Duffy, Charles Gavan
Duffy, Charles Gavan
Político irlandés. Estudiou leis en Dublín e, xunto con John Blake Dillon e Thomas Davis, fundou o semanario patriótico The Nation (1842). Posteriormente, formou o partido Young Ireland que defendía a independencia de Irlanda. En 1852 foi elixido membro do Parlamento e tentou formar unha oposición forte. Emigrou a Australia (1855), onde foi membro da asemblea lexislativa (1856-1864, 1867-1874 e 1876-1880). Nomeado primeiro ministro do estado de Victoria (1871-1872), actuou como voceiro do Parlamento (1877-1880).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monaghan -
Deceso
Lugar : Nice