Labrada Romero, Lucas Xosé das Dores

Labrada Romero, Lucas Xosé das Dores

Ilustrado. Comezou a traballar no Real Consulado da Coruña en 1787, do que foi secretario en 1802. Intérprete do xefe do Estado Maior das tropas francesas na Coruña durante a invasión napoleónica, foi secretario da Junta Censora constituída polos liberais (1820). Secretario da Deputación Provincial de Ourense (1822), en 1823 reintegrouse no Real Consulado da Coruña como secretario. Destaca a súa obra Expostulatio cum morte ob interitum Rmi. Patris Martini Sarmiento e Descripción económica del Reyno de Galicia (1804), onde definiu o seu pensamento económico, presentou a xeografía e a economía intimamente ligadas e denunciou o atraso económico de Galicia, a inxustiza social e o parasitismo administrativo ao tempo que reivindicou diversas reformas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : A Coruña