"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Mesón emitido nunha fotodesintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotomecánico que utiliza unha prancha de cinc ou de aluminio na cal a imaxe que se pode tinguir non presenta ocos nin relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da óptica que ten por obxecto a medición de magnitudes relativas ás radiacións luminosas como estímulos produtores de sensacións visuais. As magnitudes que considera a fotometría son: o fluxo luminoso, a excitancia luminosa, a intensidade luminosa, a iluminación e a luminancia. As magnitudes correspondentes a un emisor ou a un receptor teñen relación entre elas, de maneira que para un emisor ou un receptor ideal só é preciso coñecer unha das magnitudes para deducir as outras.

    2. Método cuantitativo baseado na medida da intensidade da radiación que emite o elemento que se pretende determinar cando se excita dentro dunha chama, intensidade relacionada coa concentración deste elemento na solución problema. Esta é aspirada pola corrente gasosa e é introducida como aerosol na chama. A radiación que se emite diríxese a unha célula fotoeléctrica a través de filtros ópticos que eliminan os compoñentes debidos a outros elementos. Este método vese suxeito a moitas influencias, como a pouca estabilidade da chama, os efectos mutuos entre elementos emisores ou os efectos químicos de diversos anións, e, polo tanto, a exactitude non é moi grande. Por contra, a sensibilidade é elevada e o volume necesario de solución é moi pequeno; por iso é un método extremadamente útil para a análise de trazas, en particular de sodio e de potasio en materiais agronómicos e biolóxicos, e en análise clínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fotometría.

    2. Relativo ou pertencente ao fotómetro.

    3. Dada unha fonte luminosa, curva representativa da intensidade luminosa nun plano que pasa pola fonte para cada ángulo formado entre a dirección da intensidade e unha dirección de referencia. Denomínase tamén curva de distribución da intensidade e xeralmente é unha curva polar.

    4. Dada unha fonte luminosa, superficie formada polos extremos dos vectores correspondentes á intensidade luminosa da fonte para cada dirección. Denomínase tamén superficie de distribución da intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispositivo ou aparato para medir magnitudes fotométricas. Os fotómetros poden ser visuais, que utilizan o ollo humano como instrumento de comparación, e físicos, que utilizan como receptores células fotoeléctricas, placas fotográficas, etc. Entre os visuais existen o de Bunsen, o de Lummer-Brodhum e o de sombra, que se empregan para medir intensidades luminosas, e entre os físicos, os que se empregan en fotografía e os que se destinan a medir niveis de iluminación.

    2. Aparato electrónico que permite medir a intensidade da luz reflectida por un obxecto. Emprégase para calcular o tempo de exposición. Existen de diversos tipos, como o fotómetro óptico e o fotómetro de célula fotoeléctrica ou fotómetro fotoeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de obtención de fotografías de obxectos invisibles a simple vista mediante a aplicación dunha cámara fotográfica a un microscopio.

    2. Fotografía obtida con esta técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotomicrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía composta obtida recortando diversas fotografías e pegándoas xuntas co fin de conseguir un efecto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo electrónico que se emprega para detectar e medir un pequeno fluxo de fotóns. Baseado no efecto fotoeléctrico, ideouno W. Zworykin en 1936. Consta dun fotocátodo e dun multiplicador de electróns, composto de diversos dinodos e dun ánodo. Traballa no baleiro para evitar as perdas de electróns por colisións cos átomos. Os electróns que inicialmente emite o fotocátodo aceléranse polo campo eléctrico que existe entre aquel e o primeiro dinodo, sobre o que inciden, o que provoca a emisión dun número máis elevado de electróns. Estes aceléranse sucesivamente baixo a acción do campo eléctrico que existe entre dinodo e dinodo, de tal maneira que se reparte en cada dinodo do mencionado proceso multiplicador. Finalmente, os electróns recóllense polo ánodo e dan lugar a unha corrente no circuíto exterior. A ganancia que se obtén polo efecto multiplicador é superior a 106. Emprégase para medir niveis moi baixos de radiacións de infravermellos próximo, do visible e do ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuanto de enerxía en forma de radiación electromagnética, emitido ou absorbido pola materia. Introduciuno A. Einstein, no ano 1905, para dar unha explicación satisfactoria do efecto fotoeléctrico. Coa realización de experiencias de choque entre electróns e radiación luminosa (efecto Compton), púidose constatar o carácter de partícula que presenta ás veces o fotón, o que permite asociarlle un momento hv/c e unha enerxía hv, onde v é a frecuencia da radiación, h a constante de Planck e c a velocidade da luz. O fotón ten spin igual a 1, e, por tanto, é un bosón. Represéntase polo símbolo γ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nastia provocada pola variación na intensidade da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neutrón que se libera dun núcleo atómico por fotodesintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica da xeración, da amplificación, da detección e do tratamento de radiacións ópticas coherentes. Equivale á electrónica dos fotóns. A fotónica naceu, de feito, coa invención do láser e practicamente non existen contornos fotónicos en que non exista láser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela ou conto ilustrados que constan dunha serie de fotografías xustapostas cos textos dos diálogos e os comentarios correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á reacción que ten lugar cando unha radiación γ incide sobre un núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de heterotrofia dos organismos que sintetizan o material celular por redución de materia orgánica procedente do medio mediante electróns que obteñen desta materia, e que empregan a luz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotoorganotrofia ou aos fotoorganótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta fotoorganotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de respostas dos organismos ao fotoperíodo.

    VER O DETALLE DO TERMO