"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. É autor do poema heroico-cómico L’asino (1652) e da traxedia Aristodemo (1675).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico. Dun estilo lento e reflexivo, a procura da abstracción dos seus filmes é sobre todo reflexo da alma e da condición humana. Entre as súas películas destacan Blade af Satanas bog (Follas do libro de Satanás, 1919); La passion de Jeanne d’Arc (A paixón de Xoana de Arco, 1926-1927); Vampyr (Vampiro, 1932); Dies Irae (Día de ira, 1943); Ordet (A palabra, 1954), premio do Festival de Venecia; e Gertrud (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Explorador da condición humana, escribiu, entre outras, as novelas Sesenta muertos en la escalera (1954), El compadre (1967), El hombre que había olvidado (1968) e Todas esas muertes (1971). En 1970 recibiu o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Pioneiro na descrición das formacións vexetais e da bioxeografía. Publicou, entre outros traballos, Handbuch der Pflanzengeographie (1890) e Oekologie der Pflanzen (1913). En 1910 comezou a colaborar con Heinrich Gustav Adolf Engler na obra Die Vegetation der Erde. Foi profesor de botánica e director do xardín botánico da Universidade de Dresden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Foi profesor en Leipzig (1894), Giessen (1900) e Berlín (1905). Realizou o seu labor de investigación especialmente no campo da óptica e desenvolveu a teoría electrónica dos metais. Publicou Physik des Äthers (Física dos éteres, 1894) e Lehrbuch der Optik (Manual de óptica, 1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista brasileiro. En 1920 trasladouse coa súa familia a Belo Horizonte, licenciouse en Farmacia e logo ocupou diversos cargos ligados á área de educación e cultura. Foi colaborador dos xornais Diário de Minas, Minas Gerais, Diário da Tarde, A Tribuna, A Manhã, Correio da Manhã e Folha Carioca. A súa obra, vangardista na literatura brasileira, caracterízase pola mestría construtiva e polo humor inciso. Destacan as súas obras Alguma poesia (1930), Brejo das almas (1934), Sentimento do mundo (1940), Poesias (1942), A rosa do povo (1945), Contos de aprendiz (1951), Lição de coisas (1962), Caminhos de João Brandão (1970), As impurezas do branco (1973), A paixão medida (1980), Corpo (1984) e Farewell (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo e historiador francés. Estudiou no colexio dos xesuítas de Amiens e en pouco tempo aprendeu latín, grego, francés e varias linguas estranxeiras. Fixo despois dereito en Orléans e, tras prestar xuramento como avogado ante o Parlamento de París (1631), regresou a Amiens. O 19 de xullo de 1638 casou con Catherine du Bos e en 1645 pasou a ocupar o cargo de funcionario da facenda pública de Amiens. En 1668, a peste que se apoderou da cidade obrigouno a trasladarse a París. As súas obras son un modelo de erudición, polo que foi admirado no seu tempo. Como filólogo é autor do Glossarium ad scriptores mediae et infimae latinitatis (1678), o primeiro dicionario completo da baixa latinidade e o máis rico dos repertorios mediolatinos; así mesmo, pode ser considerado como o primeiro léxico do francés antigo, polo importante volume de textos que recolle desta lingua. Deixou tamén un Glossarium ad scriptores mediae et infimae graecitatis (1688), en que non se limita a dar o verdadeiro significado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro. De profesión tipógrafo, fundou en Palma de Mallorca a Societat Tipogràfica de Mallorca que presidiu ata 1883, cando se trasladou a Barcelona. Militou no movemento socialista e foi un dos fundadores da Unión General de Trabajadores (UGT) e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador francés. Escribiu, entre outras obras, Considérations sur les moeurs de ce siècle (Consideracións sobre os costumes deste século, 1751). Foi membro da Académie Française, na que ocupou o cargo de secretario perpetuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Estudiou leis en Dublín e, xunto con John Blake Dillon e Thomas Davis, fundou o semanario patriótico The Nation (1842). Posteriormente, formou o partido Young Ireland que defendía a independencia de Irlanda. En 1852 foi elixido membro do Parlamento e tentou formar unha oposición forte. Emigrou a Australia (1855), onde foi membro da asemblea lexislativa (1856-1864, 1867-1874 e 1876-1880). Nomeado primeiro ministro do estado de Victoria (1871-1872), actuou como voceiro do Parlamento (1877-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse na École des Beaux-Arts de París. Gañou o Prix de l’Afrique Nord e trasladouse a Alxer (1910-1912). Dende entón incorporou á súa pintura elementos de carácter exótico. Realizou grandes composicións sobre temas históricos e míticos, como A descuberta de América e Orfeo, e recreou temas clásicos como O rapto das sabinas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. As súas obras caracterizáronse pola frialdade e por ser imitacións de Poussin. Escribiu o tratado De arte graphica (A arte gráfica, 1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e economista. Tentou conciliar a xustiza social do socialismo cos principios do liberalismo económico. As súas concepcións foron criticadas polo socialismo, fundamentalmente por Engels, na súa publicación Anti-Dühring. Cómpre destacar as súas obras Natürliche Dialektik. Neue logische Grundlegung der Wissenschaft (Dialéctica natural. Nova fundamentación lóxica da ciencia e da filosofía, 1865) e Wirklichkeitsphilosophie (Filosofía da realidade, 1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena francés. Formouse con André Antoine no Vieux-Colombier de Jacques Copeau e no Théâtre Populaire de Firmin Gémier. En 1921 puxo en marcha o Théâtre de L’atelier, onde estableceu unha escola de formación actoral en que introduciu un programa novidoso, baseado no adestramento acrobático, no uso de técnicas da comedia musical, da commedia dell’arte ou do teatro xaponés. Promoveu, xunto con L. Jouvet, G. Pitoëff e G. Baty, a defensa do Teatro de Arte. No seu repertorio como director combinou a versión de clásicos como, Molière, William Shakespeare ou Ben Jonson, coa presentación de novos autores como, Luigi Pirandello ou Jean-Paul Sartre, cunha posta en escena creativa, baseada na sinxeleza, no rigor, na sutileza e na defensa do espírito do texto fronte ao aparato escénico. Tamén impulsou o movemento de descentralización teatral cun informe elaborado en 1937, que tivo moita influencia na posterior aplicación do modelo ao remate da Segunda Guerra Mundial. Entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles François du Périer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico. Foi un dos creadores da Escola de Barcelona. Dirixiu Cada vez que... (1967) e Liberxina 90 (1970), pero os problemas coa censura fixéronlle abandonar a realización e entón exerceu tarefas de produción. Foi fundador do Instituto de Cine Catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Cursou estudios universitarios en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidad de Madrid. Exerceu a docencia na St. Giles School of languages de Londres e foi redactor radiofónico da BBC. Colaborador de distintas publicacións, fundou o Grupo de Traballo Galego de Londres (1970) e cofundou a revista Emigrante. Publicou as obras Qué tal, Pepito? (1968), Poemas do non (1975) e A teima (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Carolus-Duran, foi pintor académico e retratista da aristocracia parisiense. Recibiu unha pensión e viaxou por Italia e España en 1861. En 1905 nomeárono director da École Françoise de Rome. Entre as súas obras destaca La Dame au gant (A dama da luva, 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Doutor en letras (1962), catedrático de Historia da Arte na Universidade de Languedoc e profesor emérito na Universidade de Toulouse-Le Mirail. Entre as súas obras destaca La Sculpture romane en Roussillon (A escultura románica no Roussillon, 1948), L’art roman en Espagne (A arte románica en España, 1964), L’Architecture espagnole (A arquitectura española, 1966) e La sculpture romane de la Route de Saint-Jacques (A escultura románica do Camiño de Santiago, 1990). Foi membro, entre outras institucións, da Commission Supérieure de Monuments Historiques e do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Discípulo de Viollet-le-Duc, foi o arquitecto da Exposition Universelle de 1889, na que construíu a Galerie des Machines. Entre as súas obras destacan as galerías do Muséum d’Histoire Naturalle de París (1881). En 1869 obtivo o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO