"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
-
Que presenta varias facetas ou aspectos diferentes.
-
Aplícase á persoa que ten moitas aptitudes ou que está ocupada en diversas actividades.
-
-
-
Que ou quen padece polifaxia.
-
Aplícase aos animais que se nutren de diversas clases de alimentos.
-
-
-
Que ten dúas ou máis fases.
-
Sistema de n magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia e desfasadas unhas respecto das outras. Son particularmente importantes os sistemas equilibrados ou simétricos. Como o sistema bifásico caeu en desuso, só se emprega o trifásico. Nalgúns casos, como en rectificación, utilízase o sistema hexafásico ou o dodecafásico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno que se caracteriza por unha necesidade anormal de comer, con ausencia da sensación de saciedade, e unha inxestión excesiva de alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclope, na mitoloxía grega, fillo de Posidón e da ninfa Toosa. Aparece na Odisea (libro IX) como un pastor xigante, bestial e feroz, que devora os compañeiros de Ulises, quen o deixaron cego para fuxir. Por contra, nos Idilios de Teócrito, converteuse no namorado da nereida Galatea. Esta variante do mito inspirou a Fábula de Polifemo y Galatea (1611), de Góngora, e Polyphème (1901) de A. Samain, ademais do oratorio profano Acis and Galatea (1720), de Haendel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Élato e de Hipe. Participou no combate dos lapitas cos centauros e na expedición dos argonautas. Morreu na guerra contra os cálibes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos enzimas responsables do escurecemento oxidativo enzimático das froitas e dos seus derivados.
-
-
Relativo ou pertencente ao polifiletismo.
-
Aplícase a un grupo taxonómico que inclúe organismos de orixe filoxenética diferente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría filoxenética que defendía a idea de que unha especie non derivaba dun único antepasado orixinal, senón que descendía da evolución de diversas liñas orixinais ou primitivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moitas follas ou filidios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos animais que, como algúns vertebrados, teñen diversas denticións sucesivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao conxunto ou secuencia fonemática formada por dous ou máis elementos susceptibles de aparecer por separado noutro contexto, como acontece cos ditongos ou tritongos.
-
-
Música que combina diversas voces ou partes vocais simultáneas pero independentes. Na súa forma escrita, as primeiras prácticas musicais polifónicas datan do s IX (o organum ou diafonía); despois apareceron o descanto (baseado no movemento contrario das voces), o motete (combinación de melodías con textos independentes) e o condutus. A ars antiqua e a ars nova cultivaron a polifonía en formas diversas. O termo pasou a designar o conxunto de partes musicais diferentes, escritas preferentemente en contrapunto, e case exclusivamente se se trata de partes vocais.
-
Calidade dunha letra ou grafema que, na ortografía normal dunha lingua, pode realizarse fonicamente de diversas maneiras. En galego, por exemplo, <c> (cuña [‘kua]/cea [‘θea]) e <x> (xa [ʃa]/nexo [‘nεksªo]).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á polifonía.
-
-
Compositor de obras polifónicas.
-
Persoa especialista en polifonía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico con estrutura de poliéter obtido a partir de formaldehido de elevada pureza mediante polimerización iniciada por ácidos ou bases de Lewis nun disolvente inerte. Émprégase no moldeamento por inxección de compoñentes mecánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos oxoanións do fósforo que existen como sales e que corresponden a ácidos polifosfóricos raramente illables. Obtéñense por calcinación de diversos hidroxenofosfatos e dihidroxenofosfatos. Algúns polifosfatos utilízanse na industria alimentaria como aditivos texturizadores, estabilizadores e emulsionantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as mesturas complexas de ácidos fosfóricos de fórmula xeral Hn+2PnO3n+1, nunha composición en que interveñen desde o ácido pirofosfórico (n = 2) ata o metafosfórico (valores de n grandes). Ten un carácter extremadamente ácido e a temperatura ambiente é un líquido moi viscoso ou un vidro, dependendo do valor medio de n. Emprégase como deshidratante e como axente catalítico e secuestrante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea do xénero Polygala, da familia das poligaláceas. Son perennes e presentan talos leñosos na base e moi ramificados. As follas son alternas, de pecíolo curto e forma de elípticas a lineal-lanceoladas. As flores son azuis, rosas, purpúreas ou brancas dispostas en acios. O froito é unha cápsula comprimida e bilocular. Florece na primavera.
-
-
Relativo ou pertencente ás poligaláceas.
-
Planta da familia das poligaláceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou arbustivas, de follas simples e ordinariamente alternas, de flores hermafroditas, cigomorfas, de xineceo súpero, case sempre en acio, e de froitos xeralmente en cápsula loculicida. É unha familia de distribución cosmopolita, das que destacan as polígalas.
-