"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou no estudo de F. J. Sáenz de Oiza e con Jorn Utzon en Dinamarca e alcanzou o grao de chairman do Departamento de Arquitectura da Graduate School of Design de Harvard. Das súas obras destacan o edificio Bankinter de Madrid (1972-1976), con R. Bescos, o Museo de Arte Romano de Mérida (1980-1986), a estación de Atocha en Madrid (1984-1992), o Auditorio de Barcelona (1993), o Auditorio Kursaal de Donostia (1999) e a catedral de Los Angeles (2000). Posteriormente proxectou os museos de arte moderno e arquitectura de Estocolmo e a ampliación do Museo del Prado. Recibiu o Premio Pritzker (1996), o Premio da UE Mies van der Rohe polo Kursaal (2001) e a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi piloto náutico e comezou pintando mariñas. En Bruges, foi discípulo de Paulus Clays e formouse tamén como gravador. Volveu en 1868 e foi discípulo de Carlos de Haes e Rafael Montesinos. Destacan as súas escenas de tempestades e de naufraxios de raíces románticas. Foi restaurador do Museo Naval de Madrid e dedicouse á copia e reconstrución de maquetas navais e pinturas de barcos. Escribiu unha Historia gráfica de la navegación e Restauración hipotética de las carabelas de Cristóbal Colón (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo que se efectúa sobre un aspecto concreto de calquera disciplina humanística ou científica xeral.
-
-
Relativo ou pertencente á monografía.
-
Que ou o que trata dun aspecto concreto de calquera disciplina humanística ou científica xeral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
monógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autor de monografías.
-
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte Antiga e Medieval na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Arte Medieval na Harvard University ata 1997, as súas investigacións centráronse na arte medieval, na escultura románica e gótica, na iconografía e na arte do Camiño de Santiago. Foi membro do comité para a elaboración do corpus da pintura mural románica española. Da súa obra destacan La primitiva fachada norte de la catedral de Santiago (1969), Escultura gótica en Galicia (1200-1350) (1975) e o libro homenaxe Patrimonio artístico de Galicia y otros estudios (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e escritor. Fillo de galego, é profesor de Lingua e Cultura Galegas no Instituto de Estudios Avanzados da Universidad de Santiago de Chile, onde creou o Programa de Estudios Gallegos, así como unha cátedra de Lingua e Cultura Galegas na Universidad Santo Tomás (2001). Foi presidente da Sociedad de Escritores de Chile (1988-1989) e director cultural do Lar Gallego de Santiago de Chile (1985-2004). Articulista e escritor, colaborou en diversas publicacións, como Galicia en el Mundo, e ten publicado ensaios, como Galicia y Chiloé, confines míticos (1997) e Palabras de Sur a Norte (2004); novelas La voz de la casa (1985) e Memorial del Ultimo Reino (2001); poesía, como Ciudad Crepuscular (1981), Rebeca (1986), Entresiglos y quimeras (1994) e relatos, Gente de la Tierra (1987), e reeditou as crónicas Chile a la vista (2003), de E. Blanco Amor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Gabriel Celaya, conviviu con Luis Buñuel, Salvador Dalí, F. García Lorca, J. R. Jiménez e Ortega y Gasset na Residencia de Estudiantes. Tras a Guerra Civil, onde combateu como republicano, militou no Partido Comunista de España. Considerado un dos máximos expoñentes da poesía social española, despois dunha longa paréntese escribiu unha obra abondosa, primeiro realista e despois experimental. Desta época destacan Marea del silencio (1935), asinada como Rafael Múgica; La soledad cerrada (1936, Premio del Centenario Bécquer), Tentativas (1946), Lo demás es silencio (1952), Paz y concierto (1953), Vía muerta (1954), Cantos iberos (1955), Poesía y verdad (1959), Versos de otoño (1963, Premio Altaya) e Poesías completas (1969). Máis tarde empregou a poesía como medio para unha toma de conciencia colectiva encamiñada cara a unha transformación da sociedade, como en La voz de los niños (1972), Buenos días, buenas noches (1976) ou Parte de guerra (1977). Tamén é autor de ensaios,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista mexicano. Preocupado pola revolución, a figura de Pancho Villa inspirou unha gran parte da súa obra, da que destaca Memorias de Pancho Villa (1923), El feroz cabecilla (1928) e Se llevaron el cañón para Bachimba (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Vilar de Santos. Membro do Consello Galego de Museos, está dedicado á colección, recreación e exposición de obxectos relacionados coa etnografía galega. Ten salas dedicadas ao liño, aos oficios, á pataca, á casa e ao agro, ademais dun taller de tecidos artesanais e unha sala dedicada a xeografía, a historia e a memoria da comarca da Limia. Conta cunha biblioteca especializada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Etnográfico do Cebreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 2001 situado na antiga casa de Ricoy en Cambados. Dedicouse ao viño en xeral e ao albariño en particular. A súa colección combina restos arqueolóxicos e pezas de valor etnográfico, con paneis e audiovisuais en que se explican os diferentes procesos de crianza, obtención, conservación e cata do viño, cunha especial atención á rexión das Rías Baixas. Destaca a maqueta que recrea as adegas cistercienses e a zona exterior, onde se sitúan as cepas de albariño nas súas distintas formas de plantación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo etnográfico situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Inaugurado en 1972 por Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, está formado por obxectos recollidos desde 1965 por Olimpio Liste. Integrado no Consello Galego de Museos, divídese en castro seccións dedicadas ao traballo agrícola de Galicia, aos oficios, moitos deles descoñecidos, a obxectos de carácter singular e á exclaustración monacal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Viladonga (Castro de Rei), fundado polo Ministerio de Cultura en 1983 e aberto ao público en 1986. A súa xestión transferiuse á Xunta de Galicia en 1989. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse para a acoller e expoñer os restos procedentes do xacemento castrexo e galaico-romano de Viladonga. Ademais da exposición permanente, que amosa aspectos relacionados co hábitat natural e cultura material, realiza diversas actividades complementarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas e de prácticas relativas ao funcionamento dos museos. Encárgase da clasificación, descrición e catalogación dos obxectos dun museo. Wilhelm von Bode, director dos museos de Berlín no inicio do s XX, foi un dos principais pais da museografía. O International Council of Museums (ICOM), vinculado á UNESCO, e a Mouseion, publicada por esta última entidade, encargáronse de sistematizar e propagar as normas museográficas. OBS: Tamén se denomina museoloxía aplicada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á museografía.
-
PERSOEIRO
Militar paquistaní. Participou nas guerras indo-paquistanís e en 1998 nomeárono xefe do exército paquistaní. Dirixiu un golpe de estado en 1999 e converteuse no presidente dunha xunta militar. Asumiu os cargos de comandante en xefe das forzas armadas e xefe do executivo e en 2001 autoproclamouse presidente do país. Aínda que se celebraron eleccións lexislativas en 2002 mantén importantes poderes, entre outros, destituír o presidente e disolver a Asemblea Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de textos ou publicacións de tema musical.