"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Influído por Wagner, quedou, sen embargo, relativamente vinculado á escola verista de Ópera. Da súa produción destaca Germania (1902), La figlia di lorio (1906) e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Ao comezo da Guerra Civil estaba en Melilla, e foi condenado á pena de morte. Conmutada a pena, trasladouse a Vigo, onde traballou como contable na empresa Vulcano dende 1949 e liderou o proceso de reconstrución da Confederación Regional Galaica (CRG) da CNT. En 1957 apoiou a Jaime Garrido Vila na creación do Frente Juvenil Democrático. Trala folga organizada na primavera de 1962, en solidariedade cos mineiros asturianos, foi detido e condenado a once anos de cadea. Liberado en 1966, e despois dun breve período de residencia en Vigo, marchou a Francia. Retornou a Vigo en 1976, para participar na reorganización da CNT, pero morreu ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Toscana (1574-1587), fillo de Cosme I Medici. De nome Francesco Medici, gobernou coa axuda de G. B. Concini e B. Vinta e converteu o ducado fundado polo seu pai nun importante centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde de Ortigueira (1979-1985) e deputado provincial (1979-1983). Como membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola Coruña no Parlamento galego, durante as lexislaturas II, III e parte da IV (1985-30.6.1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director (1975-1986). Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo e restauración de monumentos. Entre as súas obras destacan o Casino da Coruña (1982), o edificio de servicios múltiples da Radio Televisión de Galicia (1990) e o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla (1992). Colaborador no Boletín Académico da ETSA da Coruña, Abrente e Obradoiro, foi autor de As catedrais de Galicia: descrición gráfica (1999) e A Arquitectura do Camiño de Santiago: descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘suxo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que emprega a fraude.

    2. Que está feito con fraude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Serra Leona (469.776 h [1985]). Está situada no extremo dunha península que pecha polo S o esteiro do río Serra Leona, que formou un porto natural. Fundada en 1788 para establecer nela os escravos de orixe africana liberados nos EE UU, está composta por varios barrios, o Fort Thornton, habitado polos europeos, o Ku Town, onde residen os descendentes de escravos norteamericanos e brasileiros, e o Maroon Town, habitado polos descendentes de escravos xamaicanos e os grupos tribais autóctonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Residiu en Madrid e Barcelona ata que se instalou definitivamente en Galicia en 1960. Comezou a expoñer en 1955 e dende entón mostrou a súa obra en diversas cidades galegas e españolas. En 1974 recibiu o terceiro premio nacional de cadros de pequeno formato en Málaga. A súa obra está no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e en coleccións privadas de Galicia, Sudamérica, Francia e Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote situado fronte á beira sudoccidental da illa de Ons, no litoral da parroquia da Illa de Ons, no concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Profesor titular da área de filoloxía galego-portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, centra a súa investigación tanto na lingüística coma na literatura galega. Participou na dirección do Proxecto Galbreus da AS-PG (2001-2002) sobre a situación do galego, éuscaro e bretón no ensino secundario e, desde 2002, actúa como delegado galego na Axencia Europea para as linguas menos estendidas (European Bureau for Lesser Used Languages, EBLUL). Foi membro da comisión científica da Historia da literatura galega. Cómpre destacar as súas obras Da montaña o corazón (1993, Premio Ánxel Fole), Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa (1994), Rafael Dieste (1995), Os diminutivos en galego (1996), Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida) (1996), Antoloxía da prosa literaria medieval (1996), Lingua galega: normalidade e conflito (1997), Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía (1998), Gramática da Lingua Galega III....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto dos Alpes occidentais que permite o paso entre o Val de Susa (Piemonte) e o val de La Maurienne (Savoia), desde Bardonescha (1.313 m) ata Fourneaux e ata Modano (1.074 m). Ao NL do porto sitúase o pico de Fréjus (2.907 m), por debaixo do que pasa o túnel ferroviario de Mont Cenis ou de Fréjus e, paralelo, un túnel de estrada. En 1980 foi inaugurado un novo túnel para automóbiles e ferrocarril que facilita as comunicacións entre Italia, Francia e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grito forte e violento dun animal provocado por unha cólera ou unha dor moi fortes.

    2. Arrepío ou estremecemento producidos por algo desagradable, como o frío, o medo ou a cólera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección dun nervio frénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, escavou o palacio inca de Chinchero (1970) e exerceu como profesor de arqueoloxía americana na Universidad Complutense de Madrid (1973-1978). En 1978 trasladouse a Ecuador para traballar como arqueólogo do goberno no xacemento de Ingapirca. Participou en numerosos congresos de Historia de América nos que publicou, entre outros artigos, “Etnohistoria del Ecuador” (1975) e “Consideraciones etnohistóricas acerca de una tumba de pozo y cámara de Ingapirca” (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fretaxe.

    2. Contrato mercantil no que se estipula o frete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor alemán. Despois dunha primeira etapa como pintor abstracto, consagrouse á escultura e traballou as formas elementais. Máis adiante, fixo unha obra vigorosa, que se pode relacionar coa de C. Brancusi e A. Modigliani; destacan, entre outras, La Partida (1929) e Composición (1933). Os nazis incluírono na mostra da Entarte Kunst e morreu nun campo de concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo brasileiro. Renovou os estudios sociais na utilización de fontes ata entón pouco consideradas pola comunidade científica. Publicou, entre outras obras, Casa-Grande e Senzala: formação da familia brasileira sob o rexime da economia patriarcal (1933), Uma cultura ameaçada, a luso-brasileira (1942) e Interpretação do Brasil: aspectos da formação social brasileira como proceso de amalgamento de raças e culturas (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Creador da teoría monetarista, que recomenda unha xestión liberal do Estado en economía, dentro da tradición conservadora da Escola de Chicago. Publicou Essays in Positive Economics (1953), A Program for Monetary Stability (1959), Capitalism and Freedom (1962), Tax Limitation. Inflation and the Role of Government (1978), e Monetarist Economic (1991). En 1976 foille outorgado o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi sensible ao frío.

    VER O DETALLE DO TERMO