"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • PERSOEIRO

    Lingüista e foneticista francés. Foi membro do Institut de France e profesor da Universidade de Montpellier. Especialista de gramática comparada, tamén estudiou a fonética e a versificación. En fonética traballou para establecer os principios xerais do cambio fonético, seguindo a tradición atomista e filolóxica da fonética histórica. Considerou as leis fonéticas como universais que actúan no cadro sistemático propio de cada lingua particular. Foi o primeiro en formular a lei das tres consoantes do francés, modelo de regra fonolóxica sincrónica. Cómpre destacar as súas obras Dissimilation consonantique (1895), Traité de phonétique (1933), Essai de psychologie linguistique: style et poesie (1950) e Le vers français (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Grecia, un dos contrafortes máis occidentais da península dos Balcáns. Esténdese entre Albania e Macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de masa do sistema CGS que tamén se denomina gramo-masa, equivalente á milésima parte do quilogramo: 1g = 10 -3 Kg.

    2. Unidade de peso que se denomina tamén gramo-forza, equivalente á milésima parte dun quilogramo-forza: 1gf = 9,8·10 -3 N.

    3. Peza metálica dun gramo de masa que se emprega para pesar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao gramófono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que reproduce os sons gravados nun disco por medios mecánicos. Consiste nun prato xiratorio, de forma circular, sobre o que se coloca o disco, accionado por un motor a base de corda que xira a unha velocidade uniforme, inicialmente de 78 rpm. Para a reprodución colócase enriba do disco un diafragma provisto dunha agulla de aceiro que vibra de acordo coas incisións previamente gravadas no disco; amplificados estes sons por unha trompa conectada co diafragma, reproducen o son orixinal. Este mecanismo, ideado ao redor de 1894 por Emil Berliner, resulta superior ao do fonógrafo de Edison e foi adoptado en 1898 pola Deutsche Grammophon Gesellschaft. Para evitar o desgaste continuo das agullas, estas fanse de zafiro ou diamante. O aparello que derivou del foi o tocadiscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de gramófono accionado por corrente eléctrica en lugar de medios mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe feudal orixinaria do burgo de Gramont, en Lapurdi (Navarra). Entre os seus membros destacaron Gabriel de Gramont (?-1534), bispo de Coserans, Tarbes e Poitiers, arcebispo de Bordeos e Toulouse, cardeal e embaixador ante o Emperador Carlos V; Antoine III de Gramont (1604-1678), duque de Gramont, mariscal de Francia, vicerrei de Navarra e diplomático; Antoine IV Carlos de Gramont (1640-1720), duque de Gramont e embaixador ante Filipe V (1704); e Antoine Agénor (1819-1880), duque de Gramont, diplomático e ministro de Asuntos Estranxeiros de Napoleón III.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de arame que ten dous extremos dobrados na mesma dirección e acabados en punta, que se cravan para suxeitar ou unir diferentes cousas, especialmente papel.

    2. Reforzo de ferro que se pon nas chedas do carro.

      1. Peza de ferro que ten as puntas dobradas e que serve para asegurar a unión de dúas chapas de cuberta.

      2. grampa de arrastre

        Utensilio con forma de grampa que serve para enlazar as vigas grandes ás cadeas coas que van ser arrastradas.

      3. grampa de suxeición

        Barra de ferro que ten os seus extremos dobrados para manter unidas dúas pezas de cantería.

    3. Motivo decorativo en forma de mascarón ou consola que se labra na cara exterior da clave dun arco dunha porta ou ventá. Serve para suxeitar as molduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio ou máquina que serve para grampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxeitar ou unir algo con grampas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Escocia (8.702 km2; 493.200 h [1991]). A capital é Aberdeen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo caledoniano de Escocia, situado entre o Glen More e os Lowlands. Ao O sitúanse as máximas altitudes de Gran Bretaña: Ben Navis (1.343 m) e Ben Macdhui (1.309 m). Os antigos glaciares escavaron profundos e encaixados vales (lochs).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Áncora pequena que se emprega para rastrexar as redes do fondo do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento de dimensións minúsculas que se coloca na greta dunha peza de madeira para contrarrestar o seu vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador, político e xornalista italiano. Ingresou no Partito Socialista (1913) e dedicouse ao xornalismo político en Avanti!. En 1919 fundou, xunto con P. Togliatti, L’Ordine Nuovo e tomou parte no movemento dos Consigli di Fabbrica que desafiaron a FIAT e a outras compañías de Turín ao principio da década de 1920. Trala ruptura do socialismo italiano en Livorno, fundou en 1921, con A. Bordiga e P. Togliatti, o Partito Comunista Italiano e trasladouse a Moscova, onde traballou para a Terceira Internacional Comunista. De volta a Italia (1924) fundou o xornal L’Unità e integrouse na oposición parlamentaria contraria á ditadura de B. Mussolini. Arrestado (1926) e condenado (1928) a vinte anos de cárcere, morreu en prisión. Modificou o materialismo histórico co obxectivo de dar independencia á conciencia humana e á superestrutura de base económica, e analizou as dificultades das sociedades avanzadas á hora de propagar as doutrinas marxistas, xa que nelas a clase...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a A. Gramsci.

    2. Que ou quen é partidario das ideas de A. Gramsci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethe de Albania, na rexión de Elbasan-Berat (695 km2; 42.087 h [estim 1993]). A capital é Gramsh (8.200 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da enseada de Boiro, na beira setentrional da ría de Arousa, situada ao N do porto de Escarabote, no litoral da parroquia de Lampón (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Comunidad Autónoma de Madrid e da provincia de Toledo, afluente do Tajo pola dereita (144 km). Nace na vertente meridional da serra homónima, preto de Cercedilla e ao pé do porto de Guadarrama. Desemboca no Tajo, preto de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (10.546 h [2001]). Destaca a gandería (bovino e gando lanar), a apicultura e as industrias relacionadas coa construción. Do seu patrimonio cultural destacan a Plaza Mayor e os edificios das Paneras Reales (1785).

    VER O DETALLE DO TERMO