"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (60.100 km2; 787.000 h [estim 1999]). A súa capital é Kostroma.
-
DINASTIAS
Dinastía real de Bosnia que reinou desde 1250 ata 1463. Comezou con Prijezda I (1250-1257). Estevo I foi destronado pola familia Šubić, ata que Estevo II (1322-1353) recuperou o trono. Con Estevo Tomašević (1461-1463) extinguiuse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela en que se relata o proceso de maduración que corresponde á xuventude dun artista. Trátase dunha variedade do bildungsroman que se orixina no Romanticismo alemán. O exemplo clásico é Retrato do artista cando novo (1916), de James Joyce.
-
GALICIA
Ilustrado. Comezou a traballar no Real Consulado da Coruña en 1787, do que foi secretario en 1802. Intérprete do xefe do Estado Maior das tropas francesas na Coruña durante a invasión napoleónica, foi secretario da Junta Censora constituída polos liberais (1820). Secretario da Deputación Provincial de Ourense (1822), en 1823 reintegrouse no Real Consulado da Coruña como secretario. Destaca a súa obra Expostulatio cum morte ob interitum Rmi. Patris Martini Sarmiento e Descripción económica del Reyno de Galicia (1804), onde definiu o seu pensamento económico, presentou a xeografía e a economía intimamente ligadas e denunciou o atraso económico de Galicia, a inxustiza social e o parasitismo administrativo ao tempo que reivindicou diversas reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Traballou na Academia de París (1753), foi profesor do Colexio de Francia (1762) e director do Observatorio de París (1795). En 1751 colaborou con Lacaille na medida da paralaxe lunar, facendo as observacións desde Berlín mentres Lacaille traballaba no cabo Boa Esperanza. Publicou táboas coas posicións dos planetas e do cometa Halley. Deu a coñecer as posicións de 50.000 estrelas e publicou obras de divulgación astronómica, como Histoire celeste française (1801) e Traité d’Astronomie (1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e arqueólogo. Restaurou as catedrais de Cuenca e Burgos. Escribiu Historia de la arquitectura cristiana española en la Edad Media (1908-1909), El antiguo Palacio episcopal de Santiago de Compostela (1913) e Arquitectura civil española de los siglos I al XVIII (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno hereditario de carácter recesivo que comprende obesidade, aplasia xenital, retinite pigmentaria (que acaba con cegueira), retraso mental e, ás veces, polidactilia ou sindactilia e deformidade do cranio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser sobrenatural da mitoloxía popular galega con diferentes atribucións. Xeralmente considéranse xenios maléficos que viven no aire e que provocan lóstregos e treboadas para estragar as colleitas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Publicou novelas, ensaios e poesía. Entre as súas obras destacan Lira de bronce (1901), Casta de hidalgos (1908), El amor de los amores (1910) e Roja y gualda (1934). Foi membro da Real Academia Española desde 1915.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión específica da lepra que consiste nunha tumoración dérmica de dimensións variables, negra, prominente, redondeada e dura, con caída de pel e anestesia completa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo masculino, que está causada por un trastorno do metabolismo das purinas que provoca nos pacientes retraso mental e outros trastornos neurolóxicos. Foi descrita en 1964 polos pediatras estadounidenses M. Lesch e W. L. Nyhan.
-
GALICIA
Mariñeiro e sindicalista. De ideoloxía anarcosindicalista, foi un dos fundadores da Unión Pesquera de Gijón, integrada en UGT en 1931, e un dos alicerces da súa posterior integración na CNT. Activo propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera nas súas estancias en Galicia, sorprendeulle a Guerra Civil Española en Gijón, onde ocupou o cargo de delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras e participou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Coa caída da fronte do Norte, logrou escapar a València, onde exerceu de secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no Campo de Albatera (Alacant) no remate da contenda, pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (València). Liberado a finais de 1945, exiliouse en Tunes e, máis tarde, en Uruguay.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma leve da hipercalcemia idiopática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección grave do lactante, que se caracteriza por aplasia do tecido linfático, linfopenia importante e tendencia a candidiases repetidas.
-
-
Arte de pintar sobre pedra.
-
cromolitografía.
-
-
PERSOEIRO
Comerciante e armador. Realizou transaccións comerciais con diversos portos peninsulares de Andalucía, Portugal e Bizkaia. Ocupouse da explotación pesqueira e promoveu a instalación de fábricas de salgadura de sardiña. Foi administrador de impostos no porto de Vigo. En 1767 foi alcalde de Vigo e da súa xurisdición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo brasileiro. Pioneiro en Brasil no sector da psicoloxía da aprendizaxe, foi director (1938-1946) do Instituto Nacional de Estudos Pedagógicos, do Ensino Público en São Paulo, membro do Conselho Nacional de Educação (1937) e director xeral do Departamento Nacional de Educação. En 1944 colaborou na reforma do ensino en Paraguay. Organizou e dirixiu o Seminário Interamericano de Alfabetização de Adultos (1949). Das súas obras destacan Juazeiro do padre Cícero (1926), Introdução ao Estudo da Escola Nova (1930), en que presenta os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos das novas doutrinas pedagóxicas do s XX, Tendências da educaçao brasileira (1940), A pedagogia de Rui Barbosa (1954) e Cartilha do povo (1954), en que intentou adecuar a alfabetización ás características do medio social do alumno. Recibiu o título de Maestro de las Américas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.
-
Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente á loxodromía.
-
Táboas que serven para calcular a vía seguida por un barco. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Mártir. Foi bautizada por san Valentín e morreu martirizada xunto co seu pai, san Nemesio, co que está enterrada na Via Apia. A súa festividade celébrase o 31 de outubro.