Freixeiro Mato, Xosé Ramón
Filólogo. Profesor titular da área de filoloxía galego-portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, centra a súa investigación tanto na lingüística coma na literatura galega. Participou na dirección do Proxecto Galbreus da AS-PG (2001-2002) sobre a situación do galego, éuscaro e bretón no ensino secundario e, desde 2002, actúa como delegado galego na Axencia Europea para as linguas menos estendidas (European Bureau for Lesser Used Languages, EBLUL). Foi membro da comisión científica da Historia da literatura galega. Cómpre destacar as súas obras Da montaña o corazón (1993, Premio Ánxel Fole), Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa (1994), Rafael Dieste (1995), Os diminutivos en galego (1996), Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida) (1996), Antoloxía da prosa literaria medieval (1996), Lingua galega: normalidade e conflito (1997), Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía (1998), Gramática da Lingua Galega III. Semántica (1999), Gramática da Lingua Galega II. Morfosintaxe (2000) e Manual de Gramática Galega (2001).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cances, Carballo