fotométrico -ca

fotométrico -ca

(< fotometría)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á fotometría.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao fotómetro.

  3. curva fotométrica [FÍS]

    Dada unha fonte luminosa, curva representativa da intensidade luminosa nun plano que pasa pola fonte para cada ángulo formado entre a dirección da intensidade e unha dirección de referencia. Denomínase tamén curva de distribución da intensidade e xeralmente é unha curva polar.

  4. superficie fotométrica [FÍS]

    Dada unha fonte luminosa, superficie formada polos extremos dos vectores correspondentes á intensidade luminosa da fonte para cada dirección. Denomínase tamén superficie de distribución da intensidade.