"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión da Baixa Normandía, Francia, comprendida entre os departamentos de Manche, Orne e Calvados. Forma parte do macizo Armoricano. O principal recurso económico é o pastoreo e, en Granville, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Aos 14 anos enrolouse no rexemento de Infantería en Setúbal e logo entrou na Académia Real da Marinha. Posteriormente embarcou con rumbo á India (1786) e, despois dunha estadía no Brasil, retornou a Lisboa en 1789. Irreverente coa monarquía e a relixión, foi perseguido pola Inquisición debido á vida bohemia que levaba e ás sátiras que escribía e recitaba, o que provocou o seu encarceramento no Limoeiro en 1797 e o posterior enclaustramento no mosteiro de São Bento e no Oratorio, para logo ser posto en liberdade en 1798. Grande ilustrado e poeta prerromántico, a obsesión pola morte e os clamores retóricos de celos e blasfemia, de actitude claramente prerromántica, engadiron un lánguido erotismo e un concepto da divindade que pertencen de cheo á tradición do s XVIII. Escribiu odas, cantatas, epigramas e sobre todo sonetos, reunidos en tres volumes de Rimas (1791, 1799 e 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen blasfema ou di groserías.

    2. Que ou quen fala por presumir, mentindo ou esaxerando.

    3. Persoa que fala demasiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso estreito que serve de acceso a unha baía ou fondeadoiro.

    2. Furado do bou polo que se introducen os peixes capturados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Cursou estudios de Dereito Canónico. Foi cronista real e bibliotecario de Fernando de Austria. Influído por Góngora, é autor, entre outras obras, de Rimas y Prosas (1627), La lira de las musas (1637), El nuevo Olimpo (1648) e Fiesta real y votiva de toros (1648).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Momento último da tarde en que comeza a facerse de noite.

    2. No período de tempo que precede a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciouse en Florencia na arte mercantil. No 1327 foi enviado a Nápoles para traballar na sucursal da compañía Bardi, ata o ano 1334. Como consecuencia da creba dos bancos Bardi e Peruzzi, viuse obrigado a instalarse de novo en Florencia, onde acadou fama e autoridade; deste período data a súa amizade con Petrarca. Na súa produción cómpre subliñar dous períodos: o primeiro (ata o ano 1355) comprende as súas obras de creación en italiano; o segundo período (dende o 1355) comeza co menosprezo da obra literaria anterior e incluso co intento de destruíla, e caracterízase pola dedicación á escritura de libros de erudición, xeralmente en latín. Moitas das súas obras foron a preparación lingüística e poética da súa obra máxima: o Decamerón, que tivo unha grande influencia na literatura universal. As primeiras obras foron escritas en Nápoles: La caccia di Diana (A caza de Diana, 1333?), poema mitolóxico en tercetos, o Filocolo (1336), novela de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia xenovesa datada desde principios do s XIII. Deu gran número de políticos, militares e financeiros, entre os que destacan: Simone Boccanegra (? - ? 1363). Primeiro duque de Xénova (1339-1344 e 1356-1363). Unha revolta popular e xibelina elevouno á cabeza suprema da República de Xénova, e unha conxura nobiliaria obrigouno a depoñer o poder (1344); no ano 1356 foi reelixido. Foi o protagonista da obra Simón Boccanegra (1843) de García Guttierrez, na que se basea a ópera homónima de Verdi (1857). Egidio Boccanegra (? - Sevilla 1367) foi almirante de Castela. Dirixiu as operacións navais do sitio de Algeciras (1342-1344) e estableceu o bloqueo marítimo de Xibraltar (1349). A causa da súa adhesión a Enrique II de Trastámara (1366), cando este perdeu a guerra foi executado. Ambrogio Boccanegra (? - Palma del Río 1373) foi almirante de Castela, nomeado por Enrique II. No ano 1372, a súa flota, no sitio de La Rochelle, derrotou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Mauritania oriental (118-81 a C). Sogro de Iugurta, este ao principio axudoulle contra os romanos (108-107), pero despois entregoullo a Sila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Magnate húngaro e príncipe de Transilvania (1605-1606). Calvinista, dirixiu a resistencia de Transilvania contra a política católica dos Habsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. No ano 1774 fundou o Berliner Astronomisches Jahrbuch, e no 1786 foi nomeado director do observatorio astronómico de Berlín. Difundiu a lei de Titius-Bode. A súa obra principal, Uranographie (1801), é o primeiro atlas celeste que cataloga 17.240 estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘punzón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Descubriu a baía que leva o seu nome e a illa de Vancouver, no Pacífico. É autor dunha Carta geográfica de la costa occidental de la California (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. É autor de Le jeu de saint Nicolas (O exercicio de san Nicolás, 1200?) e da canción de xesta Chanson de Saïsnes (Canción de Saïsnes, 1202?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo protestante alemán, coñecido como Carlstadt e Carlostadius. Defendeu as doutrinas de Lutero diante de Johan Eck en Leipzig (1519). Durante o retiro de Lutero en Wartburg (1521-1522) foi abandeirado da aplicación radical da nova doutrina, pero aceptou máis tarde as normas eucarísticas de Ulrich Zwingli e rompeu cos luteranos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, político e economista coñecido tamén como Bodino. Foi conselleiro do duque de Alençon e procurador do Rei en Laon. No 1576 apareceu a súa grande obra filosófico-política Les six livres de la République (Os seis libros da República), na que trataba de colocar ao Rei como o centro da unidade nacional e instaurar o Absolutismo como un poder de equilibrio das tensións da sociedade. O mantemento da propiedade privada e das leges imperii, fronte ao poder soberano nas mans do Rei, era a contradición teórica que se reflicte en toda a súa obra. Foi un mercantilista, partidario da protección estatal para a industria nacional. Como economista formulou a teoría cuantitativa do diñeiro aplicada á revolución dos prezos do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública e universitaria de Oxford (Inglaterra). Foi reorganizada e aberta por Thomas Bodley no ano 1602. Dispón de máis de cinco millóns de volumes. A súa importancia radica nos fondos de manuscritos orientais, nas coleccións sobre literatura e historia inglesa, e nos impresos raros. Inclúe a Radcliffe Camera, a New Library e as bibliotecas que dependen dela, a Radcliffe Science Library, a Law Library, a Indian Institute Library e a Rhodes House Library. Dende o ano 1610 ata o 1753 foi a única biblioteca central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Medievalista e teorizador da poética suíza. É autor de Kritische Abhandlung vom Wunderbaren (Tratado crítico sobre o marabilloso, 1740).

    VER O DETALLE DO TERMO