Sinatra, Francis Albert

Sinatra, Francis Albert

Cantante e actor. Coñecido como Frank Sinatra, a partir de 1939 acadou o éxito actuando en directo acompañado por diversas orquestras. Da súa discografía destacan Swing Easy (1955), Come Fly with Me (1958), Strangers in the Night (1966) e Frank Sinatra Duets (1993). No cine limitouse nun primeiro momento ao xénero musical, pero co tempo demostrou o seu talento dramático. Destacan os filmes From Here to Eternity (1953), The Man With the Golden Arm (1956), The Detective (1967) e Listen Up: The live of Quincy Jones (1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hoboken, New Jersey

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles