"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘zoco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita simultaneamente e en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequena unidade de relevo de dirección N-S integrada na denominada Dorsal Meridiana Galega, que se estende pola súa parte oriental entre as parroquias de Moredo, Carballal, Cuíña e Ambreixo (concello de Palas de Rei) e, pola vertente occidental, entre as de Vilouriz (concello de Toques) e Meire (concello de Santiso). O seu cumio está no monte Careón, a 798 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre algúns froitos como a pataca ou a pera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Discípulo de Lisipo, é o autor da estatua do deus Helio, coñecida como o Coloso de Rodas (290-280 a C), divindade protectora da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de caro.

    2. Falta, carencia ou escaseza, especialmente de abastecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto de cartón, plástico, goma ou calquera outro material, que representa xeralmente unha cara grotesca e que se serve para ocultar o rostro.

    2. Expresión do rostro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca, ao boi ou ao cabalo que ten a cara branca e o resto da cabeza de cor escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo inglés. Pertenceu á corte de Carlos I, ante a que se representou a súa mascarada Coelum Britannicum (Ceo británico, 1634). Influído por Giambattista Marino e John Donne, os seus poemas publicáronse postumamente no volume Poems (Poemas, 1640).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das ciperáceas. Comprende un milleiro de especies de distribución cosmopolita que se atopan preferentemente nas rexións temperadas e frías. Pertencen a este xénero os buños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico anglicano. Foi ordenado presbítero en 1963. Doutor en Teoloxía e Filosofía, foi nomeado director do Seminario Teolóxico de Bristol (1982) e, en 1988, bispo de Bath e Wells. En 1991 sucedeu a R.A.K. Runcie como arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Formouse na academia militar Black Fox de Hollywood. Especializado no xénero western, traballou con importantes actores da época coma Robert Mitchum, Bette Davis e Lilian Gish. Interpretou os filmes: Pursued (Acosado, 1947), Rio Grande (1950), Seventh Cavalry (O sétimo de cabalería, 1956), Two Rode Together (Dous cabalgan xuntos, 1961) e Last Stand at Saber River (A última estadía no río Saber, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista proteccionista. Definiu o custo como a medida da dificultade que se atopa ao querer obter bens para o seu uso. Foi crítico ante as teorías de David Ricardo sobre o rendemento decrecente da terra, así como sobre o principio malthusiano da poboación. Na súa extensa obra destacan Principles of Political Economy (Principios da economía política, 1837-1840) e Principles of Social Science (Principios da ciencia social, 1857-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro e filólogo inglés. Trasladouse á India en 1793, onde fundou unha casa de edicións en Shrīrāmpur. Publicou a Biblia e diferentes gramáticas e dicionarios en corenta linguas e dialectos, entre eles o sánscrito, o panjabi e o bengalí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Bos Aires, Arxentina (20.126 h [1991]). Recibe o nome do gobernador electo da provincia que foi responsable da súa fundación na segunda metade do s XIX. Situado a 260 km ao SO de Bos Aires, á beira da liña do ferrocarril e da estrada que conducen a La Pampa, converteuse nun centro estratéxico para a exportación dos produtos agrícolas e gandeiros da rexión. Ademais, as vantaxes que lle proporciona esta boa accesibilidade con respecto á urbe bonaerense, permitíronlle desenvolver un diversificado tecido industrial, favorecido pola creación en 1962 dun parque empresarial no que se elaboran, entre outros, fariñas, produtos lácteos, calzado e curtidos, confección, produtos químicos, ferramentas e mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés, fillo de Lazare Nicolas Carnot. Seguiu as teorías de Saint-Simon, en 1839 foi elixido deputado e converteuse nun dos líderes do partido republicano. Despois da Revolución de 1848 foi ministro de Instrución Pública, pero dimitiu debido á oposición que provocaba a súa actitude desfavorable respecto á laicización das escolas. No 1864 participou no corpo lexislativo do Segundo Imperio e foi senador vitalicio na Asemblea Nacional desde 1871.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Graduouse na Escola Superior de Comercio da Coruña. O seu interese pola lexicografía advírtese nos múltiples vocablos, sinónimos e frases feitas que recolleu nas marxes do Dicionario gallego-castellano de Marcial Valladares. Publicou a obra Macías o namorado (1901), tradución do estudo de Hugo Albert Rennert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...

    VER O DETALLE DO TERMO