"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Economista ruso. A súa tese doutoral foi unha investigación histórica sobre as crises industriais en Inglaterra (1894). Difundiu a teoría da desproporcionalidade a través da súa crítica á exposición das causas das crises feita por Marx. Chegou á conclusión de que o derrocamento do capitalismo non era unha necesidade económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Comezou na tradición posrromántica, pero consolidouse como escritor dentro dunha liña realista. O relato “Khor e Kalinyč”, o primeiro da serie Zapiski okhotnika (Apuntamentos dun cazador, 1852) iniciou un tipo de literatura sobre as condicións de vida do pobo ruso e o seu carácter nacional. Cultivou tamén o teatro, pero sobresaíu especialmente na novela e no relato. Destacan Dnevnik lišnego (Diario dun home superfluo, 1850), Mumu (1854), Rudin (1856), Dvor’anskoje gnedo (Niñada de xentilhomes, 1860), Nakanune (A vixilia, 1862), Otcy i deti (Pais e fillos, 1862), Dym (O fume, 1867) e Nov’ (Terra virxe, 1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e patriota húngaro. Interveu na revolución democrático-burguesa de 1848. Organizou en Italia a lexión húngara, que loitou contra os austríacos. Foi lugartenente de Garibaldi na Expedición dos Mil, e foi tenente xeneral do exército italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición formada en 1608 polos príncipes protestantes que xurdiu baixo a dirección de Federico IV do Palatinado como un intento de defender a secularización e de poñer fin ao dominio católico dos Habsburgo. Tivo o apoio de Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Disolveuse en 1621.
-
PERSOEIRO
Historiador. Director do Instituto Arqueolóxico Ruso de Constantinopla (1894-1914), a súa Istorija vizantijskoj imperii (Historia do Imperio Bizantino, 1914-1926), foi fundamental para comprender o papel de Bizancio na formación de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il homónimo, Turquía (226.965 h [1997]). Situada na ribeira dereita do lago homónimo, correspóndese coa antiga Tušpa, capital do Reino de Urartu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Oriental, Turquía (21.095 km2; 772.132 h [1997]). A súa capital é Van.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona de partículas de alta enerxía que envolve a Terra a unha grande altitude e forma un gran cinto. Ten forma case toroidal e pódese considerar dividido en diferentes cintos parciais, os máis importantes son o cinto interior e o cinto exterior, que están separados por unha rexión cunha densidade de partículas de alta enerxía marcadamente baixa. Foi descuberto en 1958 por J. A. Van Allen e o seu equipo, a partir dos datos proporcionados polos satélites Explorer e Pioneer.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Realizou numerosas investigacións e descubrimentos sobre a atmosfera terrestre e as radiacións cósmicas, das que destacan especialmente os cintos que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Demócrata, foi secretario de estado (1829-1831) e vicepresidente (1833-1837) de EE UU, e sucedeu a A. Jackson como presidente do país (1837-1841). Non resolveu a crise económica de 1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xerador electrostático de alta tensión (ata uns 8 MV) que consiste nunha correa sen fin, que transporta as cargas eléctricas, e unha esfera condutora onde se van acumulando ditas cargas. Emprégase sobre todo como acelerador de partículas. Foi inventado polo físico estadounidense, Robert Jemison Van de Graaff (Tuscaloosa, Alabama 1901-Boston 1967).
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista. Iniciou a súa actividade (1927) dentro da linguaxe racionalista. Asociado desde 1948 con Jacob B. Bakema, realizou o centro comercial Lijnbaan de Rotterdam (1953), o pavillón holandés das exposicións internacionais de París (1937), Bruxelas (1958) e Osaka (1970), e o conxunto das oficinas municipais de Marl, en Alemaña (1957-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Traballou en París (1950-1954) como fotógrafo independente. Instalado en Amsterdam (1954-1971), cultivou a fotografía en branco e negro e retratou sen flash ambientes e tipos, con grande interese polos barrios deprimidos. Viaxou a África e Xapón e realizou reportaxes en cor. Publicou Love on the left bank (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Abriu o seu estudo en Harlem (Nova York), onde traballou entre 1914 e 1968 fotografando o barrio neoiorquino como a capital cultural da América negra. As súas imaxes, cheas de romanticismo, retrataron familias de cor e artistas do barrio. Recibiu o ASMP (1969) e o Living Legacy (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta belga. Considerado como un dos máximos representantes do movemento simbolista no seu país, publicou Entrevisions (1897) e La chanson d’Eve (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Johan van Oldenbarnevelt.
-
FAMILIAS
Familia de arquitectos do final do s XVI e da primeira metade do s XVII de orixe holandesa e establecida en Dinamarca. Destacaron Laurens van Steenwickel o Novo (1585-1619), que comezou o castelo de Frederiksborg e a bolsa de Copenhaguen, obras que rematou o seu irmán, Hans van Steenwickel o Novo (1587-1639), autor tamén do castelo de Rosenborg en Amsterdam (1610-1635).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Foi profesor da Universidade de Harvard e está considerado o pioneiro do magnetismo moderno. Investigou a teoría cuántica aplicada á estrutura atómica e a estrutura electrónica de sistemas magnéticos en desorde. En 1977 recibiu, xunto con P. W. Anderson e N. Mott, o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Anatolia Oriental, Turquía, situado no centro do altiplano armenio, nunha depresión pechada, a 1.720 m de altitude e con 3.700 km2 de superficie. Está rodeado por unha serie de volcáns extintos, como o Süphan (4.434 m). Na beira oriental levántase a cidade de Van.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non contén nada no seu interior.
-
Que non resulta útil nin eficaz.
-
Que só amosa interese por cousas superficiais e frívolas.
-
-
Espazo baleiro ou desocupado, especialmente o dunha parede onde se abre unha porta ou ventá.
-
van abucinado
an cuxa luz aumenta gradualmente dun paramento a outro.
-
-
Parte do corpo humano que comprende a zona máis estreita entre as costelas e as cadeiras.
-
Cavidade ou estreitamento do corpo que existe entre as costelas e as cadeiras.
-