"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor castelán, discípulo de J. M. del Mazo. Pintou cadros de tema relixioso para os pazos do Buen Retiro e de Aranjuez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao principio defendeu a política dos galicanos e dos xansenistas no parlamento de París, onde foi avogado xeral (1690), procurador xeral (1700) e chanceler (1717-1718; 1720-1722; 1737-1750), desautorizando dende 1720 os seus antigos correlixionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde instituída en Polonia por Ladislau IV, probablemente no 1325, co gallo do casamento do seu fillo Casimiro III con Ana de Lituania. Foi renovada no ano 1713 por Augusto II. No 1813 foi convertida en orde imperial rusa. No 1921 recuperou o rango de orde suprema polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago e en Teoloxía pola de Ávila. Foi reitor do Colexio de San Clemente en Santiago (1755). Un ano máis tarde gañou a maxistratura da Colexiata da Coruña e logo a mestrescolía. Tamén foi maxistral de Lugo e chantre, cabaleiro da Real Orde Española de Carlos III e no 1794 foi nomeado deán da Catedral de Santiago. O 15 de outubro de 1796 foi designado Bispo de Lugo. Publicou dúas cartas pastorais (1802 e 1807).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico formado no Colexio de Santiago Alfeo, onde desenvolveu a súa actividade como profesor da Universidade ata que en 1658 acada o cargo de Rector da mesma. En 1668 abandonou Galicia para facerse cargo do Bispado de Guadalajara (México) primeiro, e no ano 1677 de Mechoacán. Catro anos máis tarde converteuse en Arcebispo da capital, México, onde fundou o Colexio San Miguel, un hospital e outras institucións docentes e benéficas. A súa caridade e a atribución de certos prodixios entre os fieis, convertérono nunha persoa moi valorada en México, mesmo tendo solicitada a súa beatificación o cabido mexicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole celtibérica (ss V-III a C) situada na provincia de Guadalajara. Está composta dunhas 5.000 tumbas de incineración, a maioría en furnas, aliñadas en tres longas rúas e sinaladas por estelas de pedra. Entre os ricos enxovais metálicos achados cómpre salientar a espada de antenas con terminais esféricos máis antiga das coñecidas, peza a partir da cal se estableceu o tipo Aguilar de Anguita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político castelán, marqués da Vega de Armijo e vizconde de Bobadilla. Foi Secretario das Cortes constituíntes xurdidas da Revolución de 1854. Deputado por Córdoba (1855), afiliouse á Unión Liberal de O’Donnell. Foi Gobernador de Madrid (1858-1860), vicepresidente das Cortes (1861), Ministro de Fomento (1861) e de Gobernación, embaixador en Francia, Ministro de Estado nos gobernos de Sagasta e vicepresidente do Consello Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta en lingua castelá. É autor de poesías e da comedia Triunfos de Marino y Fortunas de Heliogábalo, da terceira parte do Teatro de los dioses de la gentilidad (1688) de Baltasar Vitoria, amais de traducións de obras italianas de carácter histórico ou filosófico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota cubano. Líder dos cubanos que no ano 1868 proxectaron a revolta contra a dominación española. Vicepresidente da República (1869) e lugartenente das guerrillas, levou a cabo xestións no estranxeiro para obter financiación e apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito en Madrid, comezou a súa actividade profesional na administración do antigo Consejo Real. Despois dunha temporada en Cuba, onde marchara co Capitán Xeneral Marqués da Habana, volveu ao ser elixido deputado por Ferrol. Coa Unión Liberal ascendeu a director xeral da Administración e Fomento. Trala revolución de 1868 seguiu na liña borbónica e ingresou no Partido Conservador con Cánovas del Castillo, quen o nomeou Ministro de Ultramar, Presidente do Tribunal de lo Contencioso Administrativo e Ministro de Gracia y Justicia. Formou parte da comisión que redactou a Constitución de 1876. No 1875 foille concedido o título de conde de Tejada de Valdosera. Ingresou na Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo. Foi catedrático de Paleontoloxía Humana na Universidad Complutense de Madrid, dende onde exerceu unha enorme influencia como divulgador sobre varias xeracións de científicos. Comezou a súa formación filosófica na Compañía de Xesús, dende onde exerceu un papel fundamental na introdución do finalismo en España. A súa tarefa científica principiou na década de 1960 con viaxes ao estranxeiro (onde establece contactos con Howell, L.S.B. Leakey, Tobias, etc) e traballos de campo nos xacementos arqueolóxicos de Ambrona, Torralba e Gándaras de Budiño. Contribuíu significativamente á difusión dos máis importantes logros científicos no eido da Paleoantropoloxía. Débeselle a el a especie Homo habilis (creada en 1964 por Tobias, Napier e L.S.B. Leakey), a unificación de diferentes taxóns (africantropo, atlantropo, home chelense de Olduvai, mauerantropo, sinantropo, pitecantropo, etc) na especie Homo erectus e a separación entre Ramapithecus e Kenyapithecus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro e gravador en cobre. A súa aprendizaxe puido facerse no mosteiro de San Martiño Pinario, (Santiago de Compostela) onde parece que houbo neste século un taller de gravado moi importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Licenciado en Dereito, presidiu as xuventudes de Acción Católica de Bizkaia. O 14 de abril de 1931, día da proclamación da Segunda República Española, xunto cun grupo de correlixionarios, proclamou a República Vasca, sen repercusión ningunha. Foi deputado das tres lexislaturas da Segunda República, e como alcalde de Getxo presidiu a comisión designada para estruturar o Estatuto de Lizarra. Reflectiu o seu ideario no libro Entre la libertad y la revolución 1930-1935 (1935). Aprobado o Estatuto de Autonomía de Euskadi o 1 de outubro de 1937, foi elixido lehendakari o 7 do mesmo mes. En agosto de 1937 instalouse coa delegación vasca en Barcelona, e en xaneiro de 1939 trasladouse co seu goberno a París. A Segunda Guerra Mundial sorprendeuno no norte de Francia, fuxindo a América nunha peripecia que contou en De Guernica a Nueva York, pasando por Berlín (1943). Regresou a París no 1945, antes de rematar a Segunda Guerra Mundial, onde reorganizou o goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director do Centro de Investigación para la Paz (Instituto da Fundación Hogar del Empleado, en Madrid). Está licenciado en Estudios de Paz e Conflitos no Trinity College de Dublín, sendo tamén investigador asociado do Transnational Institute (TNI) de Ámsterdan. É un habitual comentarista de prensa e radio, nacionais e internacionais; así mesmo, é autor de diversos libros, entre outros, Los días del futuro (1996) e, en colaboración, Rebeldes, dioses y excluidos (1998) e Conflit prevention in the Maghreb (Prevención de conflitos no Magreb, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole de Girona representativa da Cultura dos Campos de Furnas do NL da Península Ibérica, que permite analizar a evolución desta cultura dende o 850 ata o 600 a C, constatando o impacto foráneo doutras culturas e o desenvolvemento final da metalurxia do ferro, e os contactos coas colonizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, xu-rista e humanista, doutor en Dereito. Foi embaixador en Viena, auditor da Rota, diplomático en Inglaterra (1555), Alemaña (1558) e Sicilia (1559). Tamén foi nomeado Bispo de Alifano, en Nápoles (1577) e de Lleida (1561), e Arcebispo de Tarragona (1577-1586). Bibliófilo, apaixonado polos manuscritos gregos, conseguiu reunir unha das bibliotecas privadas máis importantes da época, cun catálogo que se considera o primeiro impreso en Europa (1586). Carteouse en latín, pero tamén en grego, catalán e castelán cos humanistas do seu tempo. Destacou no estudo das fontes do dereito romano, Emendationum et opinionum libri quattuor (1543), e aplicou por vez primeira ao estudo do dereito canónico o método histórico-xurídico: De emendatione Gratiani Dialogui (1587). Promoveu o interese pola arqueoloxía. Parte da súa produción foi recompilada nunhas Opera Omnia de oito volumes que foron publicadas no 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Fillo do vicechanceler Antonio Agustín, foi sancristán da catedral de Lleida (1518-1524), prior da catedral de Santa María de Roda e Bispo de Huesca e Jaca (1545). No 1546 acudiu ao Concilio de Trento, sendo o único Bispo da Península Ibérica que asistiu ás súas tres etapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático finés nacionalizado norteamericano. Profesor na Universidade de Harvard especializado en análise matemática. No ano 1936 concedéuselle a medalla Fields.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johannes Brofeldt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espírito do mal na relixión iraniana. O seu nome antigo é Augra Mainyu e, segundo Zaratustra ou Zoroastro, é príncipe dos demos e das tebras, da morte e do engano. A historia do mundo consiste na loita entre Ahrimān, príncipe do mal, e Ahura Mazda ou Ōrmazd, príncipe do ben, quen ha triunfar na fin do mundo. A súa representación é a dun home con cabeza de león, cinguido dunha serpe e con dúas ás, imaxe moi semellante á do demo maniqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO