Freetown
Freetown
Capital de Serra Leona (469.776 h [1985]). Está situada no extremo dunha península que pecha polo S o esteiro do río Serra Leona, que formou un porto natural. Fundada en 1788 para establecer nela os escravos de orixe africana liberados nos EE UU, está composta por varios barrios, o Fort Thornton, habitado polos europeos, o Ku Town, onde residen os descendentes de escravos norteamericanos e brasileiros, e o Maroon Town, habitado polos descendentes de escravos xamaicanos e os grupos tribais autóctonos.