"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido monobásico que se presenta en pequenos cristais incoloros, pouco solubles en auga e solubles en alcohol, do que se obtén a sinapina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster da colina co ácido sinápico que aparece na mostaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das brasicáceas, ao que pertencen as especies S. alba (mostaza ou mostaza branca) ou S. brava (mostaza brava).
-
-
Cataplasma que se prepara con fariña de mostaza e auga tépeda a partes iguais. Foi empregada como excitante do centro respiratorio e do corazón.
-
Sinal que queda na pel no lugar onde se aplicou esta cataplasma.
-
-
-
Rexión que está situada entre o axón dunha neurona e as dendritas da seguinte que permite a transmisión de impulsos nerviosos nun único sentido. A transmisión do impulso nervioso dunha neurona a outra (sinapse nerviosa) ou dunha neurona motora a unha célula muscular (sinapse neuromuscular) implica a liberación por parte das neuronas de determinadas substancias químicas (neurotransmisores) que se unen aos receptores das neuronas seguintes desencadeando o impulso nervioso.
-
Emparellamento de dous cromosomas homólogos que se produce durante a profase meiótica.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sináptidos.
-
Réptil fósil da subclase dos sinápsidos.
-
Subclase de réptiles que apareceron durante o Carbonífero; foron moi abundantes no Pérmico e extinguíronse durante o Triásico e excepcionalmente no Cretáceo. Incluía as ordes dos pelicosauros e dos terápsidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura proteica que aparece durante a profase meiótica e que intervén no entrecruzamento dos cromosomas homólogos que interveñen na sinapse. A súa función é a de manter unidas as rexións homólogas dos cromosomas homólogos durante a profase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Articulación que está constituída por tecido conxuntivo e que carece de movemento, como por exemplo as dos ósos do cranio.
-
PRAIAS
Praia situada na ría de Arousa, na parroquia de Vilanova de Arousa, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ascidia composta que ten os ascidiozooides parcialmente fusionados e forman cenobios regulares ou irregulares, cos sifóns bucais independentes pero con intestinos que conflúen nunha cloaca común.
-
PERSOEIRO
Cantante e actor. Coñecido como Frank Sinatra, a partir de 1939 acadou o éxito actuando en directo acompañado por diversas orquestras. Da súa discografía destacan Swing Easy (1955), Come Fly with Me (1958), Strangers in the Night (1966) e Frank Sinatra Duets (1993). No cine limitouse nun primeiro momento ao xénero musical, pero co tempo demostrou o seu talento dramático. Destacan os filmes From Here to Eternity (1953), The Man With the Golden Arm (1956), The Detective (1967) e Listen Up: The live of Quincy Jones (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...
-
Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.
-
-
Acción de asinar.
-
-
Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.
-
Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.
-
-
-
Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.
-
Cada un dos pregos que compoñen un volume.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro do rito bizantino que contén, seguindo a orde do calendario, as vidas dos santos ou o resumo das festas e que se le no oficio matinal do orthros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión litúrxica dos primeiros cristiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión que se produce do globo ocular aos tecidos orbitarios.
-
-
Relativo ou pertencente aos sincáridos.
-
Crustáceo da superorde dos sincáridos.
-
Superorde de crustáceos, da clase dos malacostráceos, que teñen o corpo alongado sen cuncha calcaria, o primeiro somito torácico soldado á cabeza, os ollos -se os teñen- sésiles ou pedunculados, e as antenas e anténulas bífidas. Son animais propios das augas doces e cavernícolas.
-
-
-
Núcleo diploide que se orixina pola unión de dous núcleos haploides dos gametos masculino e feminino.
-
Parella nuclear que se produce nos fungos por sucesivas divisións conxugadas de dous núcleos sexuais acoplados pero non unidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten os carpelos concrescentes nun só ovario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito que se orixina a partir dun xineceo sincárpico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que ten carácter sincategoremático.