"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar as cimbras para construír unha bóveda ou un arco.
-
-
Mover unha cousa delgada e flexible de forma oscilante.
-
Lanzar con forza algunha cousa.
-
Cortar unha árbore. Ex: Cimbraron os primeiros piñeiros co cimbrón, pero logo seguiron cunha motoserra.
-
Ter un movemento de oscilación algún corpo con certa flexibilidade.
-
Beber moito ata emborracharse. Ex: Címbrase en todas as festas ás que vai.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘beber’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘meter’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bater’.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
címbrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
2cifra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia empregada como hipolipemianto, de consistencia oleosa. Ten unha boa absorción por vía oral e no tubo dixestivo hidrolízase a ácido clofíbrico, que é o metabolito activo. Diminúe os triglicéridos séricos e o nivel de colesterol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
cobra de Esculapio [port: cobra-de-Esculápio; cast: culebra de Esculapio; ingl: Aesculapian snake] [Elaphe longissima, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 190 cm de lonxitude, co dorso e cos laterais do corpo de cor acastañada, parda verdosa ou cinsenta, finamente salferido de amarelo, sobre todo na zona central. Aliméntase principalmente de micromamíferos, aínda que tamén captura aves e depreda os seus niños. Está distribuída polo oeste, centro e sueste de Europa, dende Irán ao centro de Alemaña e Grecia. Na Península Ibérica distribúese por unha estreita franxa na rexión cantábrica e pirenaica, en bosques e matogueiras.
-
cobra de ferradura [port: cobra-de-ferradura; cast: culebra de herradura; ingl: horseshoe] [Coluber hippocrepis, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 180 cm de lonxitude, co ventre alaranxado ou amarelo e co dorso claro con grandes manchas negras, redondas ou romboidais, que nos costados son de menor tamaño. Na cabeza presenta unha mancha negra en forma de U. Está presente en matogueiras do contorno mediterráneo occidental, na costa norteafricana e na Península Ibérica, onde ocupa a metade sur, a costa mediterránea e a depresión do Ebro.
-
cobra lagarteira [port: cobra-lisa; cast: culebra lisa; ingl: smooth snake]
Cobra do xénero Coronella, da familia dos colúbridos, de tamaño moderado, que se caracteriza por presentar unha liña escura dende o ollo ata o pescozo. Aliméntase principalmente de réptiles que captura dunha trabada e constrinxe, enrolándose arredor do corpo da presa ata que morre. En Europa están presentes dúas especies: a cobra lagarteira común (C. austriaca), que acada os 85 cm de lonxitude, de dorso gris arxénteo ou pardo, cun deseño escuro en dúas ringleiras paralelas que forman, as máis das veces, un barrado transversal. Habita en matogueiras e tamén en fragas abertas, piñeirais, silveiras e brañas. Presenta unha distribución eurosiberiana e na Península Ibérica ocupa a metade norte, certas cadeas montañosas do centro e, de forma relita, as serras de Cazorla, Alcaraz e Sierra Nevada. En Galicia é común no norte, mentres que no sur presenta unha distribución irregular asociada a altitudes elevadas; e a cobra lagarteira meridional...
-
cobra rateira [port: cobra-rateira; cast: culebra bastarda; ingl: Montpellier snake] [Malpolon monspessulanus, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 255 cm de lonxitude, posúe cabeza grande, estreita e bastante alta, coas escamas supraoculares moi anchas e prominentes que semellan cellas. O dorso é de cor verde oliva ou cinsento, coa cabeza e o pescozo máis claros e o ventre de cor clara con manchas negras. O iris é de cor dourada cos bordos negros. Aliméntase principalmente de réptiles, aves e mamíferos, que paraliza cun sistema inoculador de veleno opistoglifo. Habita en bosques, devesas e matogueiras con valados ou pedregais do norte de África, noroeste de Italia, sur dos Balcáns, Turquía, Irán e a Península Ibérica, agás na costa cantábrica. En Galicia non aparece na maior parte da metade norte e cando está presente ocupa vales e ladeiras orientadas ao sur.
-
cobra riscada [port: cobra-de-escada, riscadinha, cobra riscada; cast: culebra de escalera; ingl: ladder snake] [Elaphe scalaris, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 198 cm de lonxitude, de fociño agudo e corpo groso e longo. O dorso dos adultos é de cor amarelada ou parda, con dúas liñas escuras paralelas e lonxitudinais, e o dos animais novos, que non sobrepasan os 30 cm, presenta dúas liñas lonxitudinais escuras conectadas por liñas transversais. Aliméntase principalmente de mamíferos, e habita sobre todo en zonas de monte baixo con pedregais. Distribúese polo litoral mediterráneo francés e pola Península Ibérica, agás a franxa norte eurosiberiana. En Galicia, o seu límite norte está constituído polo monte Pindo na franxa costeira e polas serras orientais no leste. Tamén está presente nas illas de Ons e de Arousa.
-
cobra verdeamarela [cast: culebra verdiamarilla; ingl: western whip snake] [Coluber viridiflavus, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 200 cm de lonxitude, de cor amarela verdosa con barras ou liñas negras transversais. Habita en ambientes abertos con matogueiras na área mediterránea noroccidental dende os Pireneos, sur de Francia, Suíza e noroeste dos Balcáns ata Sicilia e Malta.
-
cobra viperina [port: cobra-d’água-viperina; cast: culebra viperina; ingl: viperine snake] [Natrix maura, Fam dos colúbridos]
Cobra de ata 100 cm, co dorso pardo cinsento e cun deseño en zigzag máis escuro, ventre reticulado e iris amarelo ou alaranxado. Caza á espreita, mergullada nos medios acuáticos onde vive, para capturar por sorpresa anfibios, peixes e invertebrados. Distribúese polo sur de Francia, sudoeste de Suíza, noroeste de Italia, noroeste de África e da Península Ibérica, onde está ausente dalgunhas áreas da franxa litoral cantábrica. En Galicia é común no sur e falta no extremo norte; está presente nas Illas Cíes e nas Ons.
-
Serpe da familia dos colúbridos coa cabeza cuberta de grandes escamas, a pupila habitualmente redonda, a cola proporcionalmente longa e o dorso e os costados con pequenas escamas, mentres que o ventre está protexido por grandes escamas transversais. A maior parte delas non teñen dentes ocos que inoculen veleno, pero nalgúns casos presentan dentes acanalados que cumpren esta función. Case todas son ovíparas e, as máis delas, diúrnas e terrestres. Existen uns 250 xéneros que abranguen arredor de dúas mil especies, feito que supón os dous tercios das serpes.
-
cobra de auga
Cobra do xénero Natrix que vive asociada a medios acuáticos, tamén coñecida como cobra de colar e cobra viperina.
-
...
-
cobra de Esculapio [port: cobra-de-Esculápio; cast: culebra de Esculapio; ingl: Aesculapian snake] [Elaphe longissima, Fam dos colúbridos]
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das unidades rítmicas e melódicas (estrofas) que compoñen a cantiga. As cobras están formadas por versos -tamén chamados palavras na Arte de Trobar- que, debido á marcada tendencia da lírica galego-portuguesa á isometría e ao isosilabismo, adoitan ter a mesma medida, aínda que pode haber exemplos de hipometría e hipermetría. A Arte de Trobar dedícalle o primeiro capítulo do apartado IV ao estudo das estrofas. Non obstante , as conclusións do autor anónimo desta Arte en canto á extensión das cobras e aos tipos de rimas difiren en parte da realidade textual, pois as máis numerosas non son, como explica neste tratado, as estrofas de cinco versos (“cinco palavras”) e, por outro lado, a tipoloxía non se reduce, en función da rima, tan só ás cobras singulares (as que teñen “senhas rimas”) e ás unisonantes (as que se caracterizan por “seer em ũa rima”). De feito, as máis abondosas son, para as cantigas de refrán, as estrofas formadas por seis versos (dos que dous...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores expresionistas xurdido en París en 1948. Tomou o seu nome das letras iniciais das cidades das que eran orixinarios os seus membros: Copenhaguen, Bruxelas e Amsterdam. Christian Drotemont redactou o manifesto A causa estaba clara, que asinaron os pintores Jorn, Corneille, Constant, Appel e Noiret. A súa pintura, expresionista e informal, de gran colorido e de factura relacionada coa arte xestual e co action painting estadounidense, manifestou unha nova concepción artística ante o dilema abstracción-figuración e defendeu a arte primitiva e infantil. As exposicións colectivas no Stedelijk Museum de Amsterdam (1949) e no Palais des Beaux-Arts de Liexa (1951) representaron un dos feitos máis renovadores da arte internacional de posguerra. Os seus membros realizaron obras en común como os debuxos-palabras e publicaron Cobra reveu internationale d’art expérimental. Disolveuse en 1951.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode cobrar. Ex: Asinoume un pagaré cobrable a quince días.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se encarga de cobrar. Ex: A primeiros de mes vén o cobrador do seguro pola casa. Os recibos da contribución pódense recoller na oficina cobradora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cobrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cobrar, especialmente impostos.
-
-
Percibir unha cantidade de diñeiro ou outra cousa como pagamento. Ex: O mellor deste traballo é o soldo que cobramos. OBS: Nalgunhas construcións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo (Ex: Este mes cobramos o día 15).
-
Recibir golpes como castigo. Ex: Vai cobrar unha tunda por non facer o que lle dixen. OBS: Nalgunhas construcións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo (Ex: Neno, para ou cobras).
-
Adquirir unha calidade ou un estado.
-
Recuperar algunha cousa. Ex: Cobraron as nasas a présa antes de que chegase o temporal. Con isto que me dás xa cobro o que me roubaron.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo plantado de cogombros.
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na rexión da Beira Litoral, Portugal, situada na marxe dereita do río Mondego (147.722 h [1991]). Comprende dúas áreas urbanas: a cidade vella, que ocupa a parte máis alta, e a cidade moderna, que se estende ao longo do río. O seu clima é temperado, cunha temperatura media de 15°C. A fabricación de calzado, xabóns e cerámicas son as principais achegas do sector industrial. Ademais é un centro comercial importante, no que destacan as exportacións de produtos agrícolas (laranxas e limóns). Posúe un centro de ensinanza superior, a Universidade de Coimbra, fundada en 1290. No lugar da actual cidade houbo desde o s II a C unha vila fortificada chamada Aeminium. Foi conquistada polos musulmáns no 715 e tomada por Afonso III de León. Ocupada novamente polos árabes no 987, foi definitivamente reconquistada por Fernando I de Castela no 1064. Entre 1139 e 1385 foi capital do reino portugués. Participou na revolta da independencia (1640). No s XVII pasou a ser sé do bispado...
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal, situado na rexión da Beira Litoral, nos contrafortes da serra da Estrela, preto do cabo Mondego (3.971 km2; 421.350 h [estim 1998]). A capital é Coimbra (147.722 h [1991]). As principais actividades económicas son a agricultura (trigo, millo e patacas) e a gandería (lanar e vacúa). As actividades industriais céntranse no sector téxtil e papeleiro. As principais aglomeracións urbanas son a capital e Figueira da Foz (26.375 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Foi ministro de Instrución Pública (1919 e 1922-1923) e fundador da facultade de Letras do Porto, da que foi profesor e director. Entre as súas principais obras cómpre salientar O pensamento criacionista (1914), A Alegria, a Dor e a Graça (1916) e Do Amor e da Morte (1922). As súas Obras Completas editáronse a partir de 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe portuguesa. Dirixiu un obradoiro en Santiago de Compostela no segundo terzo do s XIV, desde onde espallou unha serie de modelos iconográficos escultóricos que callaron nos obradoiros galegos. A obra relacionada co seu obradoiro caracterízase pola pervivencia de modelos goticistas tratados dun xeito naturalista. A iconografía da Virxe do O nas escenas da Anunciación, nas que o corpo da Virxe asume un esquema en S, cunha man levantada en posición de saúdo ao arcanxo Gabriel e a outra pousada no ventre, atribúenselle á súa autoría (Virxe do museo da catedral de Santiago de Compostela). Este modelo retomárono os escultores galegos na portada de Santa María Salomé (Santiago de Compostela), Santa Mariña do Azougue (Betanzos) e Santa María da Atalaia (Laxe), entre outras. As tallas da Virxe da Nosa Señora de San Domingos de Bonaval e da Virxe do Portal do convento de Santa María de Belvís están relacionadas co seu obradoiro en Santiago de Compostela. En Portugal consérvanse...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Coimbra ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Coimbra.
-
-
PERSOEIRO
Médico, anatomista e cirurxián. Foi profesor da Universidade de Dublín e membro destacado da escola de medicina irlandesa, da que foi dirixente, xunto con Cheyne. Déuselle o seu nome ás fracturas da epífise inferior do radio, coñecida como fractura de Colles.
VER O DETALLE DO TERMO