"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Profesor de química en Heidelberg, ideou o método de Carius para a análise cuantitativa de halóxenos na materia orgánica, que se basea na conversión destes en haluros de prata pola acción do ácido nítrico concentrado en presenza de nitrato de prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Temerario (Dijon 1433 - Nancy 1477) Duque de Borgoña (1467-1477), fillo e sucesor de Filipe o Bo e de Isabel de Portugal. Participou na Liga do Ben Público contra Luís XI de Francia e, a través do Tratado de Conflans (1465), conseguiu a vila de Somme e o protectorado borgoñón de Liexa e, polo Tratado de Péronne (1468), acadou a exención de Flandres da xurisdición do Parlamento de París. A rivalidade con Luís XI, sen embargo, proseguiu cunha serie de accións bélicas separadas por treguas. Non conseguiu do Emperador Federico III a concesión da dignidade real, malia que dominou un vasto territorio que foi incrementando durante a súa vida. Sexismundo, duque de Austria, declaróuselle vasalo e polo Tratado de Saint-Omer de 1469 entregoulle a Alta Alsacia, Sundgau e o condado de Pfirt. Renato de Lorena tivo que cederlle diversas prazas fortes en 1473. Tamén incorporou ao estado borgoñón o ducado de Gelderland e o de Zutphen (1473). Axudou o arcebispo Ruprecht de Colonia...
-
PERSOEIRO
Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista francés. Ligado á corrente positivista, foi partidario dun formalismo absoluto. Escribiu Contribution à la théorie générale de l’État (Contribución á teoría xeral do estado, 1920-1922) e La Loi, expression de la volonté générale (A lei, expresión da vontade xeral, 1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático ecuatoriano. Foi embaixador e ministro de Asuntos Exteriores do seu país en diversas ocasións. Como ensaísta traballou sobre temas literarios e políticos de signo socialista, e como poeta recibiu a influencia do simbolismo francés. Da súa produción poética destacan as obras: Estanque inefable (1922), La guirnalda del silencio (1926), Lugar de origen (1947). A súa obra recompilouse nos volumes Registro del mundo (1940) e Edades poéticas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Logo de licenciarse na Academia de Infantería de Toledo foi enviado a África. Á súa volta destinárono a Murcia e posteriormente a Vigo como capitán do rexemento de Infantería. O 20 de xullo de 1936 participou activamente na sublevación da guarnición de Vigo ao proclamar nun bando, lido na Porta do Sol, o estado de guerra. No transcurso da súa lectura morreron vinte persoas e cincuenta resultaron feridas. Foi o responsable da represión desatada na área de Vigo (Lavadores, Cabral, O Calvario, Teis, etc) que durou ata o día 26 de xullo e que causou numerosas víctimas civís. Tamén dirixiu a represión en Tui, onde resistían os agraristas, os grupos próximos á CNT e á Fronte Popular, leais á República. Logo das súas actuacións en Galicia foi destinado á fronte asturiana, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, no Reino Unido (77 km2; 28.400 h [1981]), situado ao NL de Belfast. A capital é Carrickfergus (22.885 h [1991]). Trátase dunha pequena estación balnearia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Licenciouse pola facultade de Belles Arts de San Carles de València. Colaborador en distintas revistas (Golfiño, Fadamorgana. Revista galega de Literatura Infantil, etc), participou en diversas exposicións como Debúxame un conto (1998). Realizou as ilustracións de Marmelada de amoras (1997), Rumbo á Illa de San Simón! (1998) e as portadas de A compañía clandestina de contrapublicidade (1998) e Valdemuller (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santa (Toledo, s XI - Briviesca, Burgos 9.4.1126) Filla do rei mouro de Toledo Almancrín (1038-1075), converteuse ao cristianismo. De espírito compasivo, alimentaba os prisioneiros cristiáns sen o consentimento do seu pai, pero un día sorprendeuna e preguntoulle qué tiña agochado no mandil; ela díxolle que levaba rosas e flores e, efectivamente, produciuse o milagre e os anacos de pan convertéronse en flores. Foi trasladada cando estaba enferma á lagoa de San Vicente, preto de Briviesca, famosa polas súas curacións milagrosas. Logo de conseguir o remedio do seu mal, fíxose bautizar e levantou unha ermida naquel lugar, onde pasaría o resto da súa vida, entregada á práctica piadosa. En Galicia invócase contra a histeria feminina, como reflicten expresións, populares do tipo “Gárdame, santa Casilda, do madrío ando saída”. Na arte iconográfica leva como atributo persoal unha abada de flores e, ás veces, aparece con coroa real na cabeza. A súa festividade celébrase o 9 de abril.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida artisticamente co nome de Joanna Cassidy, estudiou arte na University of Syracusa. Protagonizou con Harrison Ford Blade Runner (1982), de Ridley Scott. Participou tamén nos filmes: Bullit (1968), Under Fire (Baixo o lume, 1983), The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1987), Chain Reaction (Reacción en cadea, 1996) e The Second Civil War (A segunda guerra civil, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Giorgione, pertence á escola veneciana. Foi un dos primeiros artistas que non dependeu dos encargos relixiosos ou cortesáns e conseguiu especializarse en obras de pequeno formato destinadas, especialmente, á burguesía. A influencia dos Bellini manifestouse no seu tratamento da paisaxe e na composición triangular, como se manifesta en Pala da sagrada conversación de Castelfranco (1505?) e Adoración dos Reis. Utilizou unha técnica directa e prescindiu do traballo de deseño e bosquexo previos á obra. Aplicaba directamente a cor sobre a táboa ou o lenzo, co que conseguía unha maior sensación de espontaneidade e protagonismo das cores, característica da escola veneciana que despois empregou o seu discípulo Tiziano. Creou a chamada paisaxe anímica, onde a temática da obra se subordinou á evocación dun estado anímico que convertía a paisaxe nun tema protagonista, tal e como se reflicte en A tempestade (1508?) ou Os tres filósofos. Algunhas obras consideradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Trasladouse coa súa familia a Bos Aires e estudiou na Escuela de Bellas Artes, onde contactou co surrealista Raquel Forner e coñeceu a Laxeiro, Colmeiro e Seoane. En 1956 volveu a España e publicou unha serie de poemas na revista Índice. Coñeceu a galerista Juana Mordó e presentou os seus debuxos na Galería Biosca que esta dirixía. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Altamira, ano no que comezaron as súas mostras por todo o mundo. Dende 1982 represéntao a galería Malborough de Nova York, onde instalou o seu estudio. A súa proposta artística reflicte unha certa figuración e un realismo, imbricado na súa propia imaxinación, que converte os seus cadros en metáforas onde mestura a realidade e o soño; deste xeito, crea un eclecticismo que parte dun autodidactismo literario, enriquecido polo coñecemento dos clásicos europeos como Goya, Friedrich e Picasso, ou correntes como o cubismo e o surrealismo. Como gravador iniciouse en 1962 cando coñeceu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano. Membro dunha familia patricia, seguiu o cursus honorum. Foi cuestor no ano 77 a C, pretor no 68 a C e gobernador de África no ano 67 a C. Acusado de corrupción, foi procesado e non puido participar nas eleccións para cónsul. Organizou, entón, a primeira das súas conspiracións de asasinato contra os cónsules, que non chegaría a producirse. Absolto dos cargos, presentouse ás eleccións do ano 63 a C, apoiado polos demócratas e financiado por Craso e César. Derrotado por Cicerón, que contou co apoio da aristocracia, Catilina presentou novamente a súa candidatura no ano 62 a C, cun programa no que incluía a eliminación das débedas. Con esta medida gañou numerosos apoios entre a plebe urbana, os campesiños e os veteranos de Sila. Planificou, ao mesmo tempo, unha nova sublevación armada, que tivo lugar despois dunha nova derrota electoral, desde Roma, pasando pola Etruria, ata o Piceno e a Apulia. Cicerón foi informado da conspiración, denunciouno e lanzou contra el as...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor norteamericano. Avogado de profesión, dedicouse á pintura e iniciouse de forma autodidáctica como retratista en Philadelphia. Viaxou por Missouri e Texas desde 1830, e por América Central e do Sur (1852-1857). As súas pinturas, dun grande interese etnolóxico, son un exemplo fundamental do romanticismo americano. Foron mostradas ao público dos EE UU e Europa (1837-1845) como Galería de Indios. Publicou varios libros ilustrados, entre os que destacan Letters and Notes of the Manners, Customs and Condition of the Northamerican Indians (Cartas e notas sobre os usos, costumes e condición dos indios de Norteamérica, 1841), Catlin’s North American Indian Portfolio: Hunting Scenes and Amusements of the Rocky Mountains and Prairies of America (A carpeta dos indios norteamericanos de Catlin: escenas de caza e diversión nas Montañas Rochosas e nas chairas de América, 1845) e Life amongst the Indians (A miña vida entre os indios, 1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico inglés. Fundador da moderna aerodinámica, en 1799 estableceu a configuración do avión moderno e propuxo o uso da enerxía mecánica independentemente da acción do vento ou da forza muscular. En 1853 construíu un planador que foi o primeiro en voar cun tripulante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1833 ingresou no corpo de garda de corps. Participou en diversas campañas contra os carlistas, na Guerra de Marrocos e na represión do movemento republicano en Andalucía (1868). Durante a Primeira República nomeárono capitán xeneral de València (1873) e dirixiu as operacións contra os cantonalistas de Cartagena e València. Durante a Restauración foi capitán xeneral en Euskadi, ministro de Guerra (1875-1879), con Cánovas del Castillo, e axudante de campo de Afonso XII, quen lle concedeu o título de marqués de Torrelavega en 1876.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Ao longo da súa andaina profesional foi secretario das revistas Cuadernos hispanoamericanos e Papeles de Son Armadans, redactor de La Estafeta Literaria e da publicación internacional Reader’s Digest. Exerceu tamén como director literario da editorial Alfaguara. A súa obra narrativa caracterízase pola influencia do nouveau roman francesa, onde trata a frustración da vida das persoas de clase media. Publicou, amais de diferentes artigos e reportaxes, os seguintes libros: Las Horas (1956), Blanquito, peón de brega (Premio do Ateneo de Valladolid, 1958), Trayecto circo matadero, Compota de adelfas (1968), Inventario base, Joc de pilota, Carta a la novia, A media tarde (1981), Cuando sonríes e Tatatlán, tatatlán (Premio Antonio Machado, 1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Realizou estudios de música, matemáticas e filosofía en Bucarest e en Berlín. En 1945, accedeu á dirección da Orquestra Filharmónica de Berlín e posteriormente dirixiu a Orquestra Nacional de Francia, a Orquestra da Radio de Stuttgart e a Orquestra Filharmónica de Múnic. Está considerado como un dos intérpretes máis destacados dos impresionistas, da música rusa e de Anton Bruckner.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Distancia que separa dous xenes entre os que existe un 1% de probabilidade de recombinación. Depende do tamaño do xenoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización do Tratado Central.