"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • PERSOEIRO

    Físico e inventor serbio. En 1874 emigrou a EE UU, onde se naturalizou e estudou as descargas eléctricas nos gases e sobre todo as transmisións telefónicas, para as que inventou en 1899 o método da pupinización. Recibiu o Premio Pulitzer pola súa autobiografía From inmigrant to inventor (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para mellorar as características de transmisión dun cable mediante a introdución dunhas bobinas de elevada indutancia (bobinas de Pupin ou de carga), a intervalos regulares en cada unha das parellas do cable, polo que aumenta a impedancia característica dos circuítos, e como consecuencia diminúe a atenuación e a distorsión da frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Único libro en galego publicado en vida por Eduardo Pondal e que constitúe un dos máis importantes e representativos do Rexurdimento. Na súa primeira edición (1886), o autor incluíu 91 composicións poéticas, da que forma parte o poema “Os pinos”, texto en que se fundamenta o Himno Galego. Partindo do seu desexo por construír unha épica galega propia, cimentada en diversas tradicións cultas e nas referencias mitolóxicas, das que era un profundo coñecedor, e co apoio da súa formación clásica, Pondal tentou enaltecer os valores do pobo galego a través dun extraordinario exercicio literario. A partir da recreación das vidas dos guerreiros celtas, pobo en que procura as raíces de Galicia, elabora un discurso co que pretende ir máis alá dun cambio na visión de Galicia e dos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de danzas formado en Ourense en 1994 e dirixido por J. A. Viñas Mira. Constituído por 38 compoñentes, basean os seus espectáculos na cultura tradicional e popular galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, I conde de Quiroga-Ballesteros, fillo de Benigno Quiroga López-Ballesteros. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Liberal. Foi deputado polo distrito de Quiroga durante tres lexislaturas (1907-1926) e polo de Lugo durante catro lexislaturas (1916-1923), secretario primeiro do Congreso (1914) e subsecretario do ministerio de Graza e Xustiza (1912 e 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rapinar.

    2. Delito que consiste na subtracción violenta dunha cousa allea. Na antiga Roma comportaba unha acción penal infamante para obter do autor do delito unha indemnización equivalente ao cuádruplo do substraído. Durante a época dos bárbaros o termo tipificaba todo tipo de furtos e roubos feitos durante o día.

    3. 1 rapaz.

      1. Nome común que reciben algunhas aves da familia dos accipítridos, do xénero Circus.

      2. rapina arpella/sapeira/das xunqueiras [port: tartaranhão dos pauis; cast: aguilucho lagunero; ingl: marsh harrier] [Circus aeruginosus, Fam dos accipítridos]

        Ave rapaz de ata 56 cm de lonxitude, con dimorfismo sexual; o macho ten a plumaxe castaña escura, pero a cabeza e o peito son máis claros e a cola e o extremo das ás de cor cincenta; a femia é parda escura, pero a cabeza e parte anterior das ás son máis claras. Vive en zonas lacustres e pantanosas máis ou menos extensas, alimentándose doutras aves acuáticas, anfibios (de aí o nome de sapeira), réptiles e micromamíferos. Está presente en case toda Europa, e en toda a Península Ibérica; en Galicia, aínda que está presente, non está confirmada a súa nidificación, e é rara de ver.

      3. rapina branca

        gatafornela.

      4. rapina cincenta [port: tartaranhão; cast: aguilucho cenizo; ingl: montagu’s harrier] [Circus pygargus, Fam dos accipítridos] s f

        Ave rapaz de ata 46 cm de lonxitude, con dimorfismo sexual; a plumaxe do macho é cincenta, agás no ventre que é riscado e as ás coas puntas negras; a femia ten a plumaxe acastañada no dorso, co ventre riscado, e a mitra branca. Vive en zonas de monte baixo e campo aberto, e aliméntase de micromamíferos, pequenas aves, réptiles e anfibios e insectos. En España a súa presenza é estival, ao igual que en todo o territorio de Galicia, entre abril e setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roubar con violencia.

    2. Furtar cousas de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roubar cousas de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se dedica a raspiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Punjab, Paquistán (1.406.214 h [1998]). Situada ao pé do Himalaia, é unha importante cidade militar. Ademais dunha refinaría de petróleo, desenvolveu diversas industrias téxtiles, alimentarias, siderúrxicas, mecánicas e químicas. Destruída por unha invasión dos mongois (s XVI) e ocupada por unha rama dos sikhs (1765), estes retiráronse do lugar tras a Batalla de Gujarāt (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Membro do grupo dos Ambulantes, foi profesor da Academia de Belas Artes de Petrogrado. Pintou cadros de xénero e de historia dentro dun realismo a miúdo anecdótico. Destacan Os remeiros do Volga, Iván o Terrible e o seu fillo e retratos como os de Tolstoj, Musorgskij e Glinka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de mazá de cor dourada, carne amarelada e sabor algo acedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver pintar de novo.

    2. Restaurar ou perfeccionar un cadro xa rematado pintando sobre el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide máis importante da Rauwolfia serpentina, que actúa como sedante e hipertensor, e que se emprega en psicoterapia para o tratamento da psiconeurose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos órganos que presentan unha posición inversa á normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi un dos impulsores do complot nobiliario que conduciu ao alzamento de Portugal en 1640 contra o dominio de Filipe IV de Castela e ofreceulle o trono portugués ao duque de Bragança (Xoán IV de Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Bohemio e aventureiro, publicou o libro poético La chanson des gueux (1876), que lle valeu un mes de cadea; Les caresses (1877) e Les blasphèmes (1884), polas que foi acusado de sensualidade e ateísmo. O seu teatro e as súas narracións reflicten o mesmo carácter romántico exaltado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Destacou na revindicación da liturxia en galego. Escribiu Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica (1980), Nova concencia da Igrexa galega (1976) e as obras dramáticas Creón, Creón (1975), Ifixenia non quere morrer (1977) e Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Boxeador. Coñecido como Pantera Rodríguez, debutou como afeccionado en 1972 e proclamouse campión de España en 1974 e 1976. En 1977 converteuse en profesional e foi campión de España dos pesos pesados, título que defendeu en 11 ocasións. Retirouse en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio señorial alemán situado ao NO de Brandenburgo. Posesión dos señores de Arnstein e condes de Lindow-Ruppin, en 1524 pasou a Brandeburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO