realizar a desova. En Galicia atópase durante a desova nos ríos Miño, Ulla e Umia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo de aliaxe de circonio que se emprega para formar unha barra de combustible que se utiliza nos reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO